DUVI

Diario da 鶹

8 mulleres para o 8 M

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Igualdade
  • Cultura
DUVI 08/03/2021

8 mulleres para o 8M é o ttulo dunha proposta impulsada desde a Facultade de Belas Artes con motivo da conmemoracin do Da Internacional da Muller e coa que tratar, segundo explica na súa web, tanto “visibilizar o papel da muller na arte contempornea”, como “pr de manifesto a capacidade de moitas artistas para facer fronte ao pensamento dominante e incidir en cuestins relacionadas co xénero, o social e o poltico, moitas das cales anda non foron totalmente resoltas”. Para iso, peduselle a oito profesoras e profesores que recomendasen unha ou dúas obras dunha artista do seu interese, que, a partires deste luns, irn difundindo cada semana a través da e das redes sociais, inclundo unha breve explicacin e indicando os motivos da escolla realizada por cada docente.

A iniciativa arrincou este luns coa recomendacin de Mar Caldas, que escolleu dúas imaxes de Valie Export (Linz, 1940), “pola súa forza, potencia visual e capacidade para facernos reflexionar sobre as polticas de xénero”. Trtase, por unha banda, de Action pants: Genital Panic (1969), unha “accin realizada nunha sala de cine de Munich, na que a artista recortou a entreperna dos seus vaqueiros e interrompeu a proxeccin do filme camiando polas butacas e amosando ao público os seus xenitais”. Xunto a esta obra, Caldas seleccionou tamén From the Portfolio of Doggedness (1968), na que “a artista pasea polas rúas de Viena levando de paseo cunha correa, como se fose un can, ao seu colaborador Peter Weibel”, imaxe da que Caldas destaca como unha “sinxela estratexia de inversin de roles (feminino e masculino) consigue evidenciar as relacins de dominacin existentes”.