Desenvolver as súas xuntanzas de xeito virtual, por mor da situacin sanitaria
Alumnado de Belas Artes impulsa un club de lectura
Aberto tanto ao estudantado da facultade como a calquera persoa interesada
“Penso que nestes momentos tan turbulentos e solitarios a lectura sera un bo salvavidas para a xente, non s a nivel cultural, senn tamén para crear comunidade e ampliar crculos sociais entre a xuventude”, salienta a alumna de Belas Artes Aisha Rey, impulsora dun club de lectura, aberto tanto ao alumnado da facultade como a calquera persoa interesada. Xurdido da iniciativa persoal desta estudante e membro da delegacin de alumnado, esta iniciativa súmase aos clubs de escritura, cmic ou baile impulsados nos últimos anos polo alumnado de Belas Artese, por mor da situacin sanitaria, desenvolver as súas xuntanzas de forma virtual, a través da rede social Discord.
“Os obxectivos do club son promover un hbito de lectura, crear comunidade arredor dela e diversificar o tipo de libros que le cada membro”, salienta Rey, que explica que esta iniciativa manter “aberta permanentemente” a súa inscricin, a través do . “Pode apuntarse quen guste, pertenza 鶹 ou non”, engade a impulsora desta iniciativa, que deu o nome de ARClub (Anti Reverte Club), como “unha broma pola satrica reputacin do escritor, pero non como unha crtica” senn porque “pensei que as chamara mis a atencin”, recoece.
Reunins virtuais
Con 12 inscritos e inscritas ata o momento, Rey agarda poder comezar en breve coas reunins este club, que se levarn a cabo a través de Discord, “varias veces ao mes se é posible”. Nestas xuntanzas virtuais, explica, comentarase o captulo ou captulos asignados para a sesin, “respondendo a preguntas abertas que presento e comentando as impresins de cada membro”. Segundo explica a impulsora desta iniciativa, o libro que centrar esa primeira reunin ser escollido polos membros do club a partires dunha serie de opcins propostas por Rey e a partires de a sern eles e elas os que realicen as propostas “e farase unha votacin”.
“Gustarame crear un club que, anda que poida soar demasiado ambicioso, perdure na Facultade de Belas Artes cando eu marche”, recoece Rey, para quen a súa “vivencia persoal nestes últimos meses” levouna a recuperar “a paixn pola lectura, e sentirame profundamente orgullosa de poder ter ese efecto na xente”.
