DUVI

Diario da 鶹

Cunha mesa redonda con Carmen Chamorro, Isolina Raa e Maricarmen Lpez

Econmicas e Empresariais celebra o 8M pondo en valor a importancia das mulleres no sector primario

“Todas elas destacan pola súa forza, liderado e pola promocin da igualdade e apoio a outras emprend

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • Universidade e empresa
  • Visitas
  • Institucional
D. Besado DUVI 06/03/2025

As tres son mulleres e as tres son referentes na economa galega e tamén nacional. Carmen Chamorro, presidenta da Asociacin de Cerqueiros de Galicia; Isolia Raa, responsable da Asociacin de Empresarias Rurales, e Maricarmen Lpez, directiva de Executivas de Galicia, compartiron este xoves palestra nun acto celebrado na Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais con motivo do Da da Muller 2025, unha celebracin que, nesta ocasin, puxo o acento na importancia das mulleres no sector primario.

Coorganizado polo Colexio de Economistas de Pontevedra, a mesa redonda xurdiu “da preocupacin da nosa facultade pola falta de visualizacin do papel das mulleres no mbito laboral e profesional”, explicou a decana da facultade, Dolores Garza, quen salientou a importancia de trasladar ao alumnado o papel de liderado que poden alcanzar as mulleres no mbito profesional.

Nesta lia, Garza explicou que en anos anteriores as actividades relacionadas co 8M se centraron en difundir o papel de mulleres que romperon o teito de cristal na nosa contorna econmica. “Este ano queramos facer algo diferente e centrarnos en actividades de gran relevancia, non soamente econmica, senn especialmente social en Galicia. Por iso contactamos con representantes dos mbitos rural e mario que tiveran un perfil de liderado no seu sector”, salientou a decana na presentacin das relatoras. “Todas elas destacan pola súa forza, liderado e pola promocin da igualdade da muller e apoio a outras emprendedoras nos seus respectivos sectores”.

Chamorro, fronte da principal organizacin cerqueira de Galicia

A primeira en intervir foi Carmen Chamorro, quen desde 2021 exerce como presidenta da principal organizacin cerqueira da comunidade galega, Acerga, na que estn representados 81 dos arredor de 145 barcos que utilizan o cerco como arte de pesca. Armadora do buque Cha Veiga, con sede en Panxn, desde pequena sempre tivo claro que a vivir “por e para o mar”, pero o camio non foi doado. “Este non deixa de ser un sector machista e foron moitas as veces nas que sentn que as mulleres temos que esforzarnos o dobre para colocar a nosa mensaxe”, explicou aos asistentes.

Desde o seu punto de vista as cousas foron cambiando pouco a pouco, pero non todo o necesario. “Somos mis visibles, pero se collemos unha imaxe de hai 20 anos, a xente que falaba por ns segue a ser a mesma, case todos homes”, salientou. Nesta lia, recalcou que “as mulleres xa pelexamos moito e xa é o momento de que a outra parte empece a ver as cousas doutra maneira. Ns xa nos facemos ver, pero iso non é suficiente”.

Raa, lder nacional das empresarias rurais

Pola súa banda, Isolina Raa, non s dirixe unha explotacin gran tamao, senn que é a principal cabeza visible da Asociacin de Empresarias Rurales, ASER, colectivo de empresarias que representan a ganderas de tamao grande e medio, as como a compaas da gran industria, pemes agrarias, comercio, formacin e outras actividades vinculadas a este sector. Exerceu durante anos como membro do consello reitor de Feiraco, ata a súa integracin en Clun (Cooperativas Lcteas Unidas) e conta cunha longa traxectoria como asesora a colectivos de profesionais da agricultura e a gandera en Latinoamérica.

“Sendo galega e produtora de leite a min gustariame transmitirvos que a fortaleza do sector lcteo galego é moi forte, est moi avanzado e producimos mis do 40% do leite que se produce en Espaa”, polo que, “o futuro do rural neste senso é moi esperanzador”. En referencia ao papel da muller, a mensaxe foi clara, “a vida pivota arredor de ns, no rural ou fra del, se queremos que a xente emprenda e se quede a vivir é fundamental que as mulleres sean pioneiras neste emprendemento”.

Novas iniciativas de Executivas de Galicia

Exerceu como moderadora da mesa Maricarmen Lpez, representante de Executivas de Galicia, quen fixo fincapé no compromiso desta asociacin coa visibilidade e o liderado feminino na economa, tamén a do sector primario, ao que ela estivo moi vinculada desde o seu nacemento. “Eu nacn nunha gandera pequena, meu pai era o socio 62 da cooperativa Melisanto, agora integrada en Clun, el a traballar co tractor e mia nai encargbase da gandera, de coidar ao av, a tres cativos... polo que esa foi tamén a mia orixe”.

Despois de 25 anos traballando en Telefnica, en Madrid, a empresa deulle a posibilidade de regresar a Galicia para pilotar o lanzamento do programa de apoio ao emprendemento Galicia Open Future, posto en marcha en colaboracin coa Xunta. Hoxe, desvinculada xa do traballo activo en Teléfonica, transmite toda a súa experiencia s novas xeracins a través de diferentes proxectos, entre elas a nova iniciativa ‘executivas junior’ que se presentar en vindeiras datas e que ser de grande axuda para as mozas que estn a piques de iniciar a súa traxectoria profesional.