O estudante de Belas Artes Manuel Balsas presenta as súas obras no local de Kentada
Unha exposicin explora as posibilidades pictricas do material de refugallo
A mostra abre unha colaboracin entre facultade e asociacin para a defensa de TFG
Valéndose de materiais de refugallo atopados en diferentes puntos de Pontevedra, o estudante de Belas Artes Manuel Balsas explora a expansin da pintura mis al dos lmites e técnicas tradicionais do cadro na exposicin Romper, pintar, atopar, andar, que na tarde desta venres se inaugura no local da asociacin Kentada. Co investigador predoutoral Carlos Fer como comisario, esta mostra abre tamén unha lia de colaboracin entre a facultade e esta asociacin creada por exalumnos e exalumnas de Belas Artes, que levar a estudantes de Belas Artes a defender neste espazo os seus traballo de fin de grao. Ese é precisamente o caso de Balsas, que nesta xornada presentaba o TFG do que saron as obras que conforman esta exposicin.
Conformada por unha escolma das pezas que Balsas desenvolveu para o seu proxecto académico, nesta mostra preséntanse un conxunto de obras nas “a pintura reinvéntase, pasando de ser unha técnica confinada a un soporte bidimensional a un acto que involucra obxectos e contronas, desafiando as percepcins convencionais”, segundo recolle o texto de presentacin desta exposicin. Como explica este alumno, trtase do resultado dun proceso no que buscou afondar nas posibilidades da pintura “como un fo condutor”, como un medio para conectar unha serie de obxectos que buscaba que “funcionasen como cor ou como formas" e cos que observar "os dilogos que puidesen xurdir entre a materia e a pintura”.
Resultado dun proceso no que buscou afondar en “como poda pintar sen pintura”, Balsas emprega nas súas obras unha serie de obxectos desbotados, o que lle serve tamén para “relacionar a pintura coa realidade material”, explica, nun momento no que “vivimos nun mundo dixitalizado”. Nese senso, as obras que se reúnen nesta exposicin parten do “acto de coecer a cidade e conectar coa realidade matérica que nos rodea”, o que súa vez deriva nunha “reflexin sobre o consumo” nas sociedades contemporneas.
Romper, pintar, atopar, andar inaugurase este venres s 19.00 horas e verase complementada pola publicacin dun pequeno catlogo, realizado no taller de risografa da facultade.
