DUVI

Diario da 鶹

Son un grupo de 11 voluntarios e voluntarias dos tres campus

A Axenda 2030 conta con 11 novos ‘Axentes do Cambio’ na 鶹

Arrancaron as actividades este martes na Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Medio Ambiente
  • Estudantes
D. Besado DUVI 28/02/2023

Tras varios meses de formacin, a Universidade conta cun grupo de 11 novos e novas activistas e divulgadores da Axenda 2030, 11 estudantes encargados de informar e concienciar comunidade universitaria da importancia de mudar os seus hbitos cara outros mis sustentables cos que contribur consecucin dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Este martes arrancou unha nova edicin do , impulsado pola Área de Equidade e Diversidade. Fxoo cunha primeira campaa informativa na Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais do campus de Vigo, punto de arranque de toda unha serie de actividades que se levarn a cabo, tanto de xeito presencial como virtual, nos tres campus desde febreiro ata xuo.

Este novo equipo de voluntarios e voluntarias -seis homes e cinco mulleres-, est formado por estudantes dos tres campus. Son un equipo moi multidisciplinar, no que se inclúen persoas matriculadas nos graos en Relacins Laborais e Recursos Humanos, Relacins Internacionais, Ciencias Ambientais, Educacin Infantil, Comercio e Direccin e Xestin, as como tamén estudantes de mestrado. A maior parte participaron no curso sobre Axenda 2030 e sustentabilidade que se impartiu no primeiro cuadrimestre e a todos lles apeteca arrancar xa coas actividades propias dos ‘axentes do cambio’.

Miguel Rouco, estudante de Direccin e Xestin Pública, é un dos estudantes que participou hoxe na iniciativa, xunto con Raquel Gmez e Eva Lpez, da cooperativa Somos Terra. “Gústame o voluntariado en xeral e esta era unha boa oportunidade para pr en prctica o aprendido”, explica o alumno, quen considera que se trata, sobre todo, “de ir conciencindonos, pouco a pouco, das pequenas actividades do da a da que axudan de maneira clara consecucin destes obxectivos, desde reducir os desprazamentos pola cidade, ata segregar os residuos, ou reutilizar cada vez mis”.

Encontros divulgativos moi lúdicos

“As campaas presencias, como a realizada hoxe en Vigo, son encontros divulgativos moi lúdicos, pensados para que as persoas que se acheguen coezan a Axenda 2030 e os ODS mediante dinmicas participativas e concursos”, explica a responsable da Área de Equidade e Diversidade, Henar Quintas, quen sublia que este ano gaarn protagonismo as actividades en redes sociais, sobre todo en Instagram.

A primeira edicin do programa Axentes do Cambio tivo lugar a principios de 2020. “A segunda realizouse en 2021 totalmente en lia por mor da pandemia e a partires de 2022 o voluntariado combina a presencialidade e a virtualidade”, apunta Quintas, quen valora “moi positivamente” a mestura entre o activismo presencial e o virtual. “Cremos que segue a ser precisa a formacin e informacin en materia de Axenda 2030 e, ano a ano, podemos comprobar que o alumnado ten interese en todos estes temas e cada vez son mis os que presentan o seu Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Mestrado en materias relacionadas cos ODS e Axenda 2030”.

Prxima cita: luns 6 no campus de Ourense

A seguinte mesa informativa dos Axentes do Cambio ser o luns 6 de marzo entre o Edificio de Ferro e a Facultade de Ciencias, no campus de Ourense.