DUVI

Diario da 鶹

A metade dos proxectos seleccionados para o apartado Novas Camadas naceron neste centro

O alumnado da Facultade de dzܲԾ, protagonista da seccin de novos talentos do Festival de Cans

As súas obras podern verse o mércores 22

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 16/05/2024

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores mis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa seccin Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de dzܲԾ. As curtas dos estudantes de dzܲԾ Audiovisual Juan Ares, Anxo Gonzlez, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarn ao premio dunha seccin dirixida a cineastas menores de 25 anos. As súas curtas exhibiranse o mércores 22, na segunda xornada dun festival que, na súa XXI edicin, bateu o seu récord histrico de obras inscritas a concurso, coa presentacin de 261 pezas chegadas de oito pases.

Da facultade aos festivais

“Sempre que recoecen o teu traballo senta moi ben e o feito de que un festival do nivel de Cans che seleccione, senta anda mellor”, sinala Miguel Romero, director de Xogo de Nenos. Nacida como un “proxecto persoal” levado a cabo pola produtora que conforman un grupo de estudantes, trtase dunha “curta de suspense, accin e supervivencia”. Como explica, esta é a sexta seleccin para un festival dunha curtametraxe distinguida a finais de 2023 co primeiro premio do III Concurso A Canteira-Augal, dirixido a recoecer os mellores proxectos do alumnado da Facultade de dzܲԾ.

No caso de Tara, que os Rebeca Tella e Daniel F. Filloy crearon como traballo para unha materia, son xa preto dunha decena as seleccins acadadas e que abranguen desde Curtocircuto ou o Curtas Festival do Imaxinario a certames de Portugal, Chile, India e Reino Unido. “Supn unha oportunidade para que a xente poida ver a nosa obra e opinar sobre ela, que é o que nos motiva a crear”, apunta Filloy da seleccin dunha curta que presenta “un distinguido grupo de individuos” que se reúne nun banquete no que “todos ocultan a súa identidade”.

Obras nacidas nas aulas que se estrearn en Cans

Nacida tamén como un traballo académico, Juan Ares estrear en Cans Sainte Agathe, unha curta documental na que acompaa a Agatha, “unha moza de 22 anos con disforia de xénero, no da anterior e posterior a unha operacin de masculinizacin de trax nun hospital público, tras case dous anos de espera”. Como unha “oportunidade enorme” para dar a coecer unha peza na que a protagonista “reflexiona sobre cuestins relativas expresin e identidade de xénero” recibe este alumno a seleccin dun traballo, recoecido previamente nos premios de creacin audiovisual da 鶹.

Xurdida do seu “interese persoal sobre as memorias almacenadas a través da fotografas”, Anxo Gonzlez creou como traballo para unha materia a súa curta .jpeg, que tamén se estrear en Cans. De a que sinale a súa “ilusin” por presentar unha peza que define como “un ensaio audiovisual que busca explorar a presenza das imaxes en formato fsico, en contraposicin inmaterialidade do dixital”.

Titulado en dzܲԾ Audiovisual, Manu Sacoga presentar Ángel de Plstico, curta resultado do seu TFG, titorizado por Diana Ramah. “Considero que esta seleccin é a mis importante que tivera nunca. O Festival de Cans é un escenario moi especial, polo que faime moitsima ilusin”, recoece da escolla dunha curta que suma tamén diferentes seleccins en festivais. Como “unha historia que fala da nostalxia, de como o recordo é unha distorsin da realidade, pero igual de vlida”, presenta este egresado unha peza que reflexiona “sobre o que significa o amor, a amizade e, sobre todo, os recordos”.

Ademais, tamén foi seleccionada para Novas Camadas, por terceiro ano consecutivo, a egresada da Facultade de Belas Artes Candela Conde, desta volta por , resultado da súa participacin no Chanfaina Lab de San Sadurnio.