DUVI

Diario da 鶹

Denominada 'Nikoulabasis roseosticta', foi descuberta na illa de Vanua Levu

O grupo EcoEvo describe unha nova especie de libélula en Fixi

Nun artigo realizado con investigadores locais, de Estados Unidos e de Nova Zelandia 

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 22/02/2024

Conformado por mis de 300 illas, o arquipélago de Fixi reúne un bo número de especies de libélulas que non poden atoparse en ningunha outra parte do mundo, s que agora engadese a Nikoulabasis roseosticta, descrita por primeira vez nun artigo asinado polo catedrtico da 鶹 Adolfo Cordero, coordinador do grupo de investigacin EcoEvo (Ecoloxa Evolutiva e da Conservacin), xunto a investigadores de Estados Unidos, Nova Zelandia e do propio arquipélago. “Trtase dun animal raro e moi grande. É morfoloxicamente a mis diferenciada das especies endémicas de Fixi”, recoece o investigador da Escola de Enxeara Forestal dunha libélula que recibe o seu nome da cor rosada que presenta na parte externa das s.

Publicado na revista Zootaxa, o artigo no que se describe esta nova especie é resultado da colaboracin entre Cordero e o investigador da Universidade de Stanford Christopher Beatty, quen era investigador posdoutoral do grupo EcoEvo cando se levaron a cabo os primeiros traballos de campo que permitiron detectar exemplares dunha especie “pouco frecuente”, como recoece o catedrtico da 鶹. De feito, a súa descricin é o resultado da anlise de exemplares atopados en diferentes puntos de Vanua Levu nos anos 2008, 2019 e 2023, no marco de diferentes traballos. Xunto a estes dous investigadores, asinan o artigo a estudante de doutoramento da University of the South Pacific Bindiya Rashni e o entomlogo do Ministerio do Sector Primario de Nova Zelandia Milen Marinov. 

Un longo abdome diferénciaa doutras especies endémicas

A caracterstica mis “rechamante” desta especie, apunta Cordero, é a cor rosa fucsia que presenta no seu pterostigma, unha cela na parte externa das s. Mais a Nikoulabasis roseosticta destaca tamén por “un abdome moi longo”, que a diferencia doutras especies endémicas do arquipélago, e que podera servir “para pr os ovos dentro de plantas que acumulan auga e onde poden vivir as larvas”, como apunta o investigador. “Outras especies doutros lugares do mundo con ese aspecto son habitualmente habitantes das bromeliceas, plantas que teen forma de roseta e acumulan auga na base das follas, onde viven as larvas de libélulas, que depredan sobre outros organismos que usan o mesmo ambiente, como as larvas de mosquito ou de anuros”, engade o responsable do grupo EcoEvo, que incide, non obstante, en que no referido a esta nova especie isto “ter que ser investigado no futuro”. 

Xunto a estes elementos, o estudo detense noutras “caractersticas estruturais” que diferencian esta especie das súas conxéneres, como un ancho lbulo distal, os dentes finos que presenta no ovipositor ou o feito de contar con “s delicadas” con menos veas suplementarias que outras especies.

Integrante dun novo xénero

No marco dun proxecto de investigacin sobre a diversidade de comportamentos en diferentes especies, integrantes do grupo EcoEvo describiran recentemente outra especie endémica en Vanua Levu, que deron o nome de Nesobasis rito. Non obstante, a continuacin do traballo levado a cabo nos últimos anos nas illas levou aos entomlogos definicin do novo xénero Nikoulabasis, ao que se transferiron varias especies, como a N. rito. “Estudando mis especies, consideraron que o antigo xénero Nesobasis”, no que se inseran mis de 30 especies que s poden atoparse en Fixi, “era demasiado diverso e dividrono”, explica Cordero. Nese senso, a N. roseosticta “encaixa pola súa morfoloxa e polo ADN no grupo Nikoulabasis e por iso decidimos xa inclula directamente no novo xénero”, que pasa a estar integrado por oito especies.

Non obstante, o coautor deste artigo Milen Marinov atpase traballando “nunha revisin de todas as especies de Nesobasis e Nikoulabasis”, que pode dar lugar a variacins nesta clasificacin, ao que poderan sumarse descricins de novas especies no arquipélago. “Poucas deben quedar, pero é posible que anda quede algunha por descubrir”, recoece Cordero, que lembra que “moitas zonas de Fixi non teen acceso ou é extremadamente complicado”.