25N
"Sufrn abuso e agresin sexual por parte de meu pai e cando denunciei sentinme tan xulgada que saquei a denuncia. Dicame que se non faca o que el quera e cando el quera ame deixar. Moitas veces volvendo para a casa pola noite fago que falo por teléfono porque teo medo. Chamronme moitas veces feminazi". Co gallo do 25N, Da Internacional para a Eliminacin da Violencia contra as Mulleres, na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense alumnado da Facultade de Educacin e Traballo Social colocou un mural no que se convida comunidade universitaria a rachar o seu silencio e expor violencias vividas e estes son algúns dos moitos testemuos recollidos. Co obxectivo de avanzar cara a igualdade real, a 鶹 volve un 25N mis a reivindicar a erradicacin de todas estas violencias machistas, desde as mis suts s mis graves.
Este 25N, apuntou Yolanda Rodrguez, directora da Unidade de Igualdade da 鶹, “é o momento de reafirmar unha vez mis o compromiso firme que ten a 鶹 coa prevencin e combate de todo tipo de violencias sexuais e de xénero. Isto non é unha reivindicacin puntual, é un traballo do da a da e nesa loita estamos”, pondo o aceno na implicacin tamén do alumnado nesta tarefa. A responsable institucional foi a encargada de abrir a concentracin que tivo lugar no campus de Ourense e na que alumnado da Facultade de Educacin e Traballo Social deu lectura a algúns dos citados testemuos annimos recollidos no mural colaborativo colocado no Edificio de Ferro baixo o ttulo Rompe o silencio!. “Xuntmonos diante deste mural para lembrar, denunciar e reivindicar tantas mulleres que sufriron e sofren violencia polo simple feito de ser mulleres” e para reafirmar “o noso compromiso: romper o silencio, visibilizar as violencias, apoiar s vtimas e seguir loitando por unha igualdade real e efectiva”. O mural, indicaron, continuar recollendo ao longo do curso os testemuos das mulleres que desexen expresarse nel.
O alumnado tamén deu lectura a un manifesto feito por elas e eles. Nel destacaron que “reafirmamos o noso compromiso coa igualdade, coa educacin como ferramenta de cambio e coa loita decidida contra todas as formas de violencia machista. Sabemos que educar é tamén actuar contra a desigualdade e que formar persoas crticas, libres e conscientes é unha das armas mis poderosas para construr unha sociedade mis xusta e igualitaria”. Comprometerse coa igualdade, afirmaron no manifesto, “é moito mis que unha declaracin: é un camio diario, un exercicio de responsabilidade colectiva, é aprender a dicir basta xa con voz firme e corazn aberto, é construr espazos seguros, respectuosos e inclusivos onde todas as mulleres poidan vivir, traballar e soar sen medo”.
Xornadas e exposicins en Ourense
Non foi este o único acto celebrado este martes no campus de Ourense e nos demais campus da 鶹. Na Facultade de Dereito ourens tiveron lugar as Xornadas 25N. Defensa, igualdade e non discriminacin, organizadas polo Instituto de Xustiza e Xénero da 鶹 co apoio das facultades de Dereito e Ciencias Xurdicas e do Traballo e do Colexio da Avogaca de Ourense. A actividade, dirixida pola catedrtica Inés C. Iglesias Canle, arrancou o pasado da 13 e hoxe tivo a súa segunda sesin, desenvolvendo un programa académico dirixido a analizar desde unha perspectiva xurdica os retos actuais na loita contra a violencia de xénero e contando con profesorado especialista das universidades de Vigo, Estremadura e Macerata (Italia). Ademis, a entrada do edificio Xurdico-Empresarial do campus de Ourense acolleu a inauguracin este martes dunha mostra con obra de alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseo Antonio Falde feita co gallo do Da Internacional da Eliminacin da Violencia contra as Mulleres. A exposicin "explora, a través dun único corpo simblico, as múltiples violencias que afectan s mulleres: estruturais, psicolxicas, sexuais e obstetricias" sendo "un relato visual que busca visibilizar, denunciar e defender a resistencia de todos os corpos disidentes". A iniciativa conta co apoio de, ademais da 鶹, do Concello de Ourense.
Por último, as facultades de Dereito e de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense celebrarn esta tarde unha conversa aberta para reflexionar sobre o papel das institucins e da sociedade na loita contra a violencia de xénero. Intervirn Yolanda Rodrguez, directora da Unidade de Igualdade da 鶹, que falar sobre polticas e estratexias da institucin académica para a igualdade real; Carlos Vzquez, xefe do Grupo de Unidade de Atencin Familia e Muller, que intervir sobre proteccin, acompaamento e prevencin na intervencin policial en casos de violencia de xénero; e Julin Pardinas, xefe da Unidade de Violencia contra as Mulleres de Ourense.
Os libros centran os actos conmemorativos no campus de Pontevedra
Cando a choiva xa non molla, un libro de poemas haiku do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Andrés Cernadas foi nesta ocasin o eixe central do acto co que Facultade de Direccin e Xestin Pública se sumaba conmemoracin deste 25N. Dirixido, como salientou a profesora Ánxela Fernndez a “reivindicar unha sociedade libre de violencia machista”, este acto abriuse cunha breve presentacin dun poemario “contra a violencia de xénero”, para o que Cernadas contou coa colaboracin desta docente. Trtase, explicou, dun libro, con catro partes, que abrangue en primeiro termo un grupo de haikus “de denuncia social”, para logo presentar unha serie de poemas centrados “no maltrato fsico e psicolxico”, mentres que a terceira parte pon o foco no “apoderamento da muller” e a última, “seguindo con esta temtica, pretende ser un pouco mis poética”. Tras esta presentacin, o acto completouse co recitado dalgúns destes poemas por parte do alumnado do Grao en Direccin e Xestin Pública.
A Facultade de dzܲԾ, por outra banda, sumouse reivindicacin do 25N cun acto dirixido a pr en valor a inclusin da perspectiva de xénero na docencia e na investigacin, que tia tamén nun libro ou seu eixe central. Tratbase de As fotos de Lola, un volume que reúne unha escolma das fotografas realizadas ao longo da súa vida por Lola Veleiro, realizado pola súa parella, o escritor Miguel Anxo Fernndez, profesor deste centro ata a súa xubilacin, co asesoramento de Xosé Enrique Acua. Coordinado pola profesora Anna Amors, o acto abordou desde diferentes perspectivas as imaxes desta “muller con cmara”, como a recordaba Fernndez, quen lembrou tamén “a sensibilidade" de Veleiro “coa igualdade de xénero”. De afondar nas 126 imaxes reunidas neste libro encargronse tanto o propio Fernndez, quen conectou as súas fotografas coa historia do cine, a estudante de dzܲԾ Audiovisual Cristina Martnez e o fotgrafo e profesor da facultade Jorge Lens. A apertura deste acto contou coa intervencin da decana, Emma Torres, quen lembrou que “o punto de partida” para erradicar a violencia machista é acadar “unha sociedade igualitaria”, o que fai necesario “apoderar as mulleres”, o que levouna a resaltar o positivo de centrar este acto nunha muller “que entenda isto perfectamente”. Torres participar as mesmo na tarde deste martes na presentacin no Concello de Sanxenxo dunha das campaas do 25N realizadas polo alumnado do Mster en Direccin de Arte en Publicidade, no marco dun proxecto de aprendizaze-servizo realizado coa Subdelegacin do Goberno en Pontevedra.
Coloquios e proxeccins en Vigo
No campus de Vigo, a Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo celebra esta data cun ciclo no que se inclúe un encontro literario, proxeccins e coloquios. As actividades arrancaron onte luns cun encontro literario coa xornalista e escritora Carmen V. Valia, doutora en Historia contempornea especialista en estudos de xénero e autora do libro As tolas que non o eran onde se achega a historia das internas no hospital psiquitrico de Conxo entre 1885 e 1936, mulleres que foron privadas de liberdade por cuestins que distaban moito de ser enfermidades mentais, mulleres que avergoaban s súas familias por sarse do socialmente establecido para a época.
O ciclo continuar esta tarde coa proxeccin das curtametraxes El jefe (2019) e A entrevista (2022), da produtora independente galega Kraken Media e posterior coloquio con Alba Gallego, impulsora deste proxecto xunto con Adrin Castieiras e Hugo Tato.
As actividades continuarn ma mércores, neste caso na Facultade de Filoloxa e Traducin, da man do sindicato estudantil Fervenza co faladoiro/recital A invisibilidade das mulleres na cultura, impartido pola ex-alumna e escritora emerxente Branca Trigo. Ser na aula A6 s 11.00 horas.
Apelando responsabilidade colectiva
Ademais deste amplo abano de actividades que arrancaron co acto institucional celebrado o pasado da 17 no campus de Ourense e que culminaron este martes coas citadas accins, a 鶹 volve a facer público o seu manifesto institucional co gallo deste 25N. Nel arrncase sinalando que “no espazo universitario, a igualdade de xénero é moito mis ca unha meta institucional: é unha responsabilidade colectiva que nos implica a todas as persoas que formamos parte da 鶹”. O tratamento das violencias sexuais, especialmente o acoso sexual, sinlase, “debe tratarse apostando por unha mirada aberta, crtica e transformadora, baseada na formacin rigorosa, o respecto, a ética do coidado e a convivencia”. No texto lémbrase que os datos das universidades europeas e das espaolas amosan que anda que existen protocolos de prevencin, procedementos de denuncia e medidas de acompaamento, moitas situacins de violencia sexual non chegan a formalizarse por medo, desconfianza ou falta de recursos. Porén, sinlase no manifesto, “é fundamental que, ademais de garantir vas seguras para denunciar, a universidade promova campaas de formacin, sensibilizacin e participacin activa, involucrando a toda a comunidade universitaria na creacin dun ambiente respectuoso, equitativo e libre de violencia”.
O manifesto da 鶹 apunta que “como comunidade universitaria, comprometémonos a problematizar e a diversificar miradas, a promover a igualdade e a participacin, e a traballar por unha universidade libre de violencias sexuais tanto no contexto fra de lia coma no dixital, onde se faga responsable a quen ten condutas que ameazan a dignidade, a liberdade e o benestar de todas as persoas. A transformacin colectiva é posible e necesaria para que a universidade sexa un espazo real de respecto, liberdade e igualdade”. Ademais deste pronunciamento propio, a 鶹 súmase tamén ao manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Espaolas para a Excelencia Universitaria.
