DUVI

Diario da 鶹

Nun relatorio virtual, puxo en valor as pioneiras que trataron de profesionalizar a súa escritura

A investigadora Helena Establier repasa a historia das escritoras esquecidas no trnsito entre a Idade Moderna Contempornea

Presentou a base de datos BIESES, unha “ferramenta moi potente nas humanidades dixitais”

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • é
M. Del Ro DUVI 23/10/2020

O Século da Luces non foi igual de luminoso en todos os pases e, mentres en Reino Unido ou Francia as mulleres escritoras comezan a alzar a súa voz na procura dun lugar propio, en Espaa o camio foi mis complexo. Con todo, e a pesar de que moitas delas son pouco coecidas, houbo unha serie de mulleres pioneiras que loitaron por profesionalizar a súa escritura. Os seus nomes estn recollidos na plataforma Bieses, unha iniciativa que trata de outorgar o sitio que lles corresponde a esas escritoras esquecidas da literatura espaola dos séculos XVIII e comezos do XIX.

Unha das impulsoras desta iniciativa é Helena Establier, docente de Literatura Espaola na Universidade de Alicante, onde dirixe o Instituto Universitario de Investigacin de Estudios de Género. Para dar a coecer esta plataforma, hoxe venres ofreceu un relatorio virtual organizado por Montserrat Ribao, profesora do Departamento de Literatura Espaola e Teora da Literatura da 鶹. A conferencia, enmarcada na convocatoria de axudas da Unidade de Igualdade para actividades docentes con perspectiva de xénero, permitiu a estudantes e docentes da Facultade de Filoloxa e Traducin achegarse a unha temtica “moi importante para a nosa formacin”, como recoeca Ribao, xa que se aborda “dende o punto de vista da igualdade e das ferramentas que brindan as humanidades dixitais”. Neste aspecto, remarcou que a , a base de datos de escritoras espaolas, “é unha ferramenta moi potente nas humanidades dixitais”.

A literatura, un coto pechado e masculino

Na súa intervencin, Helena Establier fixo un percorrido por algunhas das mulleres mis destacadas da literatura espaola dos século XVIII e XIX, as como polas barreiras contra as que tiveron que loitar para facerse un oco la escrita do Século das Luces. Explicou que se trata dunha “etapa crucial na historia da literatura que escriben as mulleres en Espaa” no trnsito entre a Idade Moderna e a Contempornea, “o que en literatura consideramos o paso da Ilustracin ao Romanticismo”. Remarca que se trata dunha época “moi importante porque teen lugar feitos cruciais relacionados coa profesionalizacin da escritura das mulleres e da súa relacin co campo literario”.

En xeral, relataba a docente, a literatura nesta etapa era “un coto pechado e masculino, no que as mulleres sempre estiveron como inspiradoras, como figurantes cun papel accesorio”. Entre as razns desta presenza secundaria, Establier destaca unha: a lei patriarcal do silencio. “As mulleres ao longo da historia sempre foron consideradas inferiores aos homes en intelixencia”, dende Aristteles ata filosofa escolstica “e mesmo ata o século XX”. “Esa falta de intelixencia limita das capacidades expresivas das mulleres e xurde o pensamento misxino que sostén que unha muller que transgrede o papel de esposa e nai para entrar nun terreo masculino, como a creacin, non é de todo muller ou non é de todo decente”. Deste xeito, remarca, “razn e expresin son masculinas e patriarcais na historia da nosa cultura e pertencen ao mbito do público; mentres, o mbito das mulleres é o do doméstico, o privado e o pechado”.

As mulleres que se revelaron

Pero houbo mulleres que se revelaron e trataron de “violar esta lei patriarcal da reclusin e o silencio”. Exemplos de pioneiras son Mara de Zayas, autora de Novelas amorosas y ejemplares no século XVII ou Mara Catalina de Caso, que publicou Modo de ensear y estudiar las bellas letras, un volume francés escrito orixinalmente polo reitor da Universidade de Pars. Trtase dun “texto clave fundacional da pedagoxa europea e a primeira persoa que o traduce completo ao espaol é unha muller, unha ilustrada espaola”.

Establier tamén se referiu a Josefa Amar y Borbn, que medio século despois escribiu o Discurso sobre la educacin fsica y moral de las mujeres, “o primeiro texto educativo dirixido a mulleres”. Menos coecida é Inés Joyes y Blake, que traduciu a novela Rasselas, Prncipe de Abisinia, de Samuel Johnson. O seu caso “é relevante porque a primeira vez que se traduce directamente do inglés ao espaol, e faino unha muller”, co engadido de ser unha novela filosfica, “un campo alleo ao intelecto feminino no século XVIII”. Ademais, Joyes “fai un xesto de transgresin moi importe, xa que engade súa traducin un texto ensastico propio: Apologa de las mujeres, onde deixa frases memorables reivindicando as luces, a argumentacin e a escritura para o seu propio sexo”.

Pero en xeral, e a pesar destas pioneiras, o espazo que tian as mulleres no campo literario a finais do século XVIII era ben limitado. Relata Establier que principalmente se centraba na poesa pero limitndose a temas relixiosos, amorosos, “sempre que non fose apaixonada”, ou pastors. Entre os nomes mis destacados estn Mara Gertrudis Hore (La Hija del Sol) ou Margarita Hickey. Outro campo con certa presenza feminina era a traducin, xa “que as exime de responsabilidades sobre o contido do texto”, ou teatro, “que as mulleres van como un instrumento de acceso ao campo literario, cunha enorme visibilidade e unha va de entrada esfera pública”, anda que en xeral “carecan de alfabetizacin para acceder aos xéneros dramticos clsicos”.

A modo de resumo, a docente apunta que “a literatura nos últimos decenios do século XVIII e primeiros do XIX quédase como un divertimento espordico da intimidade do saln aristocrtico ou burgués”, anda que resalta a importancia de poer en valor e sacar do esquecemento os nomes das pioneiras.

Ferramentas electrnicas

Ademais do percorrido polo panorama literario feminino do Século de Ouro, Helena Establier tamén presentou Bieses, unha base de datos de acceso libre para o persoal investigador que “nace da necesidade de completar, compilar e sistematizar as fontes informativas das que dispomos para o estudo da escritura feminina”. De feito, esta ferramenta é a primeira que ofrece “un repertorio de conxunto que abarcara con exhaustividade esta producin literaria” dando resposta s cuestins fundamentais sobre as escritoras espaolas anteriores ao XIX. Na actualidade conta con mis de 11.000 referencias primarias e secundarias dende a Idade Media ata 1800.