Impulsado por Concello e Universidade, o programa abriu a inscricin para o segundo cuadrimestre
'Falamos' incorpora novas actividades virtuais ao seu labor de fomento do galego entre o alumnado
Conversas e encontros en Instagram súmanse ao club de lectura, cinefrum e voluntariado
Promover o uso do galego como lingua de socializacin entre a comunidade universitaria é o obxectivo de , un programa impulsado pola Concellara de Normalizacin Lingüstica do Concello de Pontevedra e a Área de Normalizacin Lingüstica da 鶹, que propn ao alumnado novas actividades para os prximos meses, como un ciclo de conversas virtuais sobre diferentes temticas e encontros na rede social Instagram. Estas dúas propostas súmanse, no programa articulado para o segundo cuadrimestre, s novas edicins do voluntariado lingüstico, o club de lectura e o cinefrum. Por mor da situacin sanitaria, todas as actividades levaranse a cabo de xeito virtual, coa excepcin das novas proxeccins do cinefrum, previstas para o mes de maio.
A inscricin, tanto no programa, como nas súas diferentes actividades, que se realizar nos últimos das do mes previo ao seu desenvolvemento, pode realizarse no . Con 177 inscritos e inscritas ata o momento, este programa busca potenciar o uso do galego como lingua de socializacin do estudantado, co propsito de reverter datos como os recollidos nun estudo realizado pola Universidade en 2018, que sinalaba que s o 18% do alumnado do campus definase como monolingüe en galego.
“Nas circunstancias actuais”, sinala o director da Área de Normalizacin Lingüstica (ANL) da Universidade, Fernando Ramallo, tanto a posta en marcha deste proxecto no mes de outubro, como a organizacin desta segunda quenda de actividades constitúen “un desafo relevante”, xa que a situacin provocada pola covid-19 obrigou a converter en virtuais unha serie de iniciativas concibidas inicialmente para desenvolverse de xeito presencial. “En todo o caso, o balance é que facemos é moi positivo, tivemos un feedback moi reflexivo e moi agradecido dos participantes na primeira etapa”, salienta Ramallo, que sublia o compromiso das dúas institucins con este programa. “Por suposto, o noso obxectivo é involucrar a mis alumnado, pero as circunstancias son as que son e estamos moi esperanzados”, engade o director da ANL, que destaca quetras a programacin deste segundo cuadrimestre tocar “planificar o vindeiro curso un Falamos con todas estas aprendizaxes e todo o potencial do proxecto, que non é pouco”.
Pola súa banda, o concelleiro de Normalizacin Lingüstica, Alberto Oubia, pon o foco en que "as novas actividades de Falamos xorden do dilogo coas participantes" e, neste sentido, indica que "é un programa vivo que quere adaptarse demanda para entrar en todos os eidos que sexa posbel". Explica que "moitas demandas son de actividades presenciais pero, hoxe por hoxe, non son viables, mis nesa capacidade de adaptacin reside a innovacin e a reinvencin propias da xente nova".
Conversas e encontros na rede
As conversas e os encontros no Instagram son as dúas novidades que o programa incorpora para estes meses. As primeiras preséntanse como “espazos para participar en grupo falando sobre temas de interese para a comunidade de Falamos”, que se desenvolvern unha vez ao mes, polo de agora de xeito virtual. A primeira cita ter lugar o 23 de febreiro, baixo o ttulo de E ti como ves a cuestin da lingua en Galicia? e ser moderada por Ramallo. O 17 de marzo, a axente musical Patricia Hermida conducir un coloquio titulado Pdese vivir da creatividade? Imaxina a túa carreira profesional; mentres que o 15 de abrilAlberto Oubia, presentar Galiza 2050, cara onde imos?, eo 27 de abrila creadora de videoxogos Dhunae de Vir moderar unha conversa titulada Pdese traballar en Galicia? Traballar aqu ou sar fra.
Por outra banda, os Encontros no Instagram estarn dirixidos a “incentivar que a mocidade use a lingua nas redes sociais”, destacan desde a organizacin. Estes encontros virtuais con “persoas de referencia para a mocidade universitaria” levaranse a cabo no mes de marzo e os inscritos e inscritas poden xa presentar as súas propostas para a esta actividade.
Voluntariado, lectura e cinefrum
Nestes meses poranse en marcha de novo tres actividades xa desenvolvidas na primeira etapa do programa, como o voluntariado lingüstico, unha iniciativa que “permite coecer xente e mellorar os usos orais da lingua”, destaca a organizacin. Para iso, frmanse parellas que reúnen a un inscrito ou inscrita que fala galego con fluidez cun “aprendente” que desexe mellorar o seu dominio do idioma. No primeiro caso, a actividade est aberta a alumnado, profesorado e persoal de administracin e servizos do campus, mentres que o segundo pode resultar tamén de interese tanto a estudantes que poidan considerarse “neofalantes potenciais” como a alumnado chegado de fra de Galicia, vez que est aberto tamén a persoas alleas comunidade universitaria. O prazo de inscricin nesta iniciativa permanecer aberto ata o 22 de febreiro, cando ter lugar unha sesin de presentacin en lia da actividade, na que se lles propn que se reúnan unha vez por semana para falar, en galego, das cuestins que lles interesen.
Tamén continuar desenvolvéndose, de xeito virtual, o club de lectura, “un espazo para comentar e debater en galego lecturas de textos literarios escritos ou traducidos ao galego”. Retomar a súa actividade o 8 de febreiro cunha presentacin, na que os participantes escollern os libros que centrarn as sesins de abril e maio, mentres que o coloquio programado para o 1 de marzo virar arredor da novela Senlleiras, de Anta Yaez.
A única actividade que non pode levarse a cabo de xeito virtual é o cinefrum, e por iso as súas tres novas sesin foron programadas para maio. Organizado coa colaboracin do Cineclube Pontevedra, programronse, para os das 13, 19 e 26 dese mes, as proxeccins dos filmes Dorothé na vila, de Olaia Tubo e Alejandro Gndea; As nosas derrotas, de Gabriel Périot; e Vikingland, de Xurxo Chirro.
