DUVI

Diario da 鶹

Nun novo coloquio organizado pola Facultade de CCEE e Empresariais e a Fundacin Mentor

Aprendendo a ‘mentalidade dos campins’ da man de cinco atletas olmpicos e paralmpicos

O exatleta, hoxe empresario, José Manuel Albentosa dedicou verbas de agarimo ao falecido Alejandro G

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • é
D. Besado DUVI 06/10/2021

Os cinco son atletas e os cinco teen detrs de si unha historia de superacin, de traballo en equipo e de loita polo éxito en distintas competicins deportivas, entre elas os Xogos Olmpicos e Paralmpicos. José Manuel Albentosa, Agustn Alejos, Caetano Horta, Alex Vidal e Carlos Pérez Rial, Perucho, compartiron este mércores as súas experiencias coa comunidade universitaria na charla La mentalidad de los campeones, superando lmites, un coloquio organizado pola 鶹 e a Fundacin Mentor, co patrocinio de Artio, e que puido seguirse de xeito presencial no saln de actos da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais ou a través do directo de 鶹TV. “Estou seguro de que se os valores do deporte se trasladasen sociedade, a sociedade sera moito mellor”, recalcou o decano, Jorge Falagn, no seu saúdo de benvida aos deportistas convidados.

Moderados polo triatleta e empresario galego Antn Ruanova, as testemuas destes deportistas xiraron en torno a palabras como esforzo, ilusin, incerteza, xestin do estrés e da adversidade, traballo en equipo… Cada un achegou a súa propia perspectiva, atendendo súa experiencia vital: José Manuel Albentosa, atleta olmpico en Seul 1988 na distancia de 10.000 metros; Agustn Alejos, xogador de baloncesto en cadeira de rodas, medalla de prata nos Xogos Paralmpicos de Ro 2016 e participante tamén nos xogos de Tokio, onde obtivo unha cuarta praza; Caetano Horta, medalla de ouro no Campionato Europeo Xuvenil de Remo de 2020, na proba de dobre scull e participante tamén nos Xogos Olmpicos de Tokio 2020, acadando a sétima posicin na proba de dobre scull lixeiro; Carlos Pérez Rial, Perucho, piragüista, medalla de ouro en K2 500 m nos Xogos Olmpicos de Pekn 2008 e participante tamén nos Xogos Olmpicos de Atenas 2004, as como gaador de oito medallas –catro de ouro- no campionato mundial e sete –dúas de ouro- no campionato de Europa, e Alex Vidal, tetracampen mundial e europeo na especialidade de taekwondo e participante nos Xogos Paraolmpicos de Tokio 2020.

Os seus nomes quedarn para sempre na historia dos mellores deportistas de Espaa, pero para acadar estes éxitos detrs teen horas de adestramento, de renuncias, de esforzos e, en moitas ocasins, tamén de desilusins, tal e como relatou o taekwondista Alex Vidal, que, tras cinco anos loitando polo soo de ir a uns xogos olmpicos, chegou unha lesin que viviu como “a morte dun soo”. Finalmente, “a base de ser moi testn”, si puido ir aos xogos e, anda que os resultados non foron os soados, “o feito de poder estar al deixoume claro que o importante non s é gozar co resultado, senn co que ti puxeches para logralo”. Esa foi unha das primeiras mensaxes que estes deportistas olmpicos deixaron sobre a mesa.

Humildade e traballo como valores fundamentais

A importancia de saber convivir coa incerteza e os valores da humildade e o traballo foron outros dos eixes sobre os que xiraron as intervencins destes deportistas. “A humildade de non crerte mellor do que es, e o traballo para seguir mellorando da a da”, subliou Agustn Alejos, quen recalcou a importancia de “traballar e traballar” para conseguir o obxectivo que cada quen se marque, sexa no que sexa. “Se queres chegar a algún sitio s te queda traballar, traballar e traballar”, recalcou Alejos, quen salientou a importancia do  traballo en equipo, “de rodearte daqueles que ti consideres os mellores”. 

Neses valores da humildade e o traballo tamén fixo fincapé o remeiro Caetano Horta que, con s 18 anos, foi diploma olmpico en Tokio 2020. Coa súa intervencin tocouse tamén o tema da “sorte” ou “o destino”. No seu caso, por idade, non lle houbese tocado ir a Londres pero, ao aprazarse os xogos, tivo a oportunidade de loitar por unha praza e, finalmente, conseguiuno. “Foi unha experiencia incrible”, subliou, pero detrs estn moitas horas de adestramento que tivo que compatibilizar cos estudos de segundo de bacharelato e coa  preparacin das probas de acceso universidade, Abau. “Estaba lonxe da familia, centrado en remar pero, ao tempo, sacando adiante o curso e preocupado pola Abau, ademais de ter pasado tamén o covid”, subliou Horta, ao que engadiu que “coa axuda de moita xente puiden sacar adiante o curso, aprobar a Abau e marchar tranquilo a Xapn”.

A importancia de “pensar alto” 

No deporte como na vida en xeral hai “mis momentos duros que bonitos e de todos se aprende”, recalcou Perucho, quen puxo tamén sobre a mesa a necesidade de que cada persoa se dedique ao que verdadeiramente lle gusta e de ter ilusin para conseguir os obxectivos marcados. “Debemos pensar alto, marcarnos obxectivos importantes e loitar por eles” e, se polo camio o nimo e as forzas decaen, “en vez de virte abaixo, adestrar mis e mis duro”.

Atleta retirado e empresario, o último en intervir foi José Manuel Albentosa,  quen iniciou a súa intervencin cunhas sentidas palabras en recordo do atleta vigués recentemente falecido Alejandro Gmez, con que compartiu moitas experiencias, entre elas os Xogos Olmpicos de Seúl 1988. Falou do olimpismo e da importancia de formarse para “o da despois do deporte profesional”, porque para el, o atleta ten dúas vidas.  “O deporte é algo moi sacrificado que esixe renunciar a moitas cousas, pero que é posible compatibilizar con outras actividades, sobre todo coa formacin”, recalcou Albentosa, que puxo como exemplo ao moderador da mesa, Antn Ruanova.