DUVI

Diario da 鶹

O grupo FS1 leva a cabo este estudo coa Asociacin Galega de Linfedema

Fisioterapia estuda os beneficios dun tratamento a longo prazo en pacientes mastectomizadas

Analiza os beneficios de manter o tratamento de drenaxe linftica en mulleres que padeceron cancro d

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • ú
  • Աپ
DUVI Pontevedra 14/07/2021

Unha das problemticas derivadas da realizacin dunha mastectoma s mulleres afectadas por un cancro de mama é a aparicin do linfedema, a inchazn do brazo afectado pola extraccin dos ganglios linfticos, que deriva nunha diminucin de mobilidade, dor, sensacin de pesadez ou falta de sensibilidade no membro afectado. Fronte a esta patoloxa, a realizacin dunha drenaxe linftica manual por parte das e os fisioterapeutas tense amosado como un tratamento eficaz hora de reducir a acumulacin de linfa que provoca esta inchazn e as problemticas que desta derivan. Comprobar a efectividade de manter no tempo este tratamento, nunha fase de mantemento do linfedema, é o obxectivo do estudo que investigadoras do grupo FS1 da Facultade de Fisioterapia desenvolven nestes meses en colaboracin coa .

“A drenaxe linftica aplcase en etapas tempers e ns o que queremos demostrar é que hai que realizala tamén nunha fase de mantemento ao longo da vida”, apunta Eva Mª Lantarn, decana de Fisioterapia e investigadora principal deste estudo xunto coas investigadoras da facultade Mercedes Soto, Roco Abalo e Iria Da Cua. No marco da colaboracin que manteen con esta asociacin, o estudo busca “demostrar os beneficios” dese tratamento de mantemento que reciben as súas socias, o que nestas semanas levounas a realizar as primeiras dunha serie de avaliacins s preto de 40 mulleres participantes na investigacin. Todas elas, explica Lantarn, son pacientes que se viron afectadas por un cancro de mama, que padeceron linfedema tras a mastectoma e que, despois da drenaxe linftica inicial, continuaron recibindo tratamento por parte das e os fisioterapeutas que colaboran coa asociacin.

Confirmar os seus beneficios

A chamada “terapia desconxestiva complexa”, que engloba a realizacin da drenaxe linftica xunto cunha serie de exercicios terapéuticos, técnicas compresivas e coidados da pel, constitúe o tratamento habitual fronte ao linfedema nunha primeira fase, tendo amosado a súa eficacia, como sinala Lantarn, hora de acadar “unha clara reducin do edema do tecido subcutneo”. Tras lograr esta mellora, unha segunda fase, na que se centra o estudo, tera como obxectivo conservar e optimizar os resultados obtidos e lograr que o edema non volva aparecer. Nese senso, o obxectivo desta investigacin é comprobar a efectividade desta fase de mantemento, posto que se ben algúns estudos teen incidido nos seus beneficios, “existen tamén determinadas correntes que indican que non é necesaria”, explica.

Medicins en tres provincias

As preto de 40 socias que participan no estudo forman parte do programa de fisioterapia que Agl desenvolve desde o ano 2015 coa colaboracin da Xunta de Galicia, o Plan de Prioridades da Fundacin ONCE, a Deputacin de A Corua e a Deputacin de Pontevedra e que posibilita que poidan levar a cabo un tratamento de mantemento ao longo de todo o ano. Este “ensaio clnico cruzado, aleatorizado e cego” leva s investigadoras do grupo FS1 a realizar medicins en Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e Ferrol, en coordinacin cos profesionais que forman parte do programa de fisioterapia de AGL: Castro y Cea Fisioterapia en Santiago; Centro de Fisioterapia Javier Agenjo en Ferrol; Fisiocentrum en Ourense e o Centro de Fisioterapia O Castro en Vigo.

As participantes divdense en dous grupos homoxéneos, dos que un sométese ao longo dun mes a un “tratamento mis intensivo de drenaxe linftica manual” por parte das e os fisioterapeutas da asociacin, mentres que o segundo non recibe ningún tratamento neste perodo. Antes e despois, as investigadoras realizan unha avaliacin das participantes, sen coecer en ningún momento se estas pertencen a un ou outro grupo, de tal xeito que “non estamos suxestionadas de ningunha maneira”, apunta Lantarn. Tras un “perodo de lavado” de dous meses, no que volven ao tratamento previo ao ensaio, o grupo co que non se levara a cabo a drenaxe linftica na primeira fase pasa a realizar ese tratamento intensivo, cunha sesin semanal, mentres que o outro pasa a ser o “grupo control” e non recibe ningún tratamento.

Antes e despois de cada unha das fases, realzanse medicins do dimetro do membro superior afectado en diferentes puntos anatmicos, do nivel de inchazn do brazo, a través “do desprazamento de volume de auga”, e do grosor do tecido subcutneo mediante ecografa, as como tamén unha avaliacin da forza muscular das pacientes. Todas estas medicins, explican, fanse tanto no brazo afectado como no outro.

“Vai depender tamén de se o sofres na túa man dominante ou non, pero o linfedema supn limitacins na vida diaria, polo que ao final estes son tratamentos que poden mellorar a súa calidade de vida”, salienta Lantarn, que sinala que un dos propsitos polos que levan a cabo este estudo, sen financiamento externo, “é porque é necesario reverter o noso traballo na sociedade”. Ao mesmo tempo, a decana pon o acento en que a colaboracin con esta asociacin "vén de hai moitos anos e contribúe a que o alumnado sexa consciente do papel que poden desenvolver cos pacientes con linfedema”.