DUVI

Diario da 鶹

Na competicin medronse dúas tripulacins integradas por alumnado do campus e da ENM

A Escuela Naval Militar imponse no III Trofeo Ra de Pontevedra

Nesta edicin, a regata levouse a cabo con embarcacins de remo de nove metros

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Estudantado
  • Deportes
DUVI Pontevedra 25/04/2025

Dúas tripulacins integradas por alumnas e alumnos de diferentes centros do campus de Pontevedra e por estudantes da Escuela Naval Militar (ENM) mediron forzas na tarde deste xoves na III Regata Ctedra Álvarez-Ossorio-Trofeo Ra de Pontevedra, na que se alzou como vencedor o alumnado do centro formativo da Armada. Promovida pola Vicerreitora do campus de Pontevedra e a ENM, co patrocinio do Consello Social da 鶹, a competicin desenvolveuse nesta edicin en Marn e levouse a cabo con embarcacins de remo de nove metros de eslora. 

A proba, que puido seguirse desde a drsena da ENM, estivo conformada por unha única manga, composta por dous tramos de 500 iardas e unha ceavoga, que as alumnas e alumnos percorreron a bordo dunha embarcacin comunmente coecida na Armada como ‘nove metros’ e empregada historicamente na formacin marieira dos futuros e futuras oficiais. Dúas tripulacins mixtas, integradas por catorce remeiros e remeiras, un patrn e pregoeiro, tomaron parte nesta regata, na que o campus competiu cun grupo de estudantes das facultades de Ciencias da Educacin e do Deporte e Fisioterapia, as como da Escola de Enxeara Forestal.

O trofeo permanecer en Marn ata 2026

Organizada coa colaboracin da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra e do Gremio de Mareantes, a xornada completouse cun acto de entrega de premios no que participaron o comandante director da ENM, Pedro Cardona, e a vicerreitora do campus, Eva Mara Lantarn. Nela, o alumnado da ENM levantou por primeira vez este Trofeo Ra de Pontevedra, ao que cada ano se incorpora unha placa co nome da institucin gaadora. Nas dúas edicins previas, disputadas nas proximidades do peirao das Corvaceiras, a vitoria foi para o alumnado do campus pontevedrés. No primeiro de casos, nunha regata levada a cabo con barcos dragn, unha modalidade de piragüismo orixinaria da China, e na segunda, con bateis. Agora, como recolle a súa normativa, a ENM encargarase de custodiar este trofeo ata a seguinte edicin da regata.

Esta competicin insrese na programacin da Ctedra Almirante Álvarez-Ossorio, impulsada en 1994 pola Armada e a 鶹 como rgano de relacin institucional para temas culturais, cientficos, técnicos, humansticos e de interese común entre estas dúas institucins, ao abeiro da que se desenvolven ao longo do curso diferentes conferencias e mesas de debate, xunto con outra serie de actividades, como esta regata ou o Concerto de Nadal da Unidade de Música da ENM.