DUVI

Diario da 鶹

O espazo expositivo do campus arranca a súa programacin de 2021/2022

‘Formas e trnsitos’ para abrir un novo ciclo en Alterarte

Cunha mostra da artista Isabel Flores e comisariada por Sara Donoso

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 08/10/2021

Desde este venres e ata o 21 de xaneiro de 2022, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra Formas e trnsitos, da creadora Isabel Flores e curada por Sara Donoso. Con ela, este espazo expositivo inicia a súa programacin do curso académico 2021/2022 e tamén un novo ciclo despois de que Xosé Manuel Buxn cedese o relevo do comisariado de Alterarte a Sara Donoso.

Na inauguracin da mostra este venres, Ana Mara Torrado, directora de Área de Dinamizacin Cultural e Educativa e Integracin do Campus de Ourense, salientou que “anda que se abre unha nova etapa para a sala, continúa o esprito crtico do seu proxecto anterior, que se chamaba Estado Crtico”. Neste cambio de etapa, quixo agradecer o traballo “intenso e moi continuado” realizado por Xosé Manuel Buxn e as persoas que participaron da súa etapa e dar a benvida a Sara Donoso, que comisariar as catro primeiras mostras deste novo ciclo dun “espazo que penso que é recoecido pola súa innovacin artstica”.

Pola súa banda, Sara Donoso explicou que a súa nova etapa fronte da Sala Alterarte brese cun ciclo expositivo que leva por ttulo Activar a mirada. Des-ordenar o pensamento. Nel, indicou, comisariar as exposicins de catro “artistas de formas de facer moi diversas pero dalgún xeito conxúganse os seus intereses nun punto que ten que ver con esa mirada crtica, con esa intencin de volver a interpretar o mundo desde outras formas, de reprantexar a historia. Neste caso, con todo o que ten que ver co universo feminino”. A primeira elixida, dixo, é Isabel Flores, artista formada entre as facultades de Belas Artes de Sevilla, La Laguna e a Universidade Mimar Sinan Güzel Sanatlar de Estambul (Turqua), que cursou o Mestrado en Arte Contemporneo, Creacin e Investigacin na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde actualmente continúa a súa formacin no programa de Doutoramento en Creacin e Investigacin en Arte Contempornea.

Formas, repeticins e erros

De Formas e trnsitos, a súa comisaria salientou na presentacin que se trata “dun traballo espectacular” no que Isabel Flores “reivindica o ornamento, a decoracin dentro do espazo da arte e da arte contempornea, algo que agora entendemos como habitual pero que non o foi ata hai moi poucas décadas”. Segundo explicou, na Sala Alterarte a artista “creou unha instalacin especificamente pensada para este espazo e prantexada para que sexa un percorrido case ڴǰپ a través do corpo e das transparencias que se van xerando”, apostando tamén pola “idea da pintura expandida”, que sae do marco e desborda o espazo para tocar tamén o arquitectnico e o escultrico. A mostra, dixo na súa intervencin Sara Donoso, “combina dúas miradas: por unha banda o que temos nas paredes son motivos dun azulexo que se atopaba na cocia da casa dos seus avs, deulle unha volta e recreounos nas paredes, e por outra banda o que temos nos panos colgantes son motivos atopados en Turqua. As est a combinar estas dúas memorias, o mis ntimo, o mis o persoal e o colectivo”.

Na mostra Isabel Flores compaxina a intervencin sobre muro coa disposicin de varios panos serigrafiados en gasa suspendidos do teito e que obrigan a establecer para o espectador un percorrido non lineal “onde o corpo se activa como suxeito actuante”. Neste senso, sobre Formas e trnsitos, a artista explicou que, seguindo a lia de traballos seus anteriores, a súa pretensin foi “crear un espazo envolvente a partir da repeticin ornamental”, afondando “na relacin que se crea entre o espazo, o obxecto e as persoas” e “enfatizando o decorativo tamén da arte”. O seu traballo, dixo “céntrase nas formas ornamentais”, neste caso procedente dun azulexo, repetindo o ornamento en diferentes soportes para expandir a pintura e crear as un espazo envolvente.

A partir desa repeticin, indicou a artista, “xéranse variacins e a obra evoluciona”. Neste senso Isabel Flores comentou a súa visin de que anda que “o proceso de serigrafa se asocia obra múltiple, para min é unha ferramenta para pintar” xa que, afirmou, “hai unha repeticin pero ao final cada peza é única. A partir desa repeticin xéranse erros, pero entendendo os erros como unha variacin, non como algo que estea mal, e desas variacins saen novas formas e esas novas formas son as que levo ao muro”. Froito dese proceso, sinalou a artista, nace unha mostra “cun efecto envolvente, na que se busca que a obra se transite, que a pintura se transite e que non teamos unha imaxe esttica de enfrontarnos a unha obra de maneira frontal, senn que realmente estamos dentro dela”. Na realizacin da mostra, a artista contou coa asistencia da alumna da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra Marina Aradas para a pintura das paredes da sala.