DUVI

Diario da 鶹

Recibir a distincin o 28 de febreiro en Mondoedo, coincidindo co cabodano do seu 40 pasamento

Distinguen profesora e investigadora Rexina Vega como Cunqueiriana de Honra 2021

“Despois de toda unha vida dedicada a pescudar na obra deste autor, sinto unha enorme gratitude”

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
DUVI 01/02/2021

A súa fascinacin por Álvaro Cunqueiro chegoulle a Rexina Vega, escritora e profesora do Departamento de Lingua Espaola da 鶹, na adolescencia, cando estudaba o bacharelato e, dende entn, dedicou boa parte da súa carreira como investigadora a afondar na obra deste autor. Todo este labor converteuna nunha reputada especialista na vida e obra do artista e fxoa merecente de ser designada Cunqueiriana de Honra de 2021, nomeamento que foi decidido pola comisin delegada a tal efecto polo Concello de Mondoedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro nunha reunin telemtica que tivo lugar esta fin de semana.

“Despois de toda unha vida dedicada a pescudar na obra deste autor, sinto unha enorme gratitude por recibir esta distincin”, explicaba este luns a docente, quen tamén fixo fincapé en que esta homenaxe é, sobre todo, “unha grande oportunidade para revitalizar a obra deste autor, un dos grandes activos que temos na nosa literatura”. Desde o seu punto de vista, nesta ocasin tocoulle a ela, pero podera ter sido calquera dos seus compaeiros, “vai por min e por todos eles, xa que hai unha presadia de estudosos cunqueirianos que levamos toda a vida estudando a obra deste autor, media ducia de investigadores, algún deles compaeiros meus nesta universidade”.

30 anos de pescudas sobre o autor mindoniense

Entre os sobresantes méritos intelectuais que Rexina Vega atesoura como estudosa e investigadora da obra de Álvaro Cunqueiro, a comisin quixo destacar o gran número de publicacins que desde fai 30 anos a ensasta viguesa deu a coecer en torno vida e obra do autor mindoniense. As, referiu ttulos coma a súa gua de lectura sobre Os outros feirantes (1992), a monografa Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreacin (1997), o volume de ensaios Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas (2003) ou o libro audiofotobiogrfico Álvaro Cunqueiro. Fotobiografa sonora (2009). Tamén puxo en valor a súa tese de doutoramento Bilingüismo e autotraducin en Álvaro Cunqueiro(2000) defendida na Universidad Autnoma de Barcelona.

Ademais destes volumes, a comisin destacou os moitos artigos publicados por Rexina Vega sobre o mundo cunqueiriano nas mis prestixiosas revistas galegas, estatais e internacionais, as coma as numerosas conferencias, entrevistas e colaboracins sobre Cunqueiro que levou a cabo ao longo de tres décadas de investigacin. Por todos estes motivos, a comisin congratulouse pola súa designacin como Cunqueiriana de Honra e quixo transmitir as súas felicitacins distinguida, ao tempo que manifestou a súa satisfaccin pola alta calidade das diferentes candidaturas presentadas.

"Como os grandes clsicos, Cunqueiro nunca acaba de dicir o que ten que dicir”

A distincin que a acredita como Cunqueiriana de Honra entregarselle a Rexina Vega en Mondoedo o prximo 28 de febreiro, data do 40 aniversario do falecemento do autor. Est previsto que en tal xornada a distinguida encabece, acompaada de diversas autoridades locais e provinciais, a tradicional ofrenda floral ante a tumba do autor e que abra o maratn de lectura da súa obra. Tras a recepcin da distincin (que inclúe figura conmemorativa e diploma acreditativo), Rexina Vega pronunciar unhas palabras de agradecemento, que irn precedidas da laudatio coa que a presentar, en nome da comisin, Armando Requeixo, coordinador de Actividades e Publicacins da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.

A poucas semanas destas celebracins, Vega fixo tamén fincapé na necesidade de honrar a Cunqueiro e conseguir que este autor estea mis presente na vida das galegas e galegos. “Hai que ler mis a Cunqueiro e non me refiro ao Cunqueiro mis anecdtico, por dicilo de algún xeito, autor de textos como Merln e familia ou Xente de aqu e acol, a súa obra vai moito mis al e, en moitas ocasins, é moi difcil de ler e proxecta un tipo de literatura que pon en cuestin os modos de representacin”, salienta a investigadora, ao que engadiu que “estamos continuamente vendo como saen luz textos, traducins marabillosas, artigos de prensa que non se coecan… como os grandes clsicos, Cunqueiro nunca acaba de dicir o que ten que dicir”.

dz

Formaron parte da comisin avaliadora que outorgou a distincin: César Cunqueiro, fillo do escritor, que asistiu va telefnica; Alberto Garca, concelleiro de Cultura de Mondoedo; Vctor F. Freixanes, Cunqueiriano de Honra na convocatoria do pasado ano e presidente da Real Academia Galega; Antonio Reigosa, cronista de Mondoedo; Miguel Somovilla, xornalista e estudoso da obra de Cunqueiro; Abel Vigo, técnico de Cultura do Concello de Mondoedo, e Armando Requeixo, coordinador de Actividades e Publicacins da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.