DUVI

Diario da 鶹

Froito da intervencin arqueolxica realizada no xacemento durante o mes de xullo

A Cibd de Armea amplase con 200 novos metros de escavacins e a localizacin dunha cabeza antropomorfa de pedra do século I

A cargo do Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio da 鶹

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Աپ
DUVI Ourense 30/07/2021

Durante o mes de xullo, o Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio da 鶹 (GEAAT) realizou a súa décima campaa anual de intervencin arqueolxica no xacemento romano da Cibd de Armea (Allariz, Ourense). Rematadas este venres as tarefas de escavacin, os seus responsables realizan un balance moi positivo dos avances acadados, entre os que destacan a ampliacin do xacemento en 200 novos metros escavados, a localizacin de estruturas de ocupacin previa e a localizacin de numerosos retos materiais entre os que sobresae unha cabeza de pedra de figuracin humana, previsiblemente do século I despois de Cristo, que supn un dos poucos vestixios do seu tipo localizados ata o momento en Galicia.

A intervencin estivo financiada pola Consellara de Cultura, Educacin e Universidade da Xunta de Galicia e polo Concello de Allariz no marco do convenio existente entre a entidade local e a 鶹. Desenvolveuse ao longo de todo o mes de xullo e nela participaron membros do GEAAT, 30 estudantes en prcticas de titulacins afns e procedentes de diferentes universidades estatais e persoal de apoio do concello. “O balance que facemos é moi bo. Conseguimos escavar todo o que estaba previsto e con bos resultados”, explica Adolfo Fernndez, director do proxecto. A intervencin, indica o arquelogo, consistiu en ampliar o xacemento cara o seu lado leste, escavando nunha nova finca colindante adquirida este ano polo Concello de Allariz e que permite continuar descubrindo estruturas xa abertas parcialmente. Os traballos realizados, engade, amosaron de novo a potencia dun xacemento que “ten un estado de conservacin case único en Galicia, xa que nel non houbo unha ocupacin posterior da Cibd que viera a arrasar cos restos romanos, nin labores agrcolas que vieran a danar a zona. Ao quedar abandona converteuse nunha fraga e por iso se conserva tan ben”.

Ampliacin cara o leste

Concretamente, explica Adolfo Fernndez, na nova finca escavronse arredor de 200 metros que permitiron ampliar o xa coecido da rúa central da Cibd, da domus ou vivenda leste, tamén chamada do trscele, e da domus norte, tamén chamada do hexscele. No caso da domus do trscele, ampliando o xa escavado en anteriores ocasins, comenta o arquelogo, “abriuse unha zona nova cara o leste e apareceu un atrio, que é como unha especie de patio enlousado onde se recollan as augas do tellado”. Trtase, indica, “dunha zona moi fermosa, espectacular, onde est o chan todo cuberto con pavimento de pedras de granito e apoios con grandes sillares para os postes de madeira, probablemente do tellado”.

Polo que respecta outra gran domus do xacemento, a do hexscele, Adolfo Fernndez sinala que “ampliamos tamén a escavacin cara o leste, abrindo unha zona bastante grande de continuidade desta casa e atopamos dúas novas estancias ou habitacins, cuxa funcionalidade anda descoecemos. Unha delas ten unha escaleira que salva un cambio de cota e d acceso a novas estancias da gran domus”. Por último, comenta o arquelogo, ampliouse a zona aberta da rúa central do xacemento, que divide as domus do trscele e a do hexscele. Nas escavacins realizadas, apuntan os seus responsables, localizouse unha gran cantidade de restos materiais, como son miles de fragmentos cermicos, vidro e moitos metais de bronce e ferro, como xoias, fragmentos de caldeiros e todo tipo de remaches.

Achado dunha cabeza de pedra

O proxecto deste ano tamén incluu afondar na ocupacin previa do xacemento. As, debaixo das grandes domus xa descubertas, cuxa ocupacin data do século II e século III despois de Cristo, o equipo documentou unha ocupacin previa, tamén de carcter romano, do século I despois de Cristo. “Nas zonas onde non hai pavimentos de pedra nin elementos singulares seguimos baixando os pavimentos das casas ata chegar a rocha e atopamos niveis de uso doutros momentos anteriores”, comenta Adolfo Fernndez. As pedras desas estruturas ou muros previos que corresponderan a casas mis antigas e zonas artesanais, indica, foron amortizados ou reutilizados nas domus visibles actualmente.

Asociada a estas construcins mis antigas do século I despois de Cristo, o equipo da 鶹 atopou unha cabeza de pedra de figuracin humana que estara incrustada na parede desa casa mis antiga que est baixo das grandes domus visibles. “Trtase dun achado importante porque cabezas deste tipo hai moi poucas no contexto galego, arredor dunha vintena, e a maiora relacionadas con cabezas de guerreiros. Achar cabezas antropomorfas en ambientes galaico-romanos é moi pouco habitual, é un elemento de cultura material que non se atopa todos os das”, explica Adolfo Fernndez. O arquelogo sinala como xa se teen localizado dúas cabezas similares en Armea pero foi anos atrs e fra dun xacemento. “O interesante desta cabeza é que apareceu en contexto arqueolxico”, indica. A cabeza, que ten unhas dimensins aproximadas de 60 cm, faltndolle a parte inferior, est datada polos arquelogos da 鶹 arredor de mediados do século I despois de Cristo, sinalando como “a tamén radica parte da súa relevancia, porque est nun contexto claramente alto imperial, queda claro o seu carcter romano”, lembrando como noutros casos parellos estas cabezas “asimlanse a contexto indxena, castrexo”. Segundo explica o equipo responsable do proxecto, o vestixio, que ser trasladada ao campus de Ourense para o seu estudo, probablemente tivera un carcter protector da casa, da domus, e ten “un enganche que parece ser para amarrar unha corda e que puidera funcionar como amarradoiro de gando”.

En setembro/outubro o proxecto continuar coa campaa de conservacin e restauro, como en anos anteriores. Nela traballarase nas zonas escavadas este vern, realizando tarefas de consolidacin de muros, tapado de estruturas e pavimentos e musealizacin.