DUVI

Diario da 鶹

Debateron arredor dos retos e desafos que supn para a democracia a era dixital

II Encontro de constitucionalistas galegos en CC Xurdicas e do Traballo

A conferencia inaugural correu a cargo do catedrtico da USC Roberto Blanco Valdés

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • HR
  • Աپ
  • Աپ
D. Besado DUVI 22/10/2025

“Temos por diante dous das para debater arredor da crise do actual sistema democrtico, da representacin poltica e dos propios partidos, as como para reflexionar sobre novas vas de participacin cidad”. Con estas palabras abra o profesor Andrés Vilas Villamarn o II Encontro anual para investigadoras/es en Dereito Constitucional, Democracia participativa e bo goberno nos albores dunha era dixital, unha cita concibida “como encontro anual dos constitucionalistas galegos” e que, tal e como explicou no acto de apertura o propio Vilas Villamarn, director da actividade xunto profesora Mara Noem Garca Gestoso, nace con vocacin de permanencia como “punto de encontro  entre todas os investigadores e investigadoras galegos neste mbito”.

A apertura da xuntanza, celebrada no saln de actos da Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo, contou coa participacin da vicerreitora de Աپ e Transferencia, Belén Rubio, e o decano da facultade, Francisco José Torres.  Ambos lles deron os parabéns aos organizadores e, en xeral, a toda a Área de Dereito Constitucional, “unha rea moi proactiva, cuns altos estndares de investigacin e un alto rendemento de producin cientfica”, explicou o decano, feito que relacionou con que “esta facultade se incluse nos dous últimos anos entre as 350 mellores universidades do mundo no eido do Dereito, igual que Santiago de Compostela e Corua, pertencentes tamén a este selecto grupo”.

Uniuse a estas palabras a vicerreitora, “orgullosa” de que as tres universidades galegas conseguisen acadar unha posicin tan privilexiada a nivel internacional. Ao respecto da temtica elixida como eixe desta II xuntanza de constitucionalistas, a democracia na era dixital, Rubio afirmou que se ben as novas tecnoloxas traen consigo “avances notables” obrigan tamén a reflexionar sobre as súas consecuencias no exercicio da cidadana, no equilibrio entre poderes ou, incluso, nos dereitos fundamentais das persoas. 

“O que onte nos pareca un escenario de futuro hoxe xa é unha realidade coa que nos topamos todos os das”, indicou a responsable de Աپ, ao tempo que subliou a necesidade de “anticiparnos e construr modelos slidos de gobernanza, que é do que vs ides debater ao longo destas dúas xornadas”. Nesta lia, referiuse democracia como “un proxecto vivo que est cambiando continuamente” e que, polo tanto, “non pode permanecer allea a todas estas transformacins”.

“Un faro a seguir”

A conferencia inaugural correu a cargo do profesor da Universidade de Santiago Compostela, Roberto Blanco Valdés, a quen todos se referiron como “o faro a seguir” do dereito constitucionalista galego. Encargouse de presentalo o profesor Pablo Riquelme, quen se referiu ao catedrtico composteln como “un intelectual e un académico en perigo de extincin, no senso de quedan poucas persoas como el, honesto intelectualmente e moi traballador, tal e como testemua a súa traxectoria”.

Pola súa banda, Blanco Valdés loou o feito de un grupo de docentes mozos, “que anda levan pouco tempo na vida universitaria, pero xa experimentados e profesionalmente moi slidos”, sexan quen de pr en marcha iniciativas deste tipo “nas que ns reunimos todos os constitucionalistas de Galicia, inclundo Vigo, Ourense, Santiago e Corua”.

De Santiago chegaron tamén os participantes da mesa redonda que tivo lugar a continuacin e na que se debateu sobre democracia representativa e crise da opinin pública: dunha banda, Ana Gude, decana da Facultade de Dereito da USC, que falou sobre transparencia, bo goberno e corrupcin; e, da outra, Vicente Antonio Sanjurjo, que se centrou no ecosistema da desinformacin dixital.