DUVI

Diario da 鶹

En memoria do mestre fundador da Escola de Dereito Industrial de Galicia Carlos Fernndez-Nvoa

Un congreso internacional trae a Vigo o debate sobre temas de propiedade industrial e intelectual na era da Intelixencia Artificial

A esta cita seguiralle o mércores un novo encontro sobre innovacin docente no mbito do Dereito

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Աپ
D. Besado DUVI 23/10/2023

A Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo acolle este luns e martes a cuarta edicin do, organizado en memoria do mestre fundador da Escola de Dereito Industrial de Galicia, e que nestas catro edicins se ten convertido en foro de referencia nacional das académicas e académicos que se dedican en Espaa propiedade industrial e da competencia. Nesta ocasin, desenvlvese baixo o lema ‘novas tendencias’, novidades que veen da man da nova economa e da Intelixencia Artificial con todos os retos que isto trae consigo no que se refire aos dereitos de autor, competencia desleal, propiedade intelectual…

A apertura do encontro contou coa participacin do director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, José Tronchoni, quen remarcou a idea de que este evento se esta a consolidar como principal encontro nacional dedicado ao Dereito da competencia, “un tema non menor se temos en conta todas as novidades que traen consigo as novas tecnoloxas”. Xunto a el, participaron na inauguracin, o decano da facultade, Francisco Torres, e, en nome da familia do homenaxeado, o seu sobrio Luis Fernndez-Nvoa, socio director da oficina de Hoying Rokh Monegier en Madrid, un dos despachos de avogados que patrocinan este evento; e os catedrticos Anxo Tato e Julio Costas, directores do congreso. “Estamos nun evento de primeiro nivel no mbito da propiedade industrial”, explicou o decano, Francisco Torres, docente da Área de Dereito Mercantil, organizadora da xuntanza. Pola súa banda, as primeiras palabras de Anxo Tato foron en memoria de Carlos Fernndez-Nvoa, “por todo o que nos deu e pola súa enorme xenerosidade no seu maxisterio”, e na mesma lia se pronunciou o representante da familia, quen agradeceu a organizacin dun evento “que honra a memoria do meu to”.

A través de diferentes paneis, relatorios e mesas redondas, o congreso ofrece un foro de discusin sobre múltiples temas de propiedade industrial e competencia, sobre todo, enfocados a como afectan as novas tecnoloxas ao mercado. Entre outras cuestins, ao longo destes dous das falarase, por exemplo, sobre si a Intelixencia Artificial pode considerarse autora ou sobre si a relacin coas boas prcticas da ecoloxa lles est servindo a algunhas empresas para branquear a súa imaxe.

II Congreso internacional de innovacin docente

Organizado tamén desde a Área de Dereito Mercantil, en colaboracin coa de Dereito Internacional Privado, o mércores arrancar en Vigo unha nova cita internacional, neste caso falamos do . Ser no edificio de sesins da Autoridade Portuaria -Peirao de Trasatlnticos- e nesta ocasin o eixe do debate sern os retos que se atopan os docentes hora de ensinar Dereito, especialmente tendo en conta que o uso das tecnoloxas é un arma de dobre fo, que as materias -desde o Plan Boloa- son unicamente cuadrimestrais, etc. “A primeira edicin funcionou moi ben porque se presentaron ferramentas como os podcast, probas similares a concursos, xogos de rol co alumnado...”, explican desde a organizacin. Falarase da ensinanza do Dereito en Europa, nos Estados Unidos e en Hispanoamérica, do emprego de xuzos simulados como ferramenta innovadora, da integracin dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no ensino do Dereito do Traballo ou, da obrigada adaptacin das materias universitarias dixitalizacin.