DUVI

Diario da 鶹

A investigacin foi realizada na Facultade de Ciencias e no Campus Auga

Un estudo amosa o potencial da mostaza branca como fonte de compostos bioactivos beneficiosos para a saúde

Avaliaron a actividade neuroprotectora e antimicrobiana das súas sementes e aceite

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • ú
  • Աپ
DUVI Ourense 17/09/2024

Investigadoras da Facultade de Ciencias e do Campus Auga da 鶹 veen de realizar un estudo no que demostran que as sementes e o aceite da mostaza branca (Sinapis alba) constitúen “fontes naturais de compostos bioactivos con propiedades beneficiosas para a saúde, que poderan ser empregadas en aplicacins alimentarias e farmacéuticas”. Ademais, nel afondan en como a introducin desta especie no agro galego pode ter vantaxes para a mellora das propiedades do solo, impulsando a agricultura ecolxica.

O estudo Mostaza mis ca un mollo. Compostos bioactivos e a súa repercusin na saúde estivo dirixido polas investigadoras da 鶹 Mara Figueiredo, do grupo Food and Health Omics, e Alicia Paz, do grupo de BiotecnIA. A investigacin foi financiada pola Deputacin Provincial de Ourense mediante a convocatoria de axudas a grupos de investigacin do campus de Ourense Inou.

As responsables do estudo lembran que o uso de plantas medicinais como terapia complementaria ou alternativa é frecuente en todo o mundo e que en Galicia o uso de herbas medicinais sempre estivo arraigado na cultura popular. “Anda que a eficacia destas herbas non est cientificamente probada en moitos casos, os seus compoentes qumicos poden inducir respostas beneficiosas, ofrecendo pistas para o descubrimento de medicamentos eficaces”, afirman. Neste contexto, a mostaza “é unha destas plantas, utilizada tradicionalmente como condimento, conservante e na medicina popular para tratar enfermidades como cardiovasculares e a diabetes mellitus”.

Alto contido en lpidos e compostos fenlicos

Neste contexto, as investigadoras da 鶹 levaron a cabo este estudo para analizar a composicin qumica das sementes de mostaza e do seu aceite, centrndose especialmente na identificacin dos compostos fenlicos presentes, para as avaliar a súa actividade neuroprotectora e investigar a posibilidade de obter novos compostos antimicrobianos. O obxectivo último foi o de proporcionar informacin valiosa sobre o uso potencial da mostaza na industria alimentaria e farmacéutica. A investigacin iniciouse co cultivo e recollida das sementes da planta no propio campus de Ourense. Ante a falta de referencias sobre esta especie, levouse a cabo unha caracterizacin completa da planta e das sementes, seguindo coa extraccin do aceite de Sinapis alba e a súa anlise.

Entre os resultados acadados, as investigadoras destacan que no caso das sementes revelouse “un alto contido de lpidos, superando as expectativas nutricionais comerciais, cunha composicin elevada de cidos graxos, especialmente oleico, linoleico e araquidnico, o que ofrece beneficios para a saúde grazas a presenza dos cidos omega 6 e omega 9”. Ademais, engaden que a semente e o aceite amosaron concentracins elevadas de compostos pertencentes s familias qumicas dos cidos fenlicos e en menor cantidade dos compostos flavonoides. “Estes extractos ricos en compostos fenlicos mostraron actividade neuroprotectora ao inhibir as enzimas colinesterasas relacionadas coa enfermidade do alzhéimer, as coma actividade antimicrobiana contra os patxenos Staphylococcus aureus e Candida albicans”, afirman.