A FFT acoller a vindeira semana a presentacin de novos materiais sobre o autor
Cunqueiro, mis vivo ca nunca na celebracin do seu 40 cabodano
Un libro, un documental, musicacin de poemas e charlas homenaxearn o escritor
O vindeiro domingo 28 de febreiro cumpriranse 40 anos do pasamento de Álvaro Cunqueiro, “o mellor fabulador das literaturas ibéricas do século XX”, segundo Xosé Henrique Costas Gonzlez, catedrtico do Departamento de Filoloxa Galega e Latina da 鶹, cuxa Facultade de Filoloxa e Traducin acoller entre os das 2 ao 5 de marzo unha serie de . Se ben, o narrador, poeta e xornalista finou hai catro décadas, o traballo de persoas que estudan a súa obra, segue a dar froitos, sacando periodicamente luz obras inéditas do autor mindoniense. “Cando Cunqueiro morreu deixou publicados en libro 113 poemas en galego, hoxe temos 400, pois recuperamos poemas de cartas, arquivos persoais, revistas etc. E seguen aparecendo cousas, é un pozo sen fondo sempre a rebordar de auga fresca e limpa”, detalla Costas, que, pola contra, lamenta o inxusto e inexplicable esquecemento que Cunqueiro sofre no panorama da literatura en casteln, “cando as súas novelas nesa lingua son dificilmente superables”.
Precisamente, o recoecemento e a lembranza do escritor nunha data redonda e a presentacin de novos materiais que se van descubrindo da súa obra, son os eixos centrais da homenaxe que Costas, xunto co tamén docente e investigador Manuel Forcadela, o equipo decanal e a direccin do Departamento de Filoloxa Galega e Latina da facultade, organizou entre os das 2 e 5 de marzo e que ser retransmitido en directo a través de 鶹TV. As, un ciclo de charlas, un concurso de citas da obra de Cunqueiro, a presentacin dun libro e a estrea, por unha banda, dun documental sobre a súa obra e, doutra, da musicacin de dous dos seus poemas, convertern a vindeira semana FFT nun dos epicentros das celebracins do 40 cabodano do autor de mis de 20.000 artigos en medio cento de xornais e revistas e obras como Si o vello Sinbad volvese s illas, Herba aqu e acol, El ao del cometa ou O incerto seor D. Hamlet.
Oito charlas, un documental, un libro e a estrea da musicacin de dous poemas
Entre o martes e o venres da vindeira semana sucederanse desde o medioda oito charlas, nas que poentes como Xosé Luis Méndez Ferrn, Xina Vega, Xosé M. Álvarez Cccamo, Miguel Somovilla, Armando Requeixo ou César Morn, achegarn diferentes visins da poliédrica obra de Cunqueiro, abranguendo desde a pseudonimia e alofona fantstica, o xornalismo na súa obra literaria, a actualidade da súa producin ou o seu labor como tradutor e anosador. O martes, da de inicio das actividades, e logo da inauguracin do ciclo, e o relatorio de Méndez Ferrn, titulado Cunqueiro na literatura galega, ter lugar a estrea en Europa da musicacin de dous poemas do autor, a cargo do coro Gli Appassionati. “Nos anos 1940 un compositor vigués, Francisco Rey Ramos, musicou para piano e voz dous poemas de Cunqueiro, ‘Anda a noivar’ e ‘Tia soo de cristais’, poemas 7 e 13 de Cantiga nova que se chama riveira (1933). Estas composicins viaxaron a Bos Aires, onde a compositora siberiana Angelina Shabalina Vaslieva, directora da coral do Centro Galego Noia-Rianxo, fixo uns arranxos para coro a tres e catro voces e estreronse en Bos Aires polo anos 1960”, relata o catedrtico, en relacin coas pezas musicais que agora volven a Galicia desde a emigracin bonaerense para seren interpretadas polo coro Gli Appassionati por primeira vez en Europa.
Ese primeiro da de actos en lembranza de Cunqueiro, e logo da interpretacin musical, estrearase o documental que sobre a obra do escritor mindoniense realizou Manuel Forcadela, unha versin reducida e mellorade a actualizada do documental que fixera o docente e investigador co seu alumnado no ano 2011. Ao da seguinte, mércores 3 de marzo, e logo de dúas charlas s que seguir un debate, ter lugar a presentacin do libro Escolma de poesa anosada de A.C. co adaxo do seu cuadraxésimo cabodano, a cargo do autor da antoloxa, Xosé Henrique Costas, e do director do Servizo de Publicacin da 鶹, Jorge Luis Bueno. Sobre a seleccin de poemas que integran este volume, Costas explica que son 50 pezas, traducidas por Cunqueiro de 42 autores suecos, romaneses, hebreos, polacos, holandeses, italianos, franceses, norteamericanos, etc. “O problema é que ningún deses 42 poetas traducidos existe nin existiu nunca. Sern orixinais de Cunqueiro? Probablemente”, sinala o catedrtico da 鶹, que se refire ao escritor como “un autor ecuménico que concita todas as admiracins. As súas obras son eternas e as sorpresas que nos segue a dar fan que estea sempre de actualidade”.
Concurso Concita Cunqueiro
As actividades programadas na FFT co gallo do 40 cabodano de Cunqueiro complétanse coa convocatoria do concurso Concita Cunqueiro, destinado a persoas de entre 15 e 30 anos, que debern presentar, ata o 15 de marzo, unha cita de calquera obra poética, narrativa, teatral ou xornalstica da obra de Álvaro Cunqueiro, cunha extensin mxima de tres lias en prosa e sete versos en poesa, premindose as tres mellores con galardns de 300, 200 e 100 euros.
A organizacin dos actos de homenaxe ao autor mindoniense, aproveitando que as actividades sern retransmitidas en directo, anima a participar nas diferentes actividades programadas, mis al do alumnado da FFT, ao estudantado doutras universidades, dos lectorados galegos no estranxeiro, centros culturais galegos no mundo, alumnado de institutos etc. “Cunqueiro, de seu, xa xustifica a existencia dunha literatura galega de altsima calidade. Xa quixeran outras linguas ter un Ferrn e un Cunqueiro como temos ns. Somos privilexiados”, afirma Costas.
