DUVI

Diario da 鶹

O grupo EcoEvo analizou os efectos da follaxe desta rbore nas comunidades de macroinvertebrados

Un equipo da 鶹 constata os efectos negativos das plantacins de eucalipto sobre a biodiversidade dos ecosistemas fluviais

O estudo levouse a cabo nunha vintena de regatos da provincia de Pontevedra

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 03/07/2025

Un estudo do grupo de investigacin en Ecoloxa Evolutiva e da Conservacin da 鶹 (EcoEvo) demostra os “efectos negativos das plantacins de eucalipto sobre a biodiversidade” dos ecosistemas fluviais de Galicia, segundo explica o seu coordinador, o catedrtico da Escola de Enxeara Forestal Adolfo Cordero. A investigacin centrouse en coecer a incidencia dunha maior ou menor presenza de follaxe de eucalipto nos regatos sobre as comunidades de macroinvertebrados. Tras identificar e clasificar os mis de 30.000 espécimes localizados nas mostraxes realizadas en vinte regatos da provincia de Pontevedra en dúas épocas do ano, o equipo investigador puido constatar que se ben unha maior presenza de follaxe de eucalipto non afecta “abundancia xeral” de invertebrados nos ecosistemas fluviais, si ten un impacto negativo na “riqueza e diversidade” destas comunidades.

“Os nosos resultados demostran que se a maiora das follas” que poden atoparse sobre os regatos son de eucalipto “perdemos boa parte da diversidade”, sinala Cordero, que recoece que os efectos desta follaxe sobre a biodiversidade fluvial era algo “moi pouco estudado” en Galicia. O responsable do grupo EcoEvo explica que a investigacin levouse a cabo en vinte arroios “moi representativos da rede fluvial” da comunidade, o que fai prever que “sempre que a maior parte das achegas de materia orgnica ao curso fluvial provean de eucaliptos, imos ter efectos similares”. Non en van, lembran, “os ecosistemas fluviais dependen en gran medida das achegas de materia orgnica da vexetacin” dos bosques de ribeira, sendo a follaxe, que é procesada “por microorganismos e invertebrados trituradores” a súa “principal fonte de enerxa”.

Un traballo nacido na pandemia

Os resultados deste traballo recllense nun , que asinan xunto a Cordero, as investigadoras do grupo EcoEvo Anais Rivas, Andrea Landeira e Maruxa Álvarez, xunto con Manuel Graça, da Universidade de Coimbra, e Leandro Juen, da Universidade Federal do Par. Trtase, como lembra o catedrtico, dun estudo nacido no marco da pandemia da covid-19, cando o grupo tia proxectados traballos de campo “en diferentes pases”, dirixidos a “examinar o efecto das plantacins industriais sobre as comunidades de insectos”, no marco dun proxecto de investigacin financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovacin y Universidades.

As restricins mobilidade levaron a mudalos por uns traballos de campo levados a cabo en dez municipios da provincia de Pontevedra. En cada un deles, o grupo seleccionou un regato que discorrese principalmente a través de plantacins de Eucalyptus globulus e outro bordeado por “bosques caducifolios nativos”, nos que as especies mis abondosas eran o carballo, o castieiro e o ameneiro. En cada arroio realizouse unha mostraxe de macroinvertebrados nun transecto lonxitudinal de 12 metros, tanto no outono de 2020 como na primavera de 2021, nos que atopronse, respectivamente, un total de 24.705 e 12.529 individuos, pertencentes a 125 grupos zoolxicos a nivel de xénero.

Non diminúe o número, pero si a diversidade

Para poder coecer os efectos destas plantacins nas comunidades de macroinvertebrados, o grupo EcoEvo avaliou un conxunto de variables. Estas abranguen desde o caudal dos regatos ou o peso da follaxe, ata diferentes condicins ambientais, o que leva a Cordero a pr o foco en que os seus resultados responden as caractersticas dos bosques galegos, podendo ser diferentes noutras reas xeogrficas. “En aspectos tan complexos como estes pode haber moitas interaccins entre variables”, sublia.

Neste caso, os resultados sinalan “unha diminucin significativa na riqueza e diversidade” de especies presentes nos ecosistemas fluviais con maiores niveis acumulados de follaxe de eucalipto. Pola contra, esta non tivo unha incidencia na abundancia total de macroinvertebrados presentes nos regatos, que “explicouse principalmente” pola estacin do ano, o caudal do regato e a temperatura da auga. “O que atopamos é que unhas poucas especies son capaces de manter grandes densidades”, sinala Cordero. Concretamente, rexstrase un aumento no número de individuos de especies como as do xénero Gammarus, “pequenos crustceos de auga doce”, que vense beneficiadas, “probablemente, pola ausencia de competidores”. Pola contra, xéneros como Limnephilus, Crunoecia ou Ecdyonurus foron menos abondosos cando aumentaba a follaxe de eucalipto.

Nesa mesma lia, os resultados da anlise realizada amosan unha “riqueza e diversidade” de especies “significativamente menor” cando se comparan os regatos nos que a follaxe de eucalipto é maioritaria con aqueles dominados pola vexetacin dos bosques de ribeira. De feito, sinalan os autores deste estudo, “a abundancia, riqueza e diversidade de macroinvertebrados alcanzou o seu mximo en outono, coincidindo coa afluencia da follaxe de caducifolios e unha menor proporcin da follaxe de eucalipto”, que perden principalmente as súas follas no vern. Concretamente, nas mostraxes realizadas en outono, seis dos vinte regatos estudados presentaban unha follaxe composta en mis do 50% por follas de eucalipto, cifra que ascenda a doce nas anlises realizadas na primavera.

A importancia de preservar os bosques de ribeira

Neste punto, o equipo investigador sinala o “baixo contido de nutrientes” das follas de eucalipto, que xeralmente teen “menores contidos de fsforo e nitrxeno” que as das “arbores caducifolias nativas”, para incidir no papel que xoga a “follaxe nativa no soporte de comunidades de macroinvertebrados diversas e saudables”.

Estes resultados lévanos súa vez a pr o foco en que “manter un bosque de ribeira amplo é diverso é unha garanta” para a conservacin da biodiversidade e doutros “servizos ecosistémicos, como “a mitigacin de caudais extremos”. Do mesmo xeito, o grupo EcoEvo incide no papel que xogan os insectos en mbitos “como a polinizacin, o control de pragas e a fertilizacin de solos”, incidindo na importancia de preservar os bosques de ribeira e evitar as plantacins nas proximidades dos regatos. De feito, a da de hoxe non est permitido plantar eucaliptos a menos de 15 metros de ros de mis de dous metros de ancho, como lembra Cordero. “O que propoemos é precisamente que se respecten as distancias que estn na lexislacin”, mais tamén, sinala, a necesidade de que estas medidas se apliquen tamén en “regatos de menor entidade”, a raz dos resultados deste estudo.