DUVI

Diario da 鶹

Outorgado pola Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa

Belén Riveiro recibe o premio RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novos no eido das ciencias técnicas

Polo seu labor na avaliacin de estruturas de enxeara civil para previr colapsos en pontes

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Աپ
  • Premios
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 26/11/2024

A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa acaban de resolver a primeira edicin dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novos. A profesora da 鶹 Belén Riveiro é unhas sete mulleres distinguidas con estes galardns, que nacen co obxectivo de impulsar a investigacin cientfica en Galicia, dando recoecemento e potenciando as traxectorias de investigadoras e investigadores novos que desenvolven a súa carreira en centros da comunidade, contribundo ao impulso do coecemento cientfico como motor de progreso.

Riveiro, profesora do Departamento de Enxeara dos materiais, mecnica aplicada e construcin e investigadora do grupo de Xeotecnoloxas Aplicadas do Cintecx, Centro de Աپ en Tecnoloxas, Enerxa e Procesos Industriais, foi distinguida polas súas achegas ao avance das Ciencias Técnicas, en concreto polo seu labor na avaliacin de estruturas de enxeara civil para previr colapsos en pontes, estradas e vas férreas.

“Para min é unha honra recibir o recoecemento mia traxectoria por parte dunha institucin tan prestixiosa como é a RAGC. Paréceme moi importante a existencia de iniciativas que traten de visibilizar o talento e a excelencia dos investigadores durante a etapa na que, quizais, se realizan os maiores esforzos por chegar a consolidar unha carreira académica excelente”. Ademais, engade, “como muller que trata de compatibilizar a carreira académica coa maternidade, recibo este premio como un impulso para seguir apostando pola ciencia excelente”.

Intelixencia artificial para diagnosticar a saúde das estruturas civs

O xurado apostou pola candidatura de Belén Riveiro por liderar novidosas lias de investigacin que combinan a enxeara estrutural, a teledeteccin e a intelixencia artificial para a avaliacin de estruturas de enxeara civil como pontes, estradas e vas férreas, permitindo diagnosticar a súa saúde e poder as anticipar a aparicin de posibles colapsos. Riveiro participa en proxectos nacionais e internacionais e ten publicado os seus resultados en revistas como Nature, que recolleu un traballo seu sobre os riscos aos que se enfrontan as pontes. Recibiu en 2022 o Premio Nacional de Աپ Matilde Ucelay para novos investigadores e é autora de seis patentes e catro rexistros de software e o financiamento captado como investigadora principal supera os 5,5 millns de euros. O seu prestixio nacional e internacional levouna a coordinar a Red Nacional en monitorizacin e inspeccin para la evaluacin de estructuras en servicio, que aglutina os grupos de investigacin mis recoecidos en Espaa neste eido para evitar colapsos. Destaca as mesmo a súa dedicacin divulgacin cientfica, especialmente enfocada a remarcar o papel da muller nos campos mis masculinizados.

Outras galardoadas

Ao certame, que ten unha periodicidade bienal, poden presentarse persoas investigadoras que non superen os 40 anos de idade, ou os 42 no caso das mulleres que fosen nais ou das persoas con algunha discapacidade. Cunha dotacin de 5000 euros para cada un dos tres premios, a esta primeira convocatoria presentronse 63 propostas. Xunto con Riveiro, na categora de Ciencias Bsicas a galardoada é Beatriz Pelaz, da USC, que traballa no desenvolvemento de nanomateriais para lograr frmacos mis eficientes e en Ciencias Sociais o recoecemento corresponde a Cristina Gmez, da USC, dedicada a estudar o comportamento das persoas en contextos de crises sociais e polticas.

Ademais tamén se entregaron catro accésits: no eido das Ciencias Bsicas a Susana Ladra, da UDC e a Iria Gmez, da USC; nas Ciencias Técnicas a Sara Gonzlez, da USC; e en Ciencias Sociais a Ariadna Monje, da UDC.

Os galardns entregaranse nun acto que se celebrar en decembro.