DUVI

Diario da 鶹

Trtase dunha iniciativa do Centro Cultural Popular Xaqun Lorenzo

Unha exposicin presenta no campus os museos e centros etnogrficos da provincia de Ourense

Pode visitarse ata finais deste mes no terceiro andar do Edificio de Ferro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
DUVI Ourense 25/03/2025

Ata finais de mes, a Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense acolle a exposicin Ourense e os seus museos e centros etnogrficos, do Centro de Cultura Popular Xaqun Lorenzo (Deputacin de Ourense). Nela pdese facer un detallado percorrido por preto dunha vintena de espazos deste tipo que hai espallados pola provincia e que abranguen unha ampla diversidade de temas relacionados coa etnografa, desde os oficios tradicionais ata a escola no medio rural. 

A mostra, de carcter divulgativo, est situada no terceiro andar do Edificio de Ferro. Est composta por unha serie de paneis, cada un deles dedicado a un museo ou centros etnogrfico de Ourense, no que se recolle detallada informacin deles, desde a súa historia e fondos ata a súa titularidade e enderezo e datos de contacto. Entre os museos e centros recollidos estn o do Chocolate de Parada de Sil, o de Olera de Niodaguia, o da Identidade de Chandrexa de Queixa, o da Limia de Vilar de Santos, o da Infancia e da Escola, o de Interpretacin da Castaa, o Etnogrfico de Vilario de Conxo, o do Coiro de Allariz, o dos Devanceiros e a Casa da Lagoa de Antela. 

Alén de coecer cada un destes centros de xeito individual, a exposicin tamén permite achegarse historia da museoloxa en Galicia. As, pdese coecer como "os procesos paralelos de integracin en Europa e de desagrarizacin gradual do pas, xuntamente coa toma de consciencia cultural sobre o propio, asociados a unha nostalxia do pasado agro-campesio e necesidade de explorar novas vas fronte desarticulacin e marxinacin do espazo rural, espertaron o interese polo patrimonio local e polo museo como relicario dese patrimonio. Isto explica a tendencia de moitos concellos de Galicia e tamén de asociacins culturais a crear, durante a década dos oitenta e dos noventa do século pasado, museos etnogrficos".

A iniciativa chega ao campus de Ourense da man da alumna da Facultade de Educacin e Traballo Social Nicole Rodrguez como parte da realizacin das súas prcticas de carreira no Centro Cultural Popular Xaqun Lorenzo.