Nunhas xornadas celebradas este venres no campus
Alumnado de Historia achégase infancia das nenas no mundo antigo
O obxectivo da iniciativa foi visibilizar o papel das mulleres no pasado
Cada ano, a Área de Historia Antiga da 鶹 celebra unhas xornadas que teen como obxectivo visibilizar algún aspecto concreto sobre o papel da muller na historia. Este venres, a Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu unha nova edicin desta iniciativa, que levou por ttulo VII Xornadas olladas Antigüidade. A infancia feminina no mundo antigo. A cita contou con catro conferencias doutros tantos investigadores e investigadoras de diferentes universidades e centros de investigacin estatais sobre as nenas no mundo sumerio, no antigo Exipto, na antiga Roma e en Atenas.
Múltiples visibilizacins
Na apertura da actividade, Julio Prada, decano da Facultade de Historia, salientou que “nun grao xeralista como o noso de Xeografa e Historia, este tipo de xornadas permiten afondar en contidos nos que non hai tempo de entrar na aula”. A iniciativa, detallou, supn unha oportunidade tanto para visibilizar o papel da muller na historia como para dar a coecer o traballo de novas e novos investigadores da 鶹 e doutras institucins académicas convidadas, e nomeadamente da Facultade de Historia ourens.
Pola súa banda, Helena Lpez, en nome da organizacin da actividade, explicou que as Xornadas olladas Antigüidade céntranse cada ano en temas relacionados co xénero e as mulleres, escollendo nesta ocasin como foco de interese a infancia das nenas, un aspecto, apuntou, “moi relevante”. Con esta iniciativa, sinalou, ao mesmo tempo que o alumnado da Facultade de Historia “ve que a historia non a fan s os homes”, dselle visibilidade infancia, “ que normalmente non se lle d tanto espazo” na abordaxe histrica. Ademais, a investigadora da 鶹 puxo de relevo que nestas xornadas a temtica elixida enfcase desde as diferentes culturas do Mediterrneo, pois, indicou, “moitas veces cando se fala de Antigüidade centrmonos moito en Roma e Grecia e aqu tamén intentamos sempre traer xente que investigue sobre prximo oriente e Exipto”.
A programacin arrancou cunha conferencia sobre a infancia feminina no mundo sumerio a cargo de Armando Bramanti (Universidad Complutense de Madrid) e sobre as nenas no antigo Exipto, concretamente no xacemento de Deir el-Medina, a cargo da Iria Souto (鶹, CISPAC e CEPOAT). Completaron a actividade intervencins de Irune Valderrbano (Universidade de Santiago de Compostela) sobre os ritos relixiosos das nenas atenienses e de Borja Méndez (Universidad de Salamanca) sobre espazos, vulnerabilidade e representacins da infancia na antiga Roma. Ao longo das súas intervencins, as e os relatores abordaron en cada etapa as diferentes dinmicas de xénero na infancia en xeral pero principalmente materializadas en diferentes aspectos como o xogo, a casa ou os rituais relixiosos. A xornada rematou cunha mesa de debate.
