A Vicerreitora do campus acolleu a celebracin do Foro Universo Mujer
O deporte feminino reivindica os seus éxitos e reclama visibilidade
Deportistas, profesoras e xornalistas protagonizaron tres mesas de debate
No conxunto de Espaa, onde s tres das 66 federacins deportivas estn presididas por mulleres,o número de licencias deportivas masculinas triplica practicamente ao das femininas, a pesares de que o número de medallas obtido por mulleres en competicins internacionais é practicamente o dobre que o acadado polos homes.Estas foron algunhas das cifras que este venres puxeron sobre a mesa as participantes no Foro Universo Mujer, un evento dirixido a pr en valor o papel das mulleres deportistas e reivindicar unha maior visibilidade para o deporte feminino. Inserido nas actividades do , que esta fin de semana promoven en Pontevedra, o Consejo Superior de Deportes e a Fundacin Deporte Joven, o foro promovido xunto coa Vicerreitora do campus, o Concello de Pontevedra e a Deputacin Provincial reuniu en tres mesas de debate deportistas como as olmpicas Teresa Portela e Sara Hurtado, xornalistas, adestradoras e investigadoras da 鶹.
“Este evento non fala s de deporte, vai mis al, estamos a falar de valores como a igualdade e a xustiza”, salientou na súa inauguracin o vicerreitor do campus, Jorge Soto, que recalcou a necesidade de “visiblizar o papel da muller no conxunto da sociedade”. Nese mesmo aspecto incidiu taméno tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernndez, que subliou que a situacin da muller na sociedade actual “segue sendo de clara discriminacin”. Conducidopola xornalista Cristina Gallo, na apertura do foro interviron taména deputada provincial de Igualdade, Vicky Alonso, que reclamou “poder participar en todos os planos da sociedade, igual que os homes”, e a representante do departamento de patrocinios de Iberdrola Noelia Florn.
Unha carreira de obstculos
Este era o ttulo da primeira mesa do foro, moderada pola xornalista de Onda Cero Susana Pedreira e na que participaron a patinadora Sara Hurtado, a ex-atleta eprofesora da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Mara José Martnez Patio, a adestradora do Centro Galego de Tecnificacin Deportiva Luisa Domnguez e a presidenta da asociacin Mulleres Deportistas Galegas (Mudega), Mercé Barrientos. “Existe unha situacin obvia de desigualdade”, denunciou esta última, que salientou que se ben as mulleres si estn acadando importantes logros deportivos, “alguén est facendo as cousas moi por debaixo das súas posibilidades”, hora de contribur ao seu “recoecemento e eliminacin de estereotipos”, lembrando nese senso un estudo de Mudega que situaba por debaixo de 3% a presenza de mulleres deportistas nos medios de comunicacin no ano 2009. Martnez Patio, pola súa banda, defendeu que “non é tempo de lamentarnos senn de propor solucins”, o que implicatratar de “estar no lugar onde se toman as decisins”, relatando nese senso a súa experiencia como asesora do Comité Olmpico Internacional. Domnguez, pola súa banda, recoeceu que “algo xa se avanzou e hoxe somos mis visibles, pero anda queda moito por percorrer, non s no deporte senn en todos os mbitos”.
“Cando o descoecemento desaparece é cando comezan a cambiar as cousas”, engadiu Sara Hurtado, que xunto a Adri Daz, conformou a primeira parella espaola de baile sobre xeo en lograr a clasificacin paraos Xogos Olmpicos de Inverno. Sete veces campioa de Espaa, Hurtado defendeuo deporte como "un gran motor de cambio” eincidiu na necesidade de que nenos e nenas “tean referentes aos que queiran semellarse” e lles incentiven prctica do deporte, “que pode axudarlles adesenvolverse como persoas”. A patinadora lembrou tamén en que o baile sobre xeo, "practicamente descoecidoen Espaa"é unha disciplina na que home e muller compiten conxuntamente e que nese senso “representa a igualdade”. Non obstante,Hurtado incidiu tamén enque, fra do propio deporte en si, existen unha serie de “prexuzos instalados na sociedade” que fan que, ante o feito de que o resultado final dependa da avaliacin dun xurado, as deportistas si tean en contaa existencia “de estereotipos instalados na sociedade”, e asociados por exemplo imaxe, “que os homes non teen que ter tanto en conta”.
Deporte, saúde e medios de comunicacin
A segunda das mesas, moderada pola xornalista do Diario de PontevedraMara Varela, tivo como eixos o deporte e a saúde e reuniu cinco veces participante nuns Xogos Olmpicos Teresa Portela, porteira do Poio Pescamar e da seleccin espaola de fútbol sala Silvia Aguete, ex-iudoca e enfermeira Sabela Delegado e profesora da Facultade de Fisioterapia Iris Machado. Este coloquio permitiu pr de relevo a importancia de que “as mulleres, de todas as idades, practiquen actividade fsica, mis al do alto rendemento, polos seus beneficios para a saúde e a autoestima”, como salienta Portela. A piragüista incidiu ademais na importancia de outorgar visibilidade s e aos deportistas, coa idea de que poidan servir como referencias infancia, en especial naquelas disciplinas que poidan considerarse “masculinas ou femininas”, xa que eses prexuzos “poden supr ao mellor unha barreira para que sigan desenvolvendo unha actividade”.
Ademais de para pr sobre a mesa aspectos como o que a maternidade pode supor para unha deportista, esta mesa serviu tamén para afondar nas dificultades que en moitas ocasins as deportistas de alto nivel teen para compaxinar esta prctica coas súas ocupacins laborais. Ese é o caso, por exemplo, do fútbol sala feminino, como lembrou Aguete, que destacou como se ben “no Poio Pescamar temos contratos profesionais e si hai xogadoras que poden vivir disto”, tamén existen neste “moitas xogadoras que ao mellor teen que privarse de ir s concentracins da seleccins espaola, porque non poden permitirse pedir das nos seu traballos”.
Por último, o foro completouse cunha mesa sobre a presenza da muller na informacin deportiva, moderada por Ana Lpez, do Faro de Vigo,e que contou coas intervencins das tamén xornalistas Paula Montes e Cristina Gallo, as como da profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da dzܲԾ Ana Belén Fernndez Souto e da presidenta do Club Baloncesto Arxil, Milagros Sanmartn.
