DUVI

Diario da 鶹

Segundo un proxecto do grupo de investigacin HealthyFit e a Cruz Vermella de Lugo

A combinacin de realidade virtual e actividade fsica mellora a capacidade funcional de persoas con dano cerebral adquirido

Os resultados recllense nun artigo na revista ‘Journal Electronics’

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • ú
  • Աپ
DUVI Pontevedra 07/04/2025

Responsables do grupo de investigacin HealthFit da 鶹 e da Cruz Vermella en Lugo presentaron este luns os resultados do proxecto TEVI-DCA, unha iniciativa pioneira que combinaba a realidade virtual inmersiva e a actividade fsica co obxectivo de mellorar as terapias fsico-cognitivas en persoas con dano cerebral adquirido. Desenvolvido no Centro de Parlise e Dano Cerebral de Cruz Vermella en Castro, Ribeiras de Lea, os resultados deste proxecto recllense nun artigo na revista cientfica , no que os investigadores sinalan as melloras acadadas a través deste programa en mbitos como a capacidade funcional ou a calidade de vida das e dos participantes.

Como explicaron os representantes deste grupo de investigacin integrado no Instituto de Աپ Sanitaria Galicia Sur, o estudo do que fai balance esta publicacin contou con 14 participantes, que realizaron un programa de intervencin de 19 semanas. Esta combinaba o uso dun cicloergmetro coa realizacin de exergames, videoxogos cunha compoente fsica, a través duns lentes de realidade virtual, de tal xeito que o exercicio fsico combinbase coa visualizacin de contornas virtuais adaptadas. Entre os resultados mis destacados deste programa atpase un aumento da capacidade funcional, con “avances significativos en forza muscular e autonoma”; un incremento na calidade de vida, grazas s melloras rexistradas na avaliacin centrada no benestar fsico e mental e un “aumento da flexibilidade cognitiva”. 

Estes resultados foron presentados polo catedrtico da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte José Mara Cancela, coordinador do grupo HealthyFit; o investigador Pablo Campo, profesor da Facultade de Fisioterapia Pablo Campo; a responsable de Innovacin Social de Cruz Vermella en Galicia, Trini de Lorenzo; e a vicepresidenta desta organizacin en Lugo, Ana Linares.

Un traballo conxunto con futuro

Na comparecencia que tivo lugar na sede de Cruz Vermella en Lugo, as responsables desta organizacin destacaron que a publicacin dos resultados deste estudo piloto "nunha revista cientfica internacional sitúan o proxecto TEVI-DCA como un referente no uso da tecnoloxa para rehabilitacin neurolxica”. Nesa mesma lia, incidiron na importancia da colaboracin entre entidades académicas, cientficas e sociais “para desenvolver solucins innovadoras que impacten diariamente na vida das persoas”. 

Os representantes do grupo HealthyFit e Cruz Vermella sinalaron que continúan explorando novas aplicacins desta tecnoloxa, co obxectivo de ampliar o impacto do primeiro proxecto e mellorar a calidade de vida de persoas afectadas por dano cerebral adquirido. Causado por accidentes cerebrovasculares, traumatismos craneoenceflicos, tumores ou infeccins cerebrais, trtase dunha patoloxa que “xera secuelas que afectan profundamente as capacidades fsicas, cognitivas e emocionais dos pacientes”, explican desde Cruz Vermella.

Nese senso, esta presentacin serviu tamén para dar a coecer o novo proxecto que os investigadores e investigadoras desenvolvern no Centro de Parlise e Dano Cerebral de Castro, Ribeiras de Lea. Baixo o nome de EITIC-DCA 2.0, este novo traballo d continuidade ao primeiro ensaio clnico, sumando a un novo programa de exercicio fsico, desta volta de alta intensidade, a abordaxe de aspectos de estimulacin neurocognitiva.