Na primeira edicin do seu certame de fotografa
O Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin premia catro imaxes sobre mulleres, ciencia e diversidade
A autora das obras corresponde a Andrea Rodrguez, Brais Pino, Lara Acemel e Ezgi Nur Yüksek
O Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin (IAA) da 鶹 convocou este curso académico por primeira vez o seu Concurso Fotogrfico IAA, escollendo como lema e temtica Enfocando a igualdade: mulleres, ciencia e diversidade. Nel convidaban o alumnado de calquera titulacin do campus de Ourense e tamén o persoal deste instituto a presentar fotografas relacionadas coa igualdade de xénero no seu mbito temtico. O certame xa est resolto e catro son as imaxes galardoadas.
Diferentes visins
O primeiro premio, dotado con 250 euros, é para Andrea Rodrguez, investigadora de posdoutoramento do Campus Auga, o proxecto de especializacin acreditado e financiado pola Xunta de Galicia. A súa fotografa “pretende conectar o presente con quen, no pasado, xa observaban e aprendan da contorna” pois, apunta a autora da obra, “desas miradas atentas nace a ciencia de hoxe”. O segundo premio, dotado con 150 euros, recaeu en Brais Pino, persoal docente e investigador da 鶹 contratado con cargo a un proxecto de investigacin. No seu caso, coa imaxe galardoada quixo “reflectir a igualdade no aspecto mis duro da edafoloxa, que soen ser as mostraxes en campo”.
Por último, concedéronse dous terceiros premios, dotados cada un deles con 100 euros. Un deles foi para Lara Acemel, investigadora de predoutoramento do Campus Agua por unha fotografa tomada en laboratorio “coa intencin de amosar que as mulleres tamén creamos” e coa idea de “visibilizar a nosa presencia na investigacin e tender a man a outras mulleres para que cada vez sexamos mis”. O outro terceiro premio foi para Ezgi Nur Yüksek, investigadora de predoutoramento do grupo de investigacin NuFoG (Nutrition&Food Science Group), por unha fotografa que busca reflectir “o papel imprescindible das investigadoras que fan posible o progreso cientfico”.
Visibilizar a importancia da igualdade
Desde a comisin de igualdade do IAA, Clara Fucios e Mara Figueiredo, agradecen a acollida deste certame por parte da comunidade universitaria e dan os parabéns s persoas galardoadas, destacando como nas súas imaxes conseguiron reflectir, cada un dun xeito persoal, a temtica deste certame: mulleres, ciencia e diversidade. Esta primeira edicin do concurso fotogrfico, lembran, tivo como obxectivo “visibilizar a importancia da igualdade de xénero nas ciencias agroecolxicas e alimentarias, as como en todas as actividades desenvolvidas no IAA, a través de imaxes que reflectisen a diversidade, o respecto e a equidade no mbito académico, laboral e social”. O concurso naceu en lia coa aposta do IAA por converterse nun centro de referencia na transicin cara sistemas agroalimentarios resilientes, sostibles, seguros e circulares a través da I+D+i, promovendo “como alicerce fundamental para a construcin dunha ciencia mis xusta e equitativa a procura activa da igualdade de xénero dentro do Instituto”.
