DUVI

Diario da 鶹

Nunha publicacin centrada nas iniciativas desenvolvidas polo alumnado

Belas Artes busca reunir 30 anos de memorias nunha publicacin

Convida a titulados e tituladas a achegar imaxes e documentacin

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • ʳܲԲ
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 30/06/2021

A conmemoracin nos últimos meses dos 30 anos de historia da Facultade de Belas Artes deu pé a diferentes actos e exposicins que botaban a vista atrs para afondar na traxectoria do centro do campus pontevedrés. Con esa mesma idea e co propsito de contar unha parte da súa historia non tan visible, a facultade impulsa un proxecto dirixido a percorrer estas tres décadas desde o punto de vista do alumnado. O obxectivo, como explica a responsable das redes sociais deste centro, Sara Donoso, é compilar imaxes, documentos, fanzines e outra serie de achegas e “construr a memoria colectiva” da facultade a través dunha publicacin que ser editada en risografa dentro do selo editorial Error es Bien, creado pola propia facultade e que est dando lugar a unha serie publicacins realizadas ca súa copiadora Riso SF9530.

“Pensamos que estara ben facer unha compilacin de diferentes iniciativas que partiron do alumnado e que quedaron no baúl das lembranzas da xente, que sera interesante compartilas, poelas en común e facer unha publicacin homenaxe”, salienta Donoso. Con esa idea, desde a facultade fan un chamamento a que titulados e tituladas poidan enviarlles aqueles materiais dos que dispoan a través do correo electrnico facultadebelasartespontevedra@gmail.com. A idea é poder reunir imaxes e informacin de múltiples iniciativas, desde a organizacin das celebracins de San Ero ao desenvolvemento de mercadios ou performances no centro, pasando pola creacin de fanzines ou mesmo cancins que no seu da se naceron na propia facultade. 

Neste senso, Donoso incide en que tanto a edicin deste volume como os seus contidos e organizacin final depender do que se poida compilar nun proceso “para o que non temos un prazo pechado”, xa que a idea é “ir compilando pouco a pouco” materiais que permitan proxectar esa outra parte da historia da facultade “que normalmente non se ve tanto”. Nese senso, sinala o interese de reunir materiais que permitan lembrar os primeiros pasos da facultade e o seu traslado actual sede, o antigo cuartel de San Fernando, “pero tamén como foi evolucionando, ver que foi pasando ao longo do tempo coas seguintes xeracins”.