No marco dun proxecto financiado pola Axencia Espacial Europea
Grupos de investigacin da 鶹 e de Oviedo proban con éxito en laboratorio o seu deseo de antena para un rover de exploracin das covas lunares
Os ensaios sobre o seu comportamento ante temperaturas extremas realizronse no campus de Ourense
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniera desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar Axencia Espacial Europea (ESA) o deseo conceptual dunha antena de comunicacins que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense, onde se probou a súa resposta s temperaturas e ao baleiro do espazo.
En Antennas for Underground Communications participan por parte da 鶹 Marcos Arias, Lorena Pérez, Alejandro Gmez, Fernando Aguado, Antonio Pino, Óscar Rubios, Fermn Navarro, Borja Gonzlez e José Vzquez, membros do Grupo de Tecnoloxa Aeroespacial e do Grupo de Antenas, Radar e dzܲԾs Ópticas e todos eles pertencentes a atlanTTic. Por parte da Universidad de Oviedo o equipo investigador est composto por Susana Loredo, Álvaro Pends, Germn Len, Luis F. Herrn e Miguel Fernndez, xunto coas estudantes Sheila Moro e Alba Moro. Os ensaios realizados no campus de Ourense tiveron lugar no edificio Campus Auga, onde desenvolve parte da súa actividade a Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo da 鶹, que pertencen tanto Alejandro Gmez como Fermn Navarro.
Camiando cara futuras bases humanas na Lúa
Para entender como xorde esta iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea, Fermn Navarro explica que a ESA inicialmente xera proxectos de carcter global, como por exemplo un anteriormente realizado polos mesmos investigadores da 鶹 e Oviedo RoboCrane, destinado a desear un 'rover' e unha grúa para baixar robots pequenos ao interior das covas lunares. Posteriormente, a ESA divide estes proxectos globais en outros mis concretos, estudando cada parte separadamente. As, Antennas for Underground Communications céntrase no deseo, fabricacin e ensaios dunha antena para ir a bordo dun 'rover' destinado a entrar en covas da Lúa.
Segundo sinalan os membros do proxecto, un dos focos de interese prioritarios actualmente no estudo da Lúa son as súas covas, tras ser identificadas varias entradas a tubos de lava paralelos ao solo e de grandes dimensins. No camio que estn a percorrer as axencias espaciais cara o establecemento de futuras bases humanas no satélite da Terra, estas covas, anda por explorar, comentan as e os investigadores, “son formacins de interese porque poderan ser un lugar moi bo para estar protexidos da radiacin, que impacta no corpo dos astronautas, e porque as temperaturas no seu interior son relativamente mis estables que na superficie, onde hai moitos de graos de diferencia do da noite”. No proxecto Antennas for Underground Communications, que rematar en xuo deste ano, abrdase o deseo das antenas tendo en conta que se enfrontarn a esta contorna descoecida, prevéndose que sexan covas mis grandes e con superficies mis regulares que na Terra, debido menor gravidade.
Diferentes ensaios
Ao longo do desenvolvemento do proxecto, o equipo investigador analizou as posibilidades de comunicacin nestas covas, tendo en conta as súas posibles caractersticas (como a altura e as propiedades de refraccin das paredes) pero tamén as caractersticas previstas do 'rover' e da colocacin nel da antena. Feito o deseo conceptual da antena, as primeiras probas dela fixéronse en Lanzarote en maio e posteriormente nunha cmara nicoica para ver o seu comportamento electromagnético. Dando un paso mis nestes ensaios, a pasada semana realizronse en Ourense os ensaios técnicos precisos “para comprobar que a antena se comporta igual en todo o rango de temperaturas que se agarda que enfronte no espazo”. Probouse en condicins de espazo, é dicir, en baleiro, e someténdoa a temperaturas extremas previstas para o interior das covas, desde menos 20 graos a 60 graos.
“Nesta parte do proxecto o que temos que facer é medir a antena nunha contorna similar que vai a atoparse cando vaia a Lúa: unha contorna en baleiro e nunha temperatura cambiante”, comenta Germn Léon, profesor da Área de Teora do Sinal e as dzܲԾs da Universidad de Oviedo. Para estes ensaios técnicos elixronse os casos extremos, de moi fro e moi quente, aplicando antena un ciclo de fro a quente e monitorizando o seu comportamento e temperatura ao longo deste ciclo. “Por agora vai todo ben. A resposta é positiva”, sinala o investigador. Antes do remate do proxecto, as e os investigadores volvern a facer ensaios en Lanzarote, no mes de maio.
