DUVI

Diario da 鶹

Na Casa das Camps exhbense 80 traballos realizados para unha materia de técnicas grficas

Dúas exposicins reúnen as exploracins en torno pintura e o gravado do alumnado de Belas Artes

Catro estudantes presentan no espazo ‘O Abrigo’ unha serie de obras ligadas exploracin do espazo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Feiras e exposicins
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 18/04/2023

Preto de 80 gravados, realizados coas técnicas da augaforte e augatinta e que teen como eixe temtico o erotismo reúnense desde este martes na sala de exposicins da Casa das Camps. Trtase dunha mostra que reúne unha escolma dos traballos realizados polo alumnado do Grao en Belas Artes no marco da materia Técnicas grficas, que poder visitarse ata o vindeiro martes 25 e que non é ademais a única exposicin de creacins do alumnado da facultade estreada nas últimas horas. Na tarde deste luns, o espazo O Abrigo deste centro acolla a apertura da mostra (in)conexo, na que se presentan as creacins pictricas de tres estudantes e un egresado da facultade, todas elas conectadas, explican, en torno s ideas da “pintura como linguaxe” e a “exploracin do espazo”.

Catro reflexins sobre como os cadros condicionan o espazo

Despois de que as convocatorias abertas no presente curso para a adxudicacin da cafetara da facultade quedasen desertas, desde o Decanato de Belas Artes acometeuse o acondicionamento do espazo que ocupaba este servizo co propsito de destinalo temporalmente organizacin de exposicins e actividades por parte do alumnado. Naceu as O Abrigo, que este luns estreaba a súa quinta exposicin, promovida polos estudantes Lidia Amado, Manuel Balsas e Raúl Ordez e o egresado da facultade Andrés Urbieta. Ata o 28 de abril poder visitarse neste espazo (in)conexos, mostra na que buscan “xerar un dilogo a través da reunin das nosas obras”, xa que a pesar de que os seus traballos parten dunha “idea, un discurso e unha intencin distintas”, conflúen todas elas en torno “ exploracin do espazo”.

Como explica Balsas, a exposicin nace do interese destes catro artistas por reflexionar sobre como a propia obra “condiciona un espazo”. Nese senso, pese a que todos articulan os seus discursos “a través da pintura”, as súas obras van mis al da idea de cadro para valerse de obxectos non pictricos, de soportes creados con material atopado ou da “exploracin dos espazos pictricos”. Nese senso, a mostra presenta catro achegamentos distintos idea do espazo, desde o traballo con materiais atopados que Ordez realiza a partir do seu “imaxinario persoal e vivencias”, aos “espazos surrealistas e imaxinarios nos que habitan seres monstruosos e inconclusos" de Amado. A representacin do propio espazo, “xogando co real e a mmese”, é a base das creacins de Urbieta, mentres que Balsas, explica, traballa “co espazo pictrico entendéndoo como unha realidade abstracta que se desenvolve en materiais da realidade palpable”.

Un espazo de proxeccin para o alumnado

Coordinado polo colectivo de estudantes Refugallo, O Abrigo acolle ao longo do curso unha serie de exposicins promovidas polos propio alumnado. De feito, ata o pasado venres puido verse unha mostra de bocexos e cadernos, na que participaron doce estudantes. Ao igual que nas tres mostras que impulsadas previamente por Refugallo, tratbase dunha mostra na que se propua un eixe temtico para logo dar cabida a todas as obras presentadas. Desta volta, tratbase dunha exposicin de “cadernos de campo, bocexos bidimensionais e tridimensionais e intervencins nas paredes”, co propsito de afondar no propio “proceso creativo” do alumnado de Belas Artes. Non obstante, como destacan desde Refugallo, O Abrigo é un espazo aberto a que o estudantado promova tamén outra serie de actividades, como talleres ou coloquios. De feito, este grupo levou a cabo hai unhas semanas un taller de elaboracin de selos con linleo a través do gravado, que prevén realizar de novo no presente curso.

Preto de 80 gravados na Casa das Camps

Ata o vindeiro martes poder visitarse na sede da Vicerreitora unha mostra que reúne os gravados realizados por preto de 80 alumnos e alumnas da materia Técnicas grficas, do segundo curso do grao. Como explica a estudante Xulia Arias, que se encargou de articular esta mostra xunto con Patricia Tboas e Iigo Barreiro, a exposicin ten como punto de partida os traballos realizados para unha materia impartida polo profesor Manuel Dimas, quen propua ao alumnado realizar con diferentes técnicas unha serie de gravados que tiveran como motivo temtico o erotismo. En torno a esta idea, a mostra reúne unha serie de gravados de pequenas dimensins, realizados con diferentes técnicas, que se presentan agrupados nunha serie de paneis. “Os dous últimos traballos da materia eran realizar un gravado en augaforte e outro en augatinta do mesmo debuxo, polo que escollemos o que para ns era o mellor, tanto técnica como visualmente”, explica Arias, que recoece o “interesante” da proposta de Dimas de levar esta serie de pezas fra das aulas, “xa que a organizacin de exposicins é un tema que sempre me interesou”.