DUVI

Diario da 鶹

A mostra, coa colaboracin da 鶹, poder visitarse en Redeiras entre o 4 e o 26 de marzo

Unha exposicin e unha mesa redonda para achegar cidadana esquerda heterodoxa galega na Segunda República

Con especial atencin ao POUM co gallo do seu 90 aniversario

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 02/03/2026

“Esta exposicin pretende reunir unha pequena pero significativa historia de militantes da esquerda heterodoxa galega, aos que podemos cualificar con razn como dobremente esquecidos Sufriron a represin franquista como militantes de esquerdas, moitos deles pagndoa coas súas vidas e, ao mesmo tempo, o estalinismo foi tan cruel como, ou incluso mis que os primeiros; ademais do encarceramento ou asasinato, sufriron unha campaa de calumnias acusndoos de ser axentes de Hitler”. As explica Jacobo Bermejo, membro da Fundacin Andreu Nin e comisario da mostra A esquerda heterodoxa galega na Segunda República. 90 aniversario da fundacin do POUM, o que as persoas que a visiten atoparn entre o 4 de o 26 de marzo no Edificio Redeiras da 鶹.

Organizada polas fundacins Eugenio Granell, Andreu Nin e 10 de Marzo, coa colaboracin da Vicerreitora de Extensin Universitaria da 鶹, a exposicin est integrada por unha decena de paneis explicativos, a través dos que, e basendose na obra de Dionisio Pereira, “buscamos rescatar do esquecemento un grupo de militantes experimentados que foron os que alzaron a voz contra o poder do todo poderoso Stalin, ao tempo que ofrecen un modelo para un partido socialista democrtico”, explica Bermejo.

Dar a coecer como se formou o POUM

A mostra chega a Vigo logo de visitar outros puntos de Galicia, meses despois de cumprirse o 90 aniversario da fundacin do Partido Obrero de Unificacin Marxista (POUM), unha efeméride que os organizadores da mostra queren aproveitar para dar a coecer como se formou este partido e cal foi o seu legado poltico.

“Lonxe de ser historia pasada, os escritos dos seus principais lderes, Andreu Nin e Joaqun Maurin, seguen a ser publicados e estudados. O seu gran legado poltico foron, sen dúbida, as Alianzas Obreiras desenvolvidas durante o Bienio Negro da República, consolidando a unidade das forzas de esquerda contra os ventos fascistas que sopraban con forza naquel momento. Desafortunadamente, hoxe estes ventos volven soprar, como fixeron no pasado, substitundo os xudeus por inmigrantes e calquera cousa que se poida parecer diversidade”, lamenta Bermejo.

Considera o comisario da mostra que, anda que o seu público obxectivo podera ser a xente interesada na memoria histrica e a poltica en xeral, “estaremos satisfeitos se esta exposicin consegue sacar estes dous grandes temas do esquecemento e contribur reflexin sobre o significado do estalinismo e o desastre que a divisin polo fascismo trouxo a toda a esquerda europea”.

Unha mesa redonda o da da inauguracin

Previa celebracin dunha visita guiada exposicin, o 4 de marzo s 19.00 horas, desenvolverase no edificio Redeiras unha mesa redonda na que participarn Dionisio Pereira, historiador; Enrique del Olmo, presidente da Fundacin Andreu Nin; Victor Santidrian, membro da Fundacin 10 de marzo; Jacobo Bermejo, comisario da exposicin; e Susana Reboreda, vicerreitora de Extensin Universitaria. A continuacin proxectarase un vdeo sobre a historia do POUM.