DUVI

Diario da 鶹

Este mércores celebrou a súa primeira xornada de portas abertas para mis de 200 estudantes

O campus de Ourense comeza a buscar ao seu alumnado para o curso 2026/2027

A cita repetirase en xaneiro con dúas sesins mis

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Estudantado
  • Visitas
  • Institucional
DUVI Ourense 17/12/2025

Nos institutos galegos os exames xa remataron e son das de certa relaxacin para o seu alumnado e profesorado. Aproveitando este impas, o campus de Ourense celebrou este mércores a súa primeira xornada de portas abertas deste curso académico. Mis de 200 rapazas e rapaces de Bacharelato de centros educativos da provincia e a súa contorna compartiron unha ma de actividade que lles permitiu coecer de primeira man as diferentes titulacins, instalacins e oportunidades que teen súa disposicin no campus de Ourense para desenvolver a súa futura vida universitaria.

Pensar no futuro

A cita, organizada pola Vicerreitora do Campus de Ourense co apoio da Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da 鶹, levou por ttulo Coece o campus de Ourense e nela participaron rapazas e rapaces, acompaados por docentes, do CPR Plurilingüe Divina Pastora e do IES Ramn Otero Pedrayo, ambos de Ourense, e do IES Laxeiro de Laln. A programacin arrancou para elas e eles cunha benvida conxunta na que os recibiu Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, que agradeceu ao alumnado, profesorado e centros educativos asistentes a súa participacin neste acto. O curso pasado, lembrou, fixéronse cinco xornadas deste tipo pero “este curso tivemos que incorporar unha mis, esta de decembro que facemos por primeira vez, para atender o cada vez maior interese dos centros por achegarse a coecer o noso campus de primeira man”.

“Estes rapaces e rapazas estn nun momento no que teen que ir xa pensando e decidino que estudar e son moitas as dúbidas que poden ter, como é lxico. Aqu estamos para axudarlles, para que coezan o noso campus e vexan o que lles pode ofrecer. Ns encantados de recibilos, de atendelos e de que nos elixan o da de ma”, comentou o responsable académico. Francisco Javier Rodrguez animou ao alumnado presente a que aposten polo campus de Ourense, “un campus que est en constante crecemento, que temos uns resultados nas enquisas de satisfaccin elevadsimos e algunhas das titulacins mis potentes non s da 鶹 senn de Galicia”. Entre os puntos fortes destacou o ambiente universitario, a proximidade do profesorado, a situacin do campus no centro da cidade e a “elevadsima sada profesional” das titulacins. En todo caso, afirmou, “aqu non s acompaamos ao alumnado no seu crecemento académico senn tamén no persoal, aqu formamos profesionais pero tamén persoas co obxectivo de continuar avanzando cara unha sociedade mellor”. Por último amosou a súa confianza en que o hoxe alumnado preuniversitario “siga confiando en ns e nos siga escollendo, como o vén facendo ano tras ano”.

Unha panormica completa

Seguindo o formato de edicins anteriores, a actividade continuou con visitas guiadas s diferentes escolas e facultades do campus, tendo o alumnado que escoller entre realizar un itinerario polas titulacins do mbito xurdico-social, humanidades e artes ou polas do eido de ciencias e enxeara, segundo a modalidade de Bacharelato que estn cursando. Na actualidade, nas nove escolas e facultades do campus de Ourense imprtense 16 ttulos de grao, seis programas conxuntos de dobres graos, 15 mestrados e sete programas de doutoramento, superando a cifra de alumnado de 5000. O itinerario do mbito xurdico-social, humanidades e artes permitiulle ao alumnado coecer as facultades de Educacin e Traballo Social; Historia; Ciencias Empresariais e Turismo; Dereito e Relacins Internacionais. O itinerario de ciencias e enxeara levounos Escola Superior de Enxeara Informtica; Facultade de Ciencias; Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo e Escola Universitaria de Enfermara.

Nas visitas percorreron os seus edificios, coecendo desde as súas aulas e laboratorios ata museos que albergan, da man de membros dos seus equipos decanais e directivos, que foron explicndolles todo tipo de cuestins referidas s súas titulacins, actividades e sadas profesionais. Igualmente, en diferentes laboratorios as e os estudantes achegronse ao traballo investigador que se realiza nas facultades e escolas ourenss, especialmente no caso da Facultade de Ciencias pero tamén en eidos como o espacial, a arqueoloxa e a intelixencia artificial. No seu percorrido tamén tiveron a oportunidade de coecer o Campus Auga, o proxecto de especializacin do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia, e instalacins universitarias comúns, como as deportivas, a biblioteca e as zonas verdes.

Entre esta rapazada estaba este mércores Sara e Ángela, alumnas de Bacharelato do IES Laxeiro de Laln, que ao remate da visita destacaban as súas boas impresins dun campus que pisaban por primeira vez. “A visita foi moi interesante. Todos os profesores e integrantes dos centros explicronnos moi ben de que trataban as carreiras e como funcionaba isto”, comentaba Sara. Coincidindo con ela, Ángela sinalaba que “estivo moi ben, todo o que explicaron foi moi interesante, sobre todo a parte do laboratorio e ciencias”.

Mis oportunidades en xaneiro

Tras esta primeira sesin, haber dúas novas oportunidades de coecer o campus de Ourense in situ os das 13 e 14 de xaneiro. O primeiro deses das achegaranse case 300 estudantes dos IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia), IES de Allariz, CPR Seminario Menor Diocesano A Inmaculada, IES Celanova Celso Emilio Ferreiro e IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda). O segundo da ser a quenda de arredor de 250 rapaces e rapazas do IES Xesús Taboada Chivite (Vern), IES Carlos Casares (Viana do Bolo), Centro Privado Plurilingüe Santa Teresa de Jesús e IES Eduardo Blanco Amor. Xa avanzado o curso haber varias sesins mis.