DUVI

Diario da 鶹

A Facultade de Educacin e Traballo Social leu un manifesto co gallo do Da Internacional da Muller

O campus conmemora o 8M reivindicando a educacin en igualdade e para a paz

No texto avogouse polo feminismo como movemento social de loita pola xustiza social e a democracia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI Ourense 08/03/2022

O campus de Ourense uniuse un 8 de marzo mis conmemoracin do Da Internacional da Muller e fxoo tendo moi presente a guerra de Ucrana. Membros da comunidade universitaria asistiron lectura dun manifesto colectivo elaborado pola Facultade de Educacin e Traballo Social de reivindicacin da educacin en igualdade e para a paz. Nel subliouse “a necesidade de loitar pola equidade e a paz” e avogouse polo “feminismo como movemento social transformador de loita pola xustiza social e a democracia”.

Delegadas e un delegado de curso dos diferentes graos da facultade deron lectura ao documento. Nel destacouse que “o patriarcado capitalista, neoliberal, heteronormativo, racista, clasista e capacitista ameaza non s a vida das mulleres, senn a supervivencia de toda a humanidade. O patriarcado é odio e gangrena. Desde aqu, pedimos o fin das violencias e das guerras e reivindicamos un movemento feminista internacional, interseccional e necesariamente inclusivo. Un feminismo de todas as persoas”. Durante o acto lembrouse que “vivimos momentos moi duros, sendo testemuas do que ata hai apenas dúas semanas pareca impensable: outra guerra atroz, agora no corazn de Europa”. Esta guerra, afirmouse no manifesto, “do mesmo xeito que as que xa foron e as que sern, sostense sobre a columna vertebral da masculinidade hexemnica”.

O sufrimento de todas e todos

No manifesto denunciouse que “esta masculinidade hexemnica e txica, que xera e alimenta as guerras, é a mesma que, dun modo mis ou menos hostil, dobrega, violenta, vitimiza e arrebata a axencia s mulleres”. As, lembrouse como “as mulleres, na nosa diversidade, somos un colectivo significativamente vulnerable na sociedade patriarcal. A desigualdade de xénero estrutural causada polo patriarcado golpéanos desde múltiples frontes e atravesa todas as nosas vidas”. Entre esas frontes, o manifesto citou a violencia sexual e a violencia de xénero, a feminizacin da pobreza, o peso dos coidados, as dificultades de conciliacin provocadas pola falta de corresponsabilidade e os teitos de cristal. As mesmo, deuse lectura no acto, “na nosa pluralidade, hai mulleres que sofren tamén a violencia de “non poder ser”, que ven negado o seu dereito a ser, a vivir e a expresarse como realmente son; mulleres que sofren rexeitamento e violencia pola súa orientacin sexual ou mulleres que non encaixan no ideal de muller branca e de clase media”. O sufrimento das mulleres, do mesmo xeito que o sufrimento do pobo ucrano, indicouse no manifesto, “é e debe ser tamén o sufrimento de todas e todos”.

Na situacin actual, o texto lido este martes no campus apuntou que “o sistema educativo, inclundo a universidade, debe ofrecer unha educacin pública e de calidade, baseada en valores de mnimos, aqueles que se ancoran na Declaracin Universal de Dereitos Humanos e cuxo eixo central é o ben común, o ben de todas, o ben da humanidade. Unha prctica educativa coeducadora, intercultural e crtica, comprometida coa constante denuncia da inxustiza social e a loita activa por alcanzar unha alternativa transformadora”. Neste senso, lembrouse o compromiso da Facultade de Educacin e Traballo Social co feminismo e co seu espallamento de xeito transversal a todos os sectores da comunidade universitaria.