DUVI

Diario da 鶹

Feira EMPREGOinCAMPUS e Foro FUNDAMENTAL

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Feiras e exposicins
  • Reitor
  • Universidade e empresa
  • Institucional
D. Besado DUVI 27/02/2024

Conectar empresas e estudantes, facilitando a chegada ao mercado laboral de todo o talento que agroma nas aulas. Este é o grande obxectivo co que este martes arrancou no campus de Vigo a primeira gran cita do ano co emprego universitario, , evento que por primeira vez se fai coincidir en tempo e lugar con , promovido pola Fundacin Mentor, dúas iniciativas que unen forzas co obxectivo común de facilitarlle a empregabilidade ao estudantado. Inscribronse preto de medio millar de alumnas e alumnos que buscan nestas citas a oportunidade de coecer mis de preto as oportunidades que lles achegan as arredor de medio cento de empresas que participan na edicin viguesa da feira.

Coa Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais como escenario central, o rebulir de persoas foi constante ao longo de toda a ma, tanto nos corredores centrais do centro, nos que se sitúan os postos das empresas participantes, como nos diferentes espazos do centro que este martes e mércores cambian a actividade académica pola ‘empresarial’, inclundo a presentacin das diferentes firmas participantes con talleres, mesas redondas e actividades de carcter mis lúdico como o monlogo do coecido actor cmico Leo Harlem, que este medioda encheu de asistentes o saln de actos da facultade.

“Pulir o talento” e achegalo ao mercado

A inauguracin da feira reuniu no vestbulo central a un amplo número de representantes, tanto do mbito académico como empresarial. Presidiu o evento o reitor, Manuel Reigosa, e ao seu carn acomparono Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade; Andrés Fernndez, presidente da Fundacin Mentor, e Margarita Ardao, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, as como, Dolores Garza, decana da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais; Alfonso Garca-Ciao, en representacin da Fundacin Banco Sabadell; Alexandre Pérez Boubeta, director de Recursos Humanos da Fundacin Profand, e Teresa Gonzlez Ventn, coordinadora do Eures Transfroteirizo Galicia Norte de Portugal.

“Para ns como 鶹, como universidade que est comprometida coa súa contorna, é moi importante todo o que ten que ver co emprego”, salientou o reitor, na súa intervencin, incidindo na idea de que se ben a primeira funcin da Universidade é formar de xeito adecuado ao estudantado, “pulir o talento que chega s nosas aulas”, desde o goberno universitario tamén se é consciente da relevancia que ten “que a sociedade galega saque partido dese talento e se converta en ariete de desenvolvemento”. Nesta lia, tanto el como a vicerreitora Natalia Caparrini, agradeceron o apoio dos patrocinadores, tanto da Xunta de Galicia, como do Consello Social e o Eures Transfronteirizo, e deron a benvida ao foro Talento, “que complementa e d moito valor nosa feira de emprego”, subliou Caparrini.

Pola súa banda, o presidente da Fundacin Mentor, Andrés Fernndez, agradeceu toda a colaboracin recibida desde a 鶹, “a que foi a mia casa durante cinco anos” e que volta cada vez que pode. “Naqueles anos aprendn moitsimo, pero apenas nada das denominadas habilidades brandas e, por iso, hai sete anos decidimos crear a fundacin Mentor para darlle apoio Universidade nesa rea”. De maneira complementaria, a representante do executivo galego no acto, Margarita Ardao, insistiu na importancia de que o talento que se est formando” se achegue ao tecido produtivo galego, vido de recibir persoal cualificado, para o que este tipo de eventos resultan fundamentais”.

Preto de medio de cento de postos de empresas e entidades

Os postos das empresas e entidades participantes distribúense entre o vestbulo central e os corredores. Cntase con representantes do sector bancario, como Abanca ou o Banco Sabadell; despachos de avogados (CuatreCasas, Garrigues, Ernst&Young…); asesoras como Deloitte ou BDO Auditores; firmas do sector alimentacin (Coren, Avigal…); farmacéutico (grupo Zendal); textil (Bimba e Lola) ou empresas de recursos humanos como Adecco ou Nortempo.

A elas súmanse tamén os colexios profesionais (de economistas, de graduados sociais…) ou entidades como o CINBIO, Centro de Investigacin en Nanomateriasi e Biomedicina da 鶹, e o posto do Pasaporte de Empregabilidade da propia 鶹, no que, ademais de informacin múltiple, se lle ofrece ao alumnado a posibilidade de acceder a un Servizo de Fotografa Profesional, un posto polo que o ano pasado pasaron centos de estudantes e para o que esta ano se agarda un éxito similar.

Talleres e charlas con persoas que son referentes

Paralelamente aos postos das empresas, o alumnado inscrito nestes encontros pode asistir a diferentes actividades. Ao longo de toda a ma houbo varias presentacins de empresas (BDO, Deloitte, Ernst&Young, Garrigues...) e no saln de actos, dentro da programacin do Foro Talento, tivo lugar o taller Desperta a estrela que hai ti, impartido por Mnica Campos e Maica Nieto, consultoras de seleccin de Adecco, as como unha mesa redonda sobre Intelixencia Artificial que contou coa participacin, entre outros, da catedrtica viguesa Amparo Alonso, presidenta da Asociacin Espaola de IA e coordinadora do grupo de investigacin Lidia, do Centro de Investigacin en TIC da Universidade da Corua.

Trtase de que os relatorios sexan “fonte de inspiracin” para o alumnado matriculado, que poidan aprender escoitando a persoas que pola súa traxectoria vital se converteron en referentes, de a a participacin no foro de persoas como Leo Harlem, que fixo rir a todo o auditorio co monlogo Deixa que che conte, ou ma mércores da atleta paraolmpica Desirée Vila, as como do ex-xogador de baloncesto, subcampin olmpico, Juanma Lpez Iturriaga.

Foro Tecnolxico de Emprego, a prxima semana

Á celebracin de EmpregoInCampus e do Foro Fundamental, sumarselle a vindeira semana o Foro Tecnolxico de Emprego, do 5 ao 7 de marzo, onde haber unha maior representacin de empresas que buscan talento nos mbitos das enxearas. Xa en abril, o xoves 18, ter lugar en Ourense unha nova edicin de EmpregoInCampus, onde se intensificar a representacin de empresas do mbito agrobiolxico, turstico e da intervencin social.