DUVI

Diario da 鶹

Nun proxecto da Cmara Municipal, no que tamén participa o Politécnico de Viana do Castelo

Estudantes de Belas Artes dan forma a obras cambiantes inspirndose nas paisaxes de Monçao

Unha exposicin reúne os primeiros cadros, que sern intervidos novamente por outros alumnos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 03/12/2021

Ata o mes de febreiro exhbense no Museu do Alvarinho, na vila portuguesa de Monção, as primeiras obras resultantes do proxecto Arte em Trânsito, que este municipio promove xunto coa Facultade de Belas Artes da 鶹 e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Inspiradas nas paisaxes desta rexin vitivincola, trtase de catro lenzos realizados, en adegas do municipio, por estudantes das dúas institucins sobre os que, no mes de febreiro, intervirn de novo outros catro alumnos e alumnas, que transformarn coas súas achegas unhas obras que, tras un segundo perodo de exposicin, completaranse en maio cunha terceira intervencin por parte doutros catro estudantes.

“So a, o proxecto quedar concludo, cando cada lenzo tea sido pintado por tres artistas diferentes”, salienta Ricardo Campos, coordinador dunha iniciativa que propn a seis estudantes de Belas Artes e outros seis do Politécnico de Viana do Castelo o reto de “crear un traballo artstico en tres momentos diferentes” e que súa vez d lugar a tres “tres exposicins diferentes”. Como explica Campos, o proxecto propn que, baixo o lema de Monção, berce do Alvarinho, cada artista “interprete o territorio adegueiro de Monção a partir da súa experiencia persoal e da súa investigacin plstica”. De feito, cada artista realiza a súa obra nunha das quintas dedicadas producin de vio do municipio.

Coecer un lugar e representalo

A primeira fase do proxecto tivo lugar o 30 de outubro, coa participacin dos estudantes de Belas Artes Marina Aradas e Abraham Alonso e das alumnas do Instituto Politécnico de Viana do Castelo Maria João Gonçalves e Adriana Bacelo. “Foi unha experiencia nova para min. O contexto, a historia ou a tradicin son aspectos cos que sempre traballei, pero nunca a partir dun lugar co que non me identificaba ou ao que non pertenca”, recoece Aranas, que destaca o interese que lle suscitou tratar de realizar “unha obra representativa” de Monção a partires das súas experiencias na adega na que traballou, a Quinta das Pereirinhas. “No meu caso, prestei bastante atencin ao que me foron contando”, tanto sobre a importancia que ten no municipio a industria do vio, como a outra serie de cuestins vinculadas coa natureza e a sostibilidade, explica. “Collendo un pouco estas ideas, adapteino a mia maneira de traballar, sintetizndoas a partir de formas simples coas que vou formando distintos patrns que se van superpoendo”, explica da obra que pode verse no Museu do Alvarinho.

“Foi unha grata experiencia. Gústanme os proxectos sobre os que non tes expectativa algunha”, engade Abraham Alonso, que destaca a oportunidade de coecer Monção e “conectar cun espazo natural pleno”. De feito, este alumno recoece que chegou a esta estada sen ideas previas e coa vontade de non “reproducir a mia lia de traballo sen mis”, senn co propsito de “nutrirme de todo aquilo que rodeaba a quinta na que traballei e que todo iso influenciara a mia obra, creando unha amalgama composta por toda esta contorna natural e o meu imaxinario propio”.

Unha exposicin que ir cambiando

A divulgacin e promocin da arte contempornea e seu o achegamento poboacin local forman parte dos obxectivos de Arte em Trânsito. Con esa idea, cada unha das tres fases d lugar a unha exposicin, que permitir ir vendo como as obras se van transformando, as como o resultado final, que permanecer exposto entre maio e setembro. “Para os alumnos é unha oportunidade estupenda de dar visibilidade ao seu traballo fra das nosas fronteiras e tamén de mostrar a súa vala profesional e adaptarse a proxectos aos que deben responder de forma inmediata e directa”, salienta a secretaria académica da facultade, Chelo Matesanz, que pon tamén de relevo a colaboracin con Belas Artes de Ricardo Campos, “un egresado do noso antigo Mster en Arte Contempornea e que agora é xestor de cultura” en Monção.

Do Pazo da Cultura a Monção

Alén deste proxecto, neste mes de decembro as creacins dos artistas formados na facultade tamén estarn presentes neste municipio do norte de Portugal a través da exposicin The year we make contact, que o vindeiro sbado 11 se inaugurar na Galera de Arte CTJV. Organizada coa colaboracin da Plataforma Arte e Cultura do municipio, a mostra, que ten como comisarias s profesoras Sonia Tourn e Mara Covadonga Barreiro, reúne 38 obras xurdidas como parte dos traballos de fin de grao defendidos nos últimos dous cursos na facultade, que previamente integraron a mostra Do final e do comezo, que en setembro puido verse no Pazo da Cultura de Pontevedra.