DUVI

Diario da 鶹

Promovida pola Fundacin Al Fanar, chega a Pontevedra da man do grupo de investigacin dx5

Unha exposicin articula “unha reivindicacin da memoria colectiva de Palestina” a través do cmic

Pode visitarse na sala da Escola de Conservacin e Restauracin

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 09/07/2025

Como “unha reivindicacin da memoria colectiva de Palestina, que non quere ser borrada” presenta o investigador da Facultade de Belas Artes José Andrés Santiago Cmic Palestino: Voces propias, grito colectivo, unha exposicin que reúne as reproducins de preto de 180 pxinas de cmics realizados por dez autores e autoras palestinos. Promovida pola Fundacin Al Fanar, en colaboracin coa Fundacin Finestres, este proxecto expositivo chega a Pontevedra da man do grupo de investigacin dx5 (digital & graphic art research), co apoio da 鶹, a través da súa lia de axudas para a montaxe de exposicins, e da Escola Superior de Conservacin e Restauracin de Bens Culturais de Galicia, que acolle esta mostra ata o 24 de xullo.

Cmic Palestino: Voces propias, grito colectivo naceu como unha exposicin itinerante, conformada por dez paneis nos que se presentaban os traballos de Leila Abdelrazaq, Iasmin Omar Ata, Sara Shehadeh, Hassan Manasrah, Hamza AbuAyyash, Khaled Jarrada, Shahd Alshamali, Dania Omari, Samir Harb e Mohammed Sabaaneh. Co apoio da Ctedra de Estudos do Cmic SM-UV, IEMed, Casa Mediterrneo e Casa Árabe, esta mostra puido verse por primeira vez no Saln do Cmic de Valencia e posteriormente en Madrid e Alacante. Co artista palestino Mohammed Sabaaneh e o tradutor Pedro Rojo, presidente da Fundacin Al Fanar, como comisarios, tratbase dun proxecto que buscaba ser mis que “unha mostra artstica”, formulndose como “unha afirmacin da existencia, un desafo hexemona e un testemuo do poder duradeiro na narrativa palestina”, como recolle o seu texto de presentacin. Nel, os comisarios poen o foco en como “a imaxe e o concepto de Palestina parecen ter sido ciceladas nos imaxinarios do mundo a base de bombas, sangue e destrucin”, de tal xeito que o propsito desta mostra era articular, a través das obras destes artistas, “un rexeitamento ao esquecemento” e unha declaracin “de que as historias palestinas seguirn contndose, debuxndose e compartndose como un grito colectivo ata que se faga xustiza”. 

A versin mis ampla deste proxecto 

Con Santiago como comisario, xunto a Rojo e Sabaaneh, este proxecto expositivo preséntase en Pontevedra “cambiando un pouco o concepto con respecto ao que foi a idea orixinal”, como sinala o profesor de Belas Artes. A mostra, lembra, mantén a idea de “reivindicar esa memoria que de maneira sistemtica estase intentando borrar”, mais os paneis son substitudos, nunha mostra “moito mis ampla”, por preto de 180 reproducins "a tamao real" das pxinas realizadas por estes autores e autoras. Inaugurada este mércores na sala de exposicins da Escola de Conservacin e Restauracin, coa participacin tanto das responsables deste centro como do grupo dx5, a exposicin presta nese senso especial atencin “materialidade das obras”, pondo o foco en “como a rotulacin e a traducin cambian a percepcin que temos dunha obra”, apunta Santiago. Con esa idea, preséntanse as pxinas no seu idioma orixinal, rabe ou inglés, xunto coas súas traducins. Ao mesmo tempo, o maior número de pezas permite tamén xerar “unhas secuencias mis longas, coas que aproximarnos mis ao que o medio real do cmic”.  

A realidade palestina en obras de diferentes xéneros

Na exposicin poden verse obras de autoras e autoras “que se estn iniciando”, xunto s de outros cunha ampla traxectoria e con cmics premiados en diferentes pases. Ese é o caso de Leia Abdelrazag ou do propio Sabaaneh, co que Santiago xa colaborara previamente na maquetacin de 30 segundos en Gaza. Do mesmo xeito, a exposicin propn unha aproximacin “ realidade de Palestina” a través de traballos de “diferentes estilos, perspectivas e temticas”, na que hai espazo tanto para historias de carcter testemual ou costumista, como para obras de ciencia ficcin. “Moitas das historias, evidentemente, estn ligadas situacin de Palestina e ao que levan vivindo 75 anos”, recoece Santiago, que explica que na mostra hai espazo para obras “moito mis vinculadas ao tema da ocupacin”, como a de Sabaaneh, xunto a historias futuristas e outras centradas nos “aspectos do da a da”, que non aluden directamente situacin palestina, que non obstante, recoece o comisario, “marca a súa forma de ver o mundo”. 

Cmic Palestino: Voces propias, grito colectivo poder visitarse ata o 24 de xullo, de luns a venres, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas.

Exposicin en Monção

Ademais desta mostra, a actividade do grupo dx5 viuse reflectida tamén nas últimas semanas na exposicin Between, que puido verse na galera CTJV de Monção. Comisariada tamén por Santiago, tratase dunha mostra protagonizada pola artista e docente Tatiana Lameiro, integrante tamén deste grupo de investigacin, na que propn, explica, "unha reflexin crtica sobre os procesos de producin, consumo e resignificacin na prctica artstica actual". Faino a través dunha seleccin de obras que incorporan "materiais producidos polo home, estratexias de reciclaxe e principios do upcycled art". Resultado dos "postulados académicos e artsticos" que guan o seu labor artstico e investigador, as pezas de Lameiro "evidencian as tensins entre o industrial e o orgnico, ao tempo que reconfiguran as xerarquas tradicionais da arte, propondo un dilogo entre prcticas que transitan entre o pictrico, o obxectual e o instalativo", salienta o comisario desta exposicin.

"Nesta exposicin, o reemprego de materiais non é s unha estratexia estética, senn unha postura poltica e ecolxica, que desafa a linealidade do ciclo produtivo e reivindica a transformacin como unha forma de resistencia", engade Santiago dun proxecto expositivo que se sitúa "na interseccin entre o natural e o artificial, o residual e o rexenerado, explorando os lmites de materialidade na arte contempornea". Deste xeito, o traballo de Lameiro conecta a nocin da "pintura expandida", na que a obra "deixa de ser un obxecto esttico para converterse nun axente dinmico", co concepto de sostibilidade na arte.