DUVI

Diario da 鶹

Na reunin anual do European Procurement Law Group celebrada no edificio Redeiras

Especialistas de 12 pases debaten en Vigo os principais desafos xurdicos que supn a Intelixencia Artificial para a contratacin pública

Na xuntanza un proxecto sobre “compra de IA”, coliderado por Patricia Valcrcel

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • HR
  • Internacional
  • Աپ
D. Besado DUVI 26/05/2023

Dous das para debater sobre os principais desafos xurdicos que supn a Intelixencia Artificial (IA) para a contratacin pública na Unin Europea. Nisto consiste, a grandes trazos, a reunin anual do , o grupo europeo de especialistas en contratacin pública, xuntanza que nesta ocasin se celebra este xoves e venres na 鶹 co patrocinio da Axencia Galega de Innovacin -GAIN-, baixo a coordinacin da vicerreitora de Profesorado e Ordenacin Académica, Patricia Valcrcel, catedrtica de Dereito Administrativo experta en normativa sobre contratacin pública e implicacins da IA no Dereito público. 

O encontro, que se est a levar a cabo no edificio Redeiras, conta coa participacin de especialistas en contratacin pública de diversos Estados membros da UE (Alemaa, Austria, Dinamarca, Espaa, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Polonia, Portugal e Romana) e do Reino Unido, e a temtica central est ligada execucin do proxecto de investigacin Desafos estratéxicos da contratacin pública na era da 4ª revolucin industrial: sostenibilidade, gobernanza e intelixencia artificial, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovacin, e que est coordinado por Patricia Valcrcel, da 鶹, e Christoph Krönke, da Universität Bayreuth, en Alemaa.

Tecnoloxas dixitais e respecto dos principios democrticos

A Intelixencia Artificial (IA) est a deixar unha importante pegada en moitas reas, entre elas, o sector público, que desde hai tempo camia cara a un novo modelo de gobernanza pública dixital. Neste proceso, tal e como indicaron as e os especialistas que participan na xuntanza, estn xa a adoptarse diferentes tecnoloxas dixitais, tales como a automatizacin robtica de procesos e procedementos, o blockchain, a anlise de big data, a aprendizaxe automtica e outras formas de intelixencia artificial. “Iso supn numerosos e importantes retos e problemas xurdicos, en particular, polo alto risco de toma de decisins inadecuadas, inconsistentes ou capturadas e sesgadas polas ferramentas tecnolxicas que utilizan IA”, apunta Patricia Valcrcel, ao tempo que explica que, desde unha perspectiva xurdica, isto pode xerar problemas relacionados co respecto dos principios democrticos, as como das regras e principios que as administracins públicas deben observar na súa toma de decisins.

Detectar problemas e achegar solucins

Se ben existen xa diversas propostas normativas pioneiras a nivel da Unin Europea que pretenden crear unha gobernanza adecuada no uso dalgunhas tecnoloxas dixitais -a mis notable é a proposta de Regulamento UE, denominada Lei de Intelixencia Artificial-, “parece pouco probable que estas propostas tean un impacto directo na regulacin da contratacin pública”, explica a profesora Valcrcel, quen fai fincapé en que, “con todo”, a relevancia prctica deste sector no despregamento das tecnoloxas dixitais por parte do sector público “é incuestionable” tendo en conta que, na maiora dos casos, cando o sector público utiliza a IA, faino celebrando primeiro un contrato público. Neste sentido, desde o punto de vista das persoas que participan nesta xuntanza, debe facerse notar que a miúdo se esquece o feito de que a lexislacin sobre contratacin pública “é -ou debera ser-“ un instrumento crave para garantir que, ao contratar IA, a Administracin reciba un sistema que cumpra todos os requisitos legais e prcticos cara o seu uso.

“Por iso é polo que o proxecto de investigacin que estamos a levar a cabo ten como principais obxectivos poer de relevo o crucial papel que corresponde contratacin pública no uso de tecnoloxas dixitais que utilizan IA, examinar e determinar se as leis de contratacin pública dos distintos Estados membros son adecuadas para «comprar IA» e en que medida, as como realizar un exhaustivo diagnstico da situacin e, notablemente, achegar solucins aos problemas apuntados”, explica a coordinadora viguesa do proxecto.

Primeira sesin aberta ao público en xeral

A primeira sesin da xuntanza, celebrada este xoves pola tarde, estivo aberta ao público en xeral, e nela, ademais de presentarse o traballo do grupo e a súa utilidade para os profesionais -o que fixeron, respectivamente,  o profesor François Lichére da University of Jean Moulin Lyon 3, e Carlos Pérez Ramos, avogado experto en contratacin pública-, intervieron Julin Cervio, director da AMTEGA, e, desde Bruxelas, Daniel Arosa Otero, responsable de Nttdata, que est traballando na posta en marcha do PPDS (Public Procurement Data Space) que impulsa a Comisin Europea. A sesin deste venres prolongarase ao longo de toda a xornada.