Catro estudantes realizaron unha intervencin para a exposicin que conmemora o seu 30 aniversario
Belas Artes mantén unha “aula aberta” no CGAC
Este espazo reúne documentacin de múltiples proxectos realizados na facultade
O Centro Galego de Arte Contempornea (CGAC) inauguraba a semana pasada , unha exposicin que rende homenaxe ao 30 aniversario da Facultade de Belas Artes reunindo as creacins de 30 artistas que pasaron polas súas aulas ao longo destas tres décadas. A mostra comisariada por Ángel Cervio compleméntase coa Aula Aberta, un espazo que busca dar visibilidade aos múltiples proxectos e iniciativas nacidos no interior da facultade e que acolle ademais a intervencin artstica realizada por catro estudantes do grao baixo a coordinacin da profesora Almudena Fernndez Faria.
A idea da Aula Aberta, explica a súa coordinadora, a historiadora da arte Natalia Poncela, é que este espazo funcionase “de certo modo como eplogo da exposicin” e que fose súa vez “un espazo de creacin e de investigacin”, no que se visen reflectidos “aqueles procesos que normalmente estn dentro da formacin académica”. Coa idea tamén de que fose un “espazo dinmico, que acollese intervencins de artistas estudantes”, engade Fernndez Faria, catro alumnos da materia Proxectos de debuxo e pintura, Ruth Vidal, Alejandro Vzquez, Mateo Barcia e Rosala Bello, foron os responsables de levar a cabo unha intervencin conxunta que tia como punto de partida o encerado de grandes dimensins presente na sala e que se completar nas prximas semanas cunha nova intervencin no patio interior que pode pode contemplarse desde a cristaleira desta Aula Aberta.
Conectando museo e facultade a través do absurdo
“A peza est composta por diferentes elementos que, ademais de xogar un pouco co absurdo, conectan o edificio da Facultade de Belas Artes co espazo do museo, inclundo o concepto de ensinanza”, salienta Barcia, que explica que “buscamos unha comun entre os nosos intereses e ideas artsticas persoais, para dar como resultado unha obra común que tivese certo sentido conceptual e estético”. “Expor no museo mis importante de Galicia é algo incrible”, engade Vidal, que destaca, ao igual que Vzquez, a oportunidade que este proxecto lles deu de “ver un museo por dentro durante a montaxe dunha exposicin”.
Tomando como punto de partida a súa lia de traballo arredor da “idea do cdigo como representacin do mundo”, Vzquez recolleu no encerado o cdigo do emprazamento da facultade en Google Maps. “Pareceume bastante simblico ese traslado do que sera o espazo fsico da facultade”, recoece dunha proposta na que “xoga un pouco con esa idea do que existe e do que non existe”, vez que propn unha reflexin sobre a historia dun centro que no seu da “pelexou moito por ter esa facultade fsica”. Xogando con este elemento, Barcia sumou unha proposta que pasaba polo uso "da pintura do propio encerado" para que unha serie de elementos, na súa meirande parte pertencentes ao propio CGAC, como un extintor e unha cmara de seguridade en desuso, funcionasen como unha “”estraa extensin” deste espazo, que vez que buscaban “ocultarse” resultaban “obvios” para o espectador.
Con esa mesma idea do absurdo, Ruth Vidal empregou unha serie de fechas adhesivas que sinalizan na facultade os percorridos de acceso e sada, dentro das medidas s que obriga a covid-19, cos que articulou "un percorrido imposible", no que as frechas, pintadas de branco e negro, “mimetzanse coas paredes e o encerado, desaparecen e aparecen noutro punto da sala”. Con esta idea, Vidal buscaba aludir ao percorrido “que fixeron os diferentes artistas” desde que saron do centro da que proveen s frechas, vez que incidir na idea de percorrido que implica unha exposicin e aludir tamén, “xogando coa idea da distancia de seguridade”, ao modo de transitar por este tipo de espazos ao que obriga a pandemia.
Esta proposta completarase, como explica Bello, cunha segunda intervencin, na que proxectan usar, no patio interior contiguo sala, unha serie de cabaletes tamén da facultade. “Anda hai cousas que temos que debater, pero xa desde o primeiro momento pensamos nunha intervencin nestes dous espazos”, explica esta alumna, que salienta tamén “a impresionante oportunidade” que supuxo poder formar parte desta exposicin.
Creacin, investigacin e memoria
Con esa idea de que servise “de certo modo como eplogo da exposicin”, a Aula Aberta reúne unha serie de materiais como unha escolma con mis dun cento de publicacins realizadas ao longo destes 30 anos pola facultade e os seus grupos de investigacin. “A idea inicial era que fose unha material de consulta, que a Aula Aberta tivese ese carcter de arquivo”, salienta dun proxecto que a situacin provocada pola covid-19 obrigou a redefinir. A estes materiais súmase a proxeccin, de xeito continúo dunha seleccin de traballos de videoarte realizados polo ao longo dos 30 anos da facultade, realizada polos docentes Sol Alonso e Xon Anleo, xunto cunha serie de vdeos que fan balance das diferentes edicins de Debut, seleccionados pola directora de Esdemga, Lola Dopico. Tamén est presentes na sala unha seleccin das postais xurdidas nas diferentes edicins do proxecto de visibilizacin das alumnas ARTISTAS, coordinado por Mar Caldas e Almudena Fernndez Faria, vez que unha vitrina reúne unha serie de materiais documentais que afondan na propia historia da facultade, pondo o foco en aspectos como “as reivindicacins do ano 1993” para que a facultade tivese unha nova sede. De feito, nesta aula preséntase o cadro Un berro por Belas Artes realizado por aquel entn por Laxeiro.
A idea inicial, engade Poncela, era que este espazo funcionase tamén como unha aula que permitise, “na medida do posible” que o espectador puidera coecer “que tipo de procesos existen nesa transmisin do coecemento, nesas estratexias docentes..., visualizar todo ese traballo moitas veces silencioso”. Con esa idea e na medida en que a situacin sanitaria o permita, esta previsto que esta Aula Aberta albergue nos prximos meses diferentes actividades, como unha exposicin de traballos de fin de grao, coordinada pola profesora Susana Cendn, conversas entre antigos decanos ou unha serie de seminarios e talleres, impartidos por docentes e egresados. A estas iniciativas est previsto que se sume ademais a organizacin dunha serie de mesas de debate, coordinadas por Miguel Anxo Rodrguez, as como a edicin dunha publicacin que se sumar ao propio catlogo da exposicin, facendo balance desta serie de actividades complementarias. Este volume, como explica Poncela, buscar proxectar "unha idea o mis completa posible do que é a facultade", facendo balance das "cousas que sucedan nesta Aula Aberta",que súa vez son o resultado dun "convite aberto" que se foi nutrindo das achegas de numeroso profesorado. A publicacin recoller tamén as achegas de catro dos grupos de investigacin da facultade, co propsito de que sirva tamén para dar a coecer "todo o que se pode producir desde unha facultade".
