DUVI

Diario da 鶹

Este xoves mantiveron unha xuntanza para avaliar o traballo desenvolvido ao longo deste ano 2022

O Comité de Sabias da Ctedra de Feminismos 4.0 publicar unha revista cientfica para analizar como afecta a dixitalizacin de todas as esferas da vida

Tamén se publicarn traballos de creadoras dixitais para reflexionar sobrea misoxinia dixital

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI 01/12/2022

O Comité de Sabias da , impulsada pola 鶹 e a Deputacin de Pontevedra, reuniuse este xoves para facer balance do traballo realizado ao longo do 2022 e tamén para perfilar novas estratexias e propostas de cara ao vindeiro ano. Creada en 2021, esta comisin est composta por 15 sabias, todas elas mulleres referentes nos seus respectivos eidos profesionais, dende enxeeiras de telecomunicacin, mecnica ou informtica ata expertas en fsica e intelixencia artificial ou filsofas, matemticas ou fillogas.

A directora da Unidade de Igualdade da 鶹, Águeda Gmez, foi a encargada de abrir o acto e, tras saudar s asistentes, agradeceulles o seu “valioso labor” que se centra en dous obxectivos fundamentais: por unha banda, identificar os retos da sociedade dixital para que as mulleres accedan a ela en condicins dignas e igualitarias e, por outra, definir as accins que deben impulsarse para conseguir a igualdade real e efectiva de mulleres e homes no universo dixital. Gmez foi a encargada de repasar todas as actividades realizadas ao longo do 2022 e que demostran, recalca, “que a ctedra segue sendo ese espazo de reflexin feminista sobre a nova sociedade dixital”. Xunto con ela, participou no acto de apertura da xuntanza a profesora da 鶹 e deputada de Novas Tecnoloxas e Desenvolvemento Empresarial, Ana Mejas, que trasladou o apoio incondicional da Deputacin de Pontevedra, desexando que a colaboracin entre ambas institucins a través da ctedra sexa “frutfera e longa”. Destacou que “para unha universidade, que ten que ser un exemplo de avance, de progreso e de coecemento, contar cunha ctedra coma esta e ter este comité de sabias, é unha honra, un orgullo e unha satisfaccin”.

Novas iniciativas para 2023

Nesta xuntanza, as sabias avaliaron o traballo desenvolvido durante este ano ao abeiro da ctedra, como o IV Workshop Hackeando o Patriarcado, os proxectos de investigacin, os Premios GirlGeekCovid, o Observatorio Stop Machitroles ou a presentacin dos vdeos sobre a representatividade e re-presentacin das mulleres no audiovisual galego, etc. Ademais, tamén avanzaron en diversas propostas para poer en marcha o vindeiro ano, sendo unha das mis novidosas a creacin dunha revista cientfica vinculada Ctedra de Feminismos, que levar por nome Gender on Digital. Journal of Digital Feminism e ter periodicidade anual. Con esta publicacin preténdese construr un espazo de reflexin cientfica crtica arredor das transformacins da sociedade en relacin coa irrupcin das novas tecnoloxas da comunicacin e da dixitalizacin de todas as esferas da vida, pois anda que o espazo virtual xa leva mis dunha década formando parte do da a da da cidadana, a pandemia provocou nos últimos dous anos un aumento do seu impacto.

Por outra banda, tamén se acordou dar continuidade ao debate sobre a creacin de contidos feministas nas redes iniciado este ano. A idea é coecer mis sobre a feminisfera en construcin a través de mulleres creadoras de contido (streamers, youtubers, influencers, foros, gamers, artistas dixitais, etc.) para as identificar, visibilizar, tecer redes e reflexionar sobre a misoxinia dixital moi presente nas Big Tech. Estas mulleres, pese s violencias dixitais machistas que reciben, s resistencias dos usuarios anti-mulleres en certos espazos do ecosistema dixital e “represin” que sofren por parte de internet, conseguen construr espazos de reflexin, humor e creacin feminista moi interesantes, sementando as a esperanza de que outro mundo dixital é posible.

Arredor desta proposta tratarase de xerar unha rede de creadoras e de organizar algún encontro ou mesa redonda e mesmo publicar os traballos que realizan nas redes sociais, xa que os medios tradicionais son unha forma eficaz de chegar ao público afastado das social media que tamén debe ser partcipe, como o público non adolescente ou todas as persoas afectadas pola fenda dixital.