Ata fin de mes a biblioteca acolle media ducia de exposicins xurdidas co gallo da G-Night
Ciencia e arte na Biblioteca Central para observar o ceo desde a Terra
Coa observacin do ceo nocturno desde a Terra como fo condutor, a Biblioteca Central do campus de Vigo acoller ata o vindeiro 29 de outubro media ducia de exposicins nas que se alternan as compoentes cientfica e artstica. Xurdida da decisin da direccin de participar na G-Night, o que a converte na primeira biblioteca universitaria galega en tomar parte neste evento cunha actividade propia, “creo que foi a actividade deste tipo organizada pola biblioteca que mis traballo supuxo, pero tamén é certo que estamos orgullosos de todo este esforzo e dos resultados obtidos. De feito, a experiencia foi tan boa que estamos a pensar en posibles actividades para a G-Night do ano prximo”, explica Teresita Aboal, subdirectora da Biblioteca Central da 鶹.
Ademais do transporte das pezas que integran as mostras, a montaxe, para a que incluso se aproveitaron os lucernarios da terraza durante a G-Night, complicou a posta en marcha e o desenvolvemento das exposicins, que se podern visitar ata o 29 de outubro, coincidindo coa celebracin da Semana Internacional do Acceso Aberto Ciencia, en horario de 8.30 a 20.45 de luns a venres. “Gustarame destacar o traballo realizado pola nosa compaeira Susana San Luis, principal responsable do deseo e montaxe da exposicin”, sinala Aboal, que incide no interese e nas moitas posibilidades que ofrece a biblioteca como espazo expositivo.
As mostras polo miúdo
Ben, desde o punto de vista de calquera persoa, ben, desde o de expertos e expertas astrnomas e astrofsicas, as mostras céntranse na observacin do ceo desde a Terra, desde unha perspectiva cientfica, nuns casos, e artstica, noutros. No primeiro grupo insrese Con A de astrnomas, 13 paneis prestados pola docente e astrnoma da USC e do Observatorio Ramn Mara Aller, Xosefina Ling Ling que recuperan e reivindican as achegas ao coecemento e evolucin do Universo de mulleres como Jocelynn Bell, VeraRubin ou Margaret Geller. As mostras cientficas complétanse, dunha banda, co panel que sobre a estrela Rosaladecastro e o seu exoplaneta Riosar prestou a Agrupacin Astronmica Ío de A Corua, que tamén cedeu catro paneis sobre contaminacin luminosa, que inciden no modo no que o exceso de luz artificial afecta observacin do ceo, pero tamén saúde humana e biodiversidade, e doutra, co pster 10 do boletn Impacto dedicado publicacin cientfica en astronoma e astrofsica, elaborado para este evento pola responsable da Área de servizos bibliométricos da biblioteca, Ana Martnez.
“A parte artstica componse dunha serie de obxectos cotins que, inspirados en imaxes do Universo, adquiren unha segunda vida reflectindo a beleza do firmamento. Cada unha destas pezas (cadeiras, cmoda, mesias ou tapices) est acompaada da súa correspondente imaxe inspiradora”, detalla a subdirectora da biblioteca en relacin coa mostra da que son autoras Ana Ulla, Benigno Gonzlez, Carmen Villar, Carmen Moreno e Rita Landeiro. Telescopio transparente, unha instalacin que homenaxea a Galileo Galilei coas mesmas medidas que o telescopio que o astrnomo italiano construu en 1609, obra do catedrtico de Escultura da Facultade de Belas Artes da 鶹, Juan Fernando de Laglesia, completa as mostras artsticas da biblioteca, que tamén alberga unha exposicin bibliogrfica con case 100 volumes da biblioteca de Ciencias. “Creamos tres zonas especiais. Nunha delas podemos ver varios facsmiles sobre temas astronmicos da coleccin conservada na Biblioteca Central; outro espazo est dedicado a libros infants; e por último, temos un recuncho dedicado ao ʰԳ辱 que, como ben sabemos, vive nun asteroide coa súa rosa e o seu cordeiro”, explica Teresita Aboal.
ADN divulgador
A subdirectora da biblioteca anima a calquera persoa de calquera idade a visitar as mostras, “porque pode atopar cousas interesantes que ver e aprender”, ao tempo que sinala as motivacins do persoal do servizo para desenvolver esta iniciativa. “Anda que non somos investigadores ou investigadoras, est no noso ADN como persoal da biblioteca universitaria facer divulgacin da ciencia que crea o persoal investigador da 鶹. A nosa compaeira Paz de la Pea propuxo que, na noite do persoal investigador, fixésemos unha actividade dedicada s e aos investigadores da noite”, lembra Aboal, que explica que a continuacin contactaron con Ana Ulla que lle trasladaron a posibilidade organizar unha observacin astronmica desde a terraza. “Esta foi a idea orixinal que se completara cunha exposicin bibliogrfica e a actuacin do grupo vigués Tinta”, detalla a subdirectora, que gaba o traballo de todo o persoal da biblioteca, que coa súa colaboracin, asegura, fixo posible a celebracin destas actividades.
