DUVI

Diario da 鶹

Ata o 6 de decembro no Museo do Mar de Galicia

Dez propostas artsticas reflexionan sobre a identidade das mulleres galegas

Promovida pola Xunta de Galicia e comisariada pola profesora Ana Seoane e a artista Neves Seara

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Igualdade
  • Lingua Galega
  • Cultura
Rebeca Lpez Villar DUVI 25/11/2020

O Museo do Mar de Galicia acolle ata o vindeiro 6 de decembro a mostra Identidades latentes, comisariada pola profesora do Departamento de Debuxo Ana Seoane e a artista Neves Seara, e coa participacin de nove creadoras vinculadas 鶹: Bibi Martn, Teresa Búa, Melania Freire, Mar Ramn, Silvia Garca, Rebeca Lar, Itziar Ezquieta, Lisi Gonzlez e Anubis Muoz.

Identidades latentes suma, coa de Seara, dez obras que amosan como a tradicin sociocultural influencia a producin contempornea e viceversa. A exposicin presenta instalacins, pinturas, esculturas e fotografas baseadas na procura das identidades feministas, culturais, de xénero, sociais...  

“Un abano de formas de traballar”

Mar Ramn, estudante de doutoramento da Facultade de Belas Artes, explica que se trata dunha exposicin que “deixa espazos para diferentes visins dunha temtica” e, neste senso, afirma que hai un “amplo abano de formas de traballar a problemtica da identidade”. Asegura que é interesante observar como, “anda sendo socializadas dunha maneira parecida polo feito de ser mulleres e galegas, as nosas miradas cara o exterior son tan diverxentes”.

Para a profesora Itziar Ezquieta, do Departamento de Didcticas Especiais, o proxecto ideado por Seoane e Seara supn un reencontro consigo mesma e coa súa producin despois dun tempo no que deixara abandonada a prctica no taller. Considera ademais que a súa obra, formada por siluetas e sombras de figuras fragmentadas, encaixa moi ben coa proposta expositiva, xa que o seu fo condutor é “a procura constante de significados sobre a subxectividade, a vida e os porqués do estar e do ser”.  

Segundo Silvia Garca, docente do Grao en Belas Artes, Identidades latentes permite “dialogar coas pezas doutras mulleres e ofrecer un retrato coral onde se plasma a nosa identidade como artistas en permanente construcin”. A súa proposta, relativa memoria dos oficios e da intimidade, conta con dúas partes: un colaxe con fotografas antigas de mulleres e unha cadeira construda con roupa branca trenzada, procedemento que enlaza cos labores femininos e co traballo da súa nai, que era atadeira.

Entre as creacins presentes na sala de exposicins temporais do Museo do Mar aparecen puntos comúns, cuestin evidente no caso de Silvia Garca e Itziar Ezquieta, que xogan cos conceptos da memoria, da intimidade, do recordo e do esquecemento. Doutra banda, as fotografas e a escultura que expn Mar Ramn constitúen enlaces ou conversacins entre os obxectos domésticos e os corpos.    

Poer en valor a lingua e a identidade galega

Co patrocinio da 𳦰ٲ Xeral de Poltica Lingüstica e o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, Ana Seoane e Neves Seara apostaron nesta mostra polo emprego da lingua galega en todos os textos relacionados co proxecto, xa que, segundo argumentan, “no mbito das Belas Artes o galego presenta un uso moi baixo, tanto nas facultades como na maiora das artistas consagradas”.

Son varias as creacins que abordan a identidade galega desde perspectivas autobiogrficas e antropolxicas. A egresada Melania Freire establece un paralelismo entre o traspaso xeracional ou familiar e o uso do pano tradicional, unha prenda feminina que, como no caso dos mandilns empregados por Rebeca Lar, homenaxea cultura popular, “s nosas amigas, irms, nais e avoas”.

Unha das propostas co gallo do 25N

A perspectiva de xénero caracteriza a maiora dos traballos das creadoras de Identidades latentes. Nun acto que inaugurou as actividades propostas pola Xunta de Galicia arredor do 25N, Da Internacional para a Eliminacin da Violencia contra a Muller, Marta Lucio, directora do Museo do Mar, Valentn Garca, secretario xeral de Poltica Lingüstica, e Marta Fernndez-Tapias, delegada territorial da Xunta en Vigo, salientaban a importancia de apoiar este tipo de proxectos. A artista Mar Ramn tamén sinala a pertinencia dos actos culturais reivindicativos nestas datas e destaca que “moitas das obras falan da violencia contra a muller en maior ou menor medida”.  

Identidades latentes forma parte da programacin do Museo do Mar de Galicia co gallo do 25N, na que tamén haber teatro, coa representacin de Soa, e cine, coa proxeccin do filme documental Saberes de muller.