DUVI

Diario da 鶹

Nunha sesin celebrada este venres no campus

A Aula Aberta de Educacin pecha a súa segunda edicin abordando as identidades diversas

Participaron Eva Mejuto, Éric Dopazo e Mara Victoria Fernndez

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Igualdade
  • é
DUVI Ourense 04/11/2022

O pasado curso académico, a Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense puxo en marcha unha Aula Aberta co dobre obxectivo de fomentar o uso do galego e a reflexin crtica sobre temas de interese social. A iniciativa retomouse este cuadrimestre cunha programacin de tres sesins centradas en “realidades invisibilizadas” que rematou este venres falando de identidades de xénero diversas.

O ciclo, que contou coa colaboracin da Vicerreitora do Campus de Ourense, a Área de Normalizacin Lingüstica e a Unidade de Igualdade da 鶹, tivo como lema de Á espreita dos ros subterrneos e nel abordouse en anteriores sesins os riscos de exclusin social de menores en sistemas de proteccin e tamén de migrantes. “Esta edicin foi unha experiencia moi interesante porque nos permitiu ir abordando cuestins moi silenciadas, que non estn nos currculos, de modo transversal”, comentou Isabel Mocio, vicedecana do centro organizador (e xunto tamén profesora e vicedecana Ana Mª Iglesias responsable do seu plan de normalizacin lingüstica). Ademais, engadiu, “permitiu que desde a nosa facultade de educacin se vexa que na lectura, que é un dos focos onde queremos incidir mis, est tamén unha visin da sociedade moi diversa, moi calidoscpica, que nos permite confrontarnos cos nosos propios s veces prexuzos, coas nosas perspectivas persoais e abrirnos a outras”. Segundo explicou a profesora, a actividade “supuxo unha oportunidade de empezar a somerxernos nunhas augas non sempre moi limpas ou pouco claras e de contribur a facer un alumnado mis crtico e reflexivo”.

Tres visins que conflúen

A sesin deste venres levou por ttulo Ros subterrneos: identidades lquidas e nela participaron Eva Mejuto, escritora autora da obra 22 segundos, onde narra a vivencia de cambio de xénero dun adolescente, e A memoria diversa, de entrevistas a persoas que formaron parte do activismo LGTBIQA+ galego; Éric Dopazo, músico e youtuber que inspirou a anterior novela, e Mara Victoria Fernndez Carrera, investigadora da 鶹 especialista en temas de xénero e identidade. Na actividade, comentou a escritora convidada, quxose facer fincapé “na necesidade de que a literatura serva para recoecer e representar sociedade en todas as súas diversidades, en tanto que a literatura serve para construr o mundo interno e o mundo externo das crianzas que nos len”. Neste contexto, afirmou, “a literatura é punto de encontro e punto de partida”, trasladando a súa visin de “partir da literatura para chegar ao activismo”.

Éric Dopazo salientou pola súa parte a importancia de “falar da diversidade, de que non é unha cousa allea, de que todos somos especiais ao noso xeito”. Na súa intervencin, dedicou parte do seu tempo a aclarar conceptos arredor desta diversidade xa que, sinalou, “flase moito de todo pero non acabamos de ter claras as cousas”. Respecto situacin das persoas transxénero, o convidado dixo que “est habendo unha onda de odio, con precedentes, por un motivo poltico, creo: a mesma lei que era redactada hai uns anos polo PSOE é agora deturpada polo mesmo partido por discrepancias dentro do goberno con Podemos”. Neste senso afirmou que “que se nos estea instrumentalizando xente trans est repercutindo en que a xente, nova e vella, reproduza un discurso de odio que hai que empezar a traballar, porque estamos falando de vidas de xente menor de idade” e recalcou que “é necesario sensibilizar e falar desde a vulnerabilidade” desta problemtica. Porén, subliou Dopazo, “a estas alturas da pelcula non deberiamos estar debatendo os dereitos humanos como unha cuestin sobre a que se pode opinar”.

Pola súa banda, Mara Victoria Fernndez, investigadora do Grupo de Investigacin en Saúde, Sexualidade e Xénero, salientou como a obra de Eva Mejuto 22 segundos “pon sobre a mesa unha realidade que a da de hoxe é unha realidade moi cuestionada tristemente, que é que non s as persoas trans existen senn que as infancias trans tamén existen”. A docente explicou que estamos vivindo “un contexto de odio en relacin a ese debate arredor da Lei Trans e da existencia das persoas trans” e desde un posicionamento transfeminista analizou mensaxes que se estn transmitindo neste senso e como “contribúen violencia, como violencia discursiva que remata por afectar vida de grupos minoritarios pero tamén de forma global s persoas”. A relatora destacou a importancia de, desde o eido educativo, previr estas violencias “a través dunha educacin que se separe da pura instrucin e que se oriente humanizacin do alumnado e polo tanto que se basee nunha educacin en valores”. Na súa reivindicacin dunha lectura crtica da realidade e de traballar por unha alternativa mesma, a experta en xénero propuxo unha pedagoxa queer que, dixo, “permite analizar aqueles discursos educativos que xeran exclusin, violencia, ao aliar s persoas e pobos, hora de por exemplo autodeterminar a súa identidade, e propn a construcin de espazos educativos alternativos onde as persoas poidan ser quen son e vivenciarse como son, indo mis al de  inclur contidos LBGT no curriculum”. Trtase, afirmou, “non tanto de inclur s persoas que socialmente non teen intelixibilidade social na matriz cis heteronormativa, que vén delimitada polas normas de xénero, senn que consiste en rachar directamente esas normas de xénero”.