DUVI

Diario da 鶹

Nun estudo centrado nunha subespecie de 'Calopteryx haemorrhoidalis' cun abdome rosado

O grupo EcoEvo descubre a funcin da rechamante cor abdominal dunha especie de cabalios do demo

Constataron que non é un reclamo para o apareamento, senn para que a femia deposite os ovos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 20/06/2024

Moitas especies da familia de cabalios do demo Calopterygidae, coecidos como gaiteiros en galego, presentan “coloracins mis ou menos rechamantes” nos seus abdomes, das que ata o de agora descoecase “a súa funcin”, como explica o catedrtico da Escola de Enxeara Forestal Adolfo Cordero. Dentro destas, sinala o investigador principal do grupo EcoEvo (Ecoloxa Evolutiva e da Conservacin) “as mis intensas” son as cores rosadas que presentan os machos da especie Calopteryx haemorrhoidalis, nas que se centra o estudo no que este grupo de investigacin rexistrou as primeiras evidencias da funcin que pode ter esta coloracin. Un recolle os resultados do traballo realizado cunha poboacin da subespecie Calopteryx haemorrohoidalis asturica nun ro de Meao. Este permitiu constatar, fronte as hipteses iniciais, que esta coloracin non aumenta as posibilidades dos machos de aparearse, pero si resulta determinante para que as femias permanezan nese territorio e depositen neles os seus ovos. 

Cordero, a tamén integrante do grupo EcoEvo Anais Rivas e o investigador da Chongging Normal University chinesa Xin Yu son os autores e autora dun estudo centrado nunha especie de cabalio do demo común na Europa Mediterrnea e caracterizada polo carcter territorial dos seus machos, que protagonizan con frecuencia “agresivas disputas territoriais”, sinalan. Concretamente, o artigo presenta os resultados do estudo realizado con 27 machos de gaiteiro vermello, a subespecie asturica, no ro da Chanca, en Meao. Co propsito de analizar a incidencia desa coloracin no “éxito de apareamento e oviposicin”, os investigadores colorearon de negro os segmentos abdominais rosados dos exemplares estudados, coa excepcin daqueles que integraron o “grupo control”, aos que se lles cubriu de negro outro segmento abdominal diferente, de tal xeito que “seguan tendo a cor rosa intacta”. Deste xeito, explica Cordero, buscbase evitar que o “efecto que a propia pintura” puidera ter sobre as libélulas influse nos resultados.  

Unha cor determinante nos “cortellos poscopulatorios”

Os resultados amosan que os dous grupos aos que se lle aplicou a pintura viron reducida “a súa taxa de apareamento”, mais tamén que o “éxito reprodutivo” dos machos non se va “significativamente afectado pola eliminacin da cor rosada”, rexistrndose un número de cpulas similar en ambos grupos durante os traballos de campo. Pola contra, explican, o feito de contar ou non coa cor rosada si “afectou claramente” na súa capacidade para “atraer s femias” para que depositasen os ovos no seu territorio. Como explica Cordero, “se a femia queda no lugar onde se apareou e pon os ovos, ser ese macho seguramente o que os fertilice”, mentres que se esta “decide ir a outro territorio, o mis a probable é que se aparee de novo, polo que o macho xa non fertilizara os ovos”. De a que os investigadores vinculen a utilidade desta tonalidade non cos cortellos previos ao apareamento, senn cos que teen lugar tras a cpula, posto que os machos “exhiben” en ambos estes segmentos rosados do seu abdome. “A hiptese mis probable é que sirve para indicar os mellores substratos de posta, xa que os machos se pousan sobre a vexetacin indicando o lugar”, apunta Cordero destes cortellos posteriores ao apareamento.

“A cor rosa non aumenta o éxito na cpula, pero é crucial para que a femias se animen a pr os ovos, as que é moi importante para os machos”, sublia o responsable do grupo EcoEvo, que lembra que non se coece a funcin destas coloracins “en ningunha outra especie” desta familia de cabalios do demo. Nese senso, unha das conclusin do estudo é que esta coloracin evolucionou “nun contexto de seleccin sexual poscopulatoria”.