DUVI

Diario da 鶹

Distintivo igualdade

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • Reitor
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 05/10/2021

No mes de abril, a 鶹 convertase na primeira de Espaa en poer en marcha un distintivo co que recoecer as escolas e facultades mis igualitarias. Agora, a Facultade de Filoloxa e Traducin convértese na primeira do Estado en lucir este selo, ao ser o centro mellor valorado dos once presentados primeira convocatoria do Distintivo de Igualdade da 鶹. Este martes, a súa vicedecana de Calidade, Mara Seijas, foi a encargada de recibir de mans do reitor, Manuel Reigosa, este selo que distingue FFF como un exemplo de esforzo e traballo a prol da igualdade.

No acto, que estivo amenizado pola poeta e exalumna de Filoloxa e Traducin Nuria Vil, o reitor deu as grazas a todos os centros que participaron nunha iniciativa que considera “unha chispa de luz en medio da escuridade que estamos a vivir”. E é que como salientaba Reigosa, “falamos de igualdade e de respecto pero non vexo que nos esteamos achegando demasiado a este obxectivo” polo que “iniciativas como as da FFT, traballando pasenio pero arreo” son claves para seguir loitando por unha sociedade “mis xusta e igualitaria”. O reitor trasladou tamén as felicitacins ao resto dos centros participantes e directora da Unidade de Igualdade por unha “moi boa iniciativa” que contribúe a seguir loitando por “ser de verdade unha universidade igualitaria”.

A vicedecana da FFT, no seu nome e no da comisin que traballou na elaboracin da candidatura, quixo expresar “canta é a nosa ledicia e orgullo” por recibir esta distincin que é froito “do traballo constante e esforzo diario que se vén desenvolvendo nos últimos anos”. Seijas puxo como exemplo, entre outras iniciativa, as guas docentes que tratan da igualdade de xénero, as lias e proxectos de investigacin, contribucins a congresos, seminarios, xornadas, informes e publicacins con perspectiva de xénero, o traballo das persoas expertas neste eido ou uso de linguaxe inclusiva. Ademais, quixo por o foco na coincidencia deste acto coa celebracin do Da Mundial da Docente e do Docente, xa que “un dos nosos fins é formar docentes responsables coa igualdade, unha igualdade pola que seguiremos loitando sen acougo para continuar sendo un centro de referencia na 鶹 e na universidade galega”.

Unha proposta pioneira no sistema universitario espaol

Na súa intervencin, a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gmez, lembrou que a finalidade desta proposta pioneira no sistema universitario espaol é “visibilizar e recoecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que da a da, na 鶹, loitan por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coecemento cientfico incorporando a mirada de xénero e feminista”. Trasladou os parabéns a Filoloxa e Traducin por un “recoecemento a toda a tradicin e traxectoria histrica dunha facultade que sempre foi pioneira na promocin das polticas de igualdade, na formacin e na investigacin con perspectiva de xénero, etc.”. Ademais, Gmez fixo un balance “moi positivo” desta primeira edicin, “porque as once candidaturas presentaron moitas actividades e amosaron moito compromiso coa igualdade” e agarda que estas propostas sirvan “como estmulo para seguir traballando nesta senda”.

Tamén tomou parte no acto, en modalidade virtual, Mª José Rodrguez Jaume, membro da Comisin Avaliadora, que forma parte do Instituto Universitario de Investigacin de Estudios de Género (IUIEG). A experta fixo fincapé na calidade das candidaturas presentadas e puxo en valor a importancia desta iniciativa “única e singular”. Considera que traballar pola igualdade dende a contorna universitaria “é un desafo ineludible dado que, a pesar do enorme traballo desenvolvido nos últimos anos, nas universidades anda atopamos estruturas desiguais e unha cultura de traballo que limita as opcins de promocin das mulleres na academia e reduce a calidade das respostas cientficas que ofrecemos aos retos sociais actuais”. Neste contexto, valora moi positivamente as 11 propostas presentadas, que “deixan ao descuberto o enorme traballo coral” realizado tanto polos equipos de direccin como polo profesorado, o PAS e mesmo o alumnado. Son, en resumo, “polticas de igualdade innovadoras, creativas, rigorosas e desafiantes ao status quo”.

Gua de Boas Prcticas

O éxito de participacin na primeira convocatoria fixo que dende a Unidade de Igualdade se quixese aproveitar todo o coecemento e experiencia xerado polos 11 centros candidatos a través dunha Gua de Boas Prcticas, un manual que recolle algunhas accins postas en marcha polas escolas e facultades que supoen unha "inspiracin para toda a comunidade universitaria, para que todos rememos xuntos e xunta para conseguir unha constelacin, unha va lctea de diferentes distintivos na nosa Universidade". Entre as accins que se recollen esta gua est, por exemplo, a incorporacin da perspectiva de xénero no sistema de planificacin de recursos do PDI; a introducin dos estudos de xénero e da perspectiva de xénero nas lias de investigacin e transferencia; a realizacin de procesos de seleccin do persoal investigador con perspectiva de xénero con medidas como a correccin das penalizacins por embarazo e por maternidade; a captacin de estudantado con perspectiva de xénero ou a eleccin da autora feminina como primeira sinatura nos artigos. Outras accins destacadas son a seleccin paritaria de conferenciantes en congresos e en seminarios, a proposicin de mulleres honoris causa ou a seleccin horaria de docencia para apoiar o PDI con necesidades de conciliacin.

Nova convocatoria mis ampla

Tras esta edicin piloto, a Unidade de Igualdade lanzou o pasado mes a segunda convocatoria do Distintivo de Igualdade con cambios substancias respecto da primeira. O obxectivo é abrir as bases a mis escolas, facultades e centros de investigacin, polo que o selo non o recibir un s centro, senn todos aqueles que acaden unha puntuacin igual ou maior de 80 puntos. Ademais, esta nova convocatoria “matiza certas variables que na convocatoria piloto penalizaban as titulacins STEM”, explica Gmez. Outra das novidades ser que o comité avaliador estar formado por representantes de cada un dos eidos do coecemento. O distintivo consiste nunha insignia e nunha achega econmica de 3000€ para desenvolver polticas de promocin da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. O prazo de presentacin de candidaturas para esta segunda convocatoria rematar o 15 de decembro.