DUVI

Diario da 鶹

Nunha xuntanza celebrada este mércores

Ana Pontn aborda os retos de futuro do campus de Ourense cos seus responsables académicos

Entre os temas abordados estiveron o financiamento e as necesidades de espazo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Visitas
  • Institucional
DUVI Ourense 10/12/2025

Este mércores o vicerreitor do campus de Ourense, Francisco Javier Rodrguez Rajo, e responsables das diferentes facultades e escolas ourenss mantiveron un encontro con Ana Pontn, portavoz nacional do BNG. Nel abordaron diversos temas referidos situacin actual do campus universitario e aos seus retos de futuro, entre eles o financiamento universitario, as necesidades de novos espazos, o soterramento da avenida Otero Pedrayo e o avance das universidades privadas. Na reunin, tamén participaron por parte do Bloque Nacionalista Galego Lus Seara, portavoz municipal; Xosé Manuel Puga, concelleiro; Noa Presas, deputada pola comarca, e Daniel Castro, responsable parlamentario de Universidade.     

Tras o encontro, Francisco Javier Rodrguez destacou que foi “unha xuntanza moi positiva”, apuntando como nela se abordaron posibles “obras que son transformadoras non s para a cidade senn tamén para o campus”, como o posible soterramento da avenida Otero Pedrayo. O vicerreitor indicou que o encontro permitiu aos centros trasladar ao BNG as súas demandas, entre elas “moitas peticins para mis espazo para o campus”, porque lembrou, “coas novas titulacins que temos estamos moi xustos de espazos e servizos”. Neste senso, dixo que o obxectivo é “intentar que o campus tea os servizos que merece”. Igualmente, salientou que na xuntanza tamén se abordaron “os medos que temos respecto universidade privada”, falando xa non s do campus de Ourense senn da universidade no seu conxunto. 

Pola súa banda, Ana Pontn comentou que o encontrou centrouse en “como impulsar o campus de Ourense e a ensinanza universitaria, que se nos parece estratéxica con carcter xeral parécenos que esa palabra cobra moito mis sentido cando falamos de Ourense”. Para Ourense, indicou, “o campus creo que é un activo desde o punto de vista da dinamizacin econmica, social, cultural e na potencialidade que ten para ser un elemento que axude non s cidade senn a toda esta parte do pas”. Entre os puntos tratados na xuntanza citou o financiamento xa que, dixo, “o primeiro que necesita a universidade pública son mis recursos”. Neste senso Pontn lembrou que “desde o BNG estamos traballando para que ese financiamento sexa maior” e permita que “os chamados campus periféricos tean mis posibilidades de desenvolvemento e polo tanto maior financiamento”. As, indicou que o seu partido propn que o financiamento universitario sexa o 1,5% do PIB, cifra que, dixo, permitira investir 1200 millns nas universidades públicas e “que particularmente creo que dara oportunidades para que este campus poida medrar, tanto no número de titulacins que imparte como en todo o que ten que ver coa investigacin”. 

Outros dos temas abordados, indicou Ana Pontn, foi “como nos preocupa o impacto que est tendo o desenvolvemento dunha universidade privada en Galicia, porque basicamente estamos vendo como se incumpre a lei e vanse duplicando titulacins que xa existen na pública, a pesar de que sabemos que iso en teora estaba prohibido pola lei”, citando como exemplo o caso de Dereito e Enfermara. “Vamos a seguir demandando que se cumpra a lei e non que se lle dean de certa maneira privilexios s universidades privadas”, afirmou. Por último, tamén se tratou o proxecto de soterramento da avenida Otero Pedrayo e a unin das dúas zonas do campus de Ourense, proxecto que, dixo, “desde o BNG queremos impulsar se temos responsabilidades na alcalda no prximo mandato”. Este proxecto, indicou, supora “un cambio substancial no modelo de cidade e nas oportunidades que ten o propio campus”, afirmando que “vamos a apostar porque se leva adiante este soterramento que ten moitas vantaxes, como a conexin do campus coa cidade”.