A raz da polémica xurdida na Universidad de La Rioja
Educacin e Traballo Social concéntrase “pola educacin a prol dos valores sociais de igualdade, respecto e tolerancia”
Alumnado e profesorado quixeron visibilizar o seu desacordo co acontecido
A Facultade de Educacin e Traballo Social convocou este martes unha concentracin “pola educacin a prol dos valores sociais de igualdade, respecto e tolerancia” e “ante a polémica xurdida na Universidad de La Rioja polos comentarios machistas e sexistas proferidos por alumnado de Maxisterio cara a alumnado de novo ingreso”. Ao acto asistiu alumnado, profesorado e membros da comunidade universitaria, como o decano da facultade Xosé Manuel Cid e o vicerreitor do campus de Ourense, Francisco Javier Rodrguez Rajo. Jairo Rodrguez, representante do alumnado na xunta deste centro, deu lectura a un manifesto no se subliou que con esta concentracin a comunidade educativa desta facultade quixo visibilizar que "non estamos de acordo con estes acontecementos e que isto non se pode permitir”. Amosando o seu apoio ao alumnado de Maxisterio da Universidad de La Rioja que non participou no polémico grupo de WhatsApp, no manifesto indicouse que este acontecemento, sumado a outros como o acontecido no Colexio Maior Elias Ahuja, non son mis que o reflexo dunha sociedade que reproduce as normas cis-heteropatriarcais”.
Neste contexto, no manifesto recalcouse que “a educacin ten un papel primordial na deconstrucin deste sistema que desencadea unha e outra vez en desigualdades, violencias e exclusins”. Que estes acontecementos foran levados a cabo por futuros docentes, indicaron, pon de manifesto a necesidade de revisar os plans de estudo das titulacins de educacin e de introducir obrigatoriamente nelas a perspectiva de xénero. “Se o futuro profesorado non conta con formacin axeitada transmitir, consciente ou inconscientemente, ao seu alumnado contidos sexistas e homfobos. A educacin ten que posicionarse a favor da igualdade, xa que doutro xeito estar a contribur reproducin da desigualdade en todos os mbitos: sexismo, LGBTIQ-fobia, clasismo, edadismo, racismo, capacitismo e un longo etc de ismos presentes na sociedade”, sinalouse na concentracin.
